O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 16, 2010

DA OBRA MESTRA DO SPAGHETTI WESTERN-BILLARDEIRO DE LORES Ó GRAN ABERTO IRMANDINHO EN MOECHE!!


Como un pode reinsertarse na vida civil sen consecuencias trumáticas e non comezar a xostregazos cos veciños ou compañeiros de traballo despois de tanta intensidade, dificil se botas por exemplo un visión polo estado de exitación perpétua no que se topa o TELE-VARAL , extremecedoras fouciñadas audivisuais sobre a final do Aberto Zouqueio de Compostela e o posterior e aterrador afrecemento do vencedor Xose Rodiño da Zoca a non sabemos que apóstolo ou deus, e por se non fora pouco os estalos zoqueiros chegan as fouciñas sobre a enganchada no Aberto de Lores inaugurando en TELE-VARAL o cadencioso e extremecedor xeito de narrar dos mestres coma Sergio Leone , atención porque Xosé Rodiño e José Luis convertense nita xa referencial fita do spaghetti western billardeiro en Lee Van Cleef e Clint Estwood a punto de liarse a tiros no cemiterio de espantos de Lores.....Aplaudide oh!!

*E atención xa anuciamos que iste sábado non haberá tregua e dende a emerxente Conferencia bezouqyeura xa anuncian dobles sesión continua e simultanea polo que xa se fai unha chamado ós comandos itinerantes da LNB espallados polo país, en Lavandeira realizarase o Aberto da Billa Solidaria e en Moeche a LNB será coma sempre foi Irmandiña no 1º Aberto Irmandinho no día da gran festa da toma do Catelo, ponte en contacto xa con nós para organizar o gran exercito Irmandiño-Billardeiro que o sábado tomará o castelo e Moeche e a vila enteira>> ovaral@hotmail.com

Venres , Conferencia bezouqueira express>> Polo que respecta ao Aberto de Fene foi alta a expectación e participación: 60 palanadores/as que sobordaron todas as previsións e un público entregado e animado co bo deporte. A gañadora absoluta foi Ana, de Cabanas, e logo en nenos gañou David de Mugardos. Así, de finalistas quedaron Miro, de Cabanas, Xosé Antonio e Víctor de Fene.

Fouciños o Sábado: fartos de pisar os mesmos campos cos repugantes pisan e fartos de xantar os mesmos pratos ca os mercenarios comen a LNB iste pasado sábado na segunda edición do Fouciño de Ouro do Pino deu un novo paso ó fronte e coma actividade paralela á malla elexiu supercidie de palla sobre a que ningún tenista nen futbolista pisará na puta vida nen en soños. Espectacular fontada de carne de potro foi coa que o xefe do restaurante O Cruceiro nos deu a benvida no gran xantar de irmandade parta no serán coucear e relinchar coma garañón salvaxes na busqueda dun fouciño que puxera paz nos nosos corpos sen ferradura posíbel. Atención ó crónico do web ofical da Conf. Central no que poideredes ver a Basilio bañado en Ouro envabezando a restra de Trouleiros rebozados en prata e bronce. Mais temos que facer especial mención ó poderoso condimento emocional que o Fouciño leva consigo e ás magníficas xestións que durante o xantar e no terceiro tempo se fixeron para un futuro armar unha serie de Abertos con olor a queixo e a kaldo que meten medo....adiante bonaperte cos paláns, fouciños e martelos!!

Domingo sanguento de Lores: atención porque os irmáns da Taberna da Cancela xa están sobre a pista e como sabedes donde Abel e a súa tropa poñen o ollo.... poñen a bala e a billarda. O Domingo botaba a andar ise tan desexado entremado que escorrega no Salnés e nas Rías Baixas, Lores foi a primeira parada pero atención porque a lume se espalla de xeito imparábel , atenció Simes domingo 22... Xosé Rodiño coa zoca do Aberto da Patria á parato>>
Como aperitivo do gran aberto de Simes en Meaño do Domingo día 22 celebrouse en lores o primeiro aberto de billarda. Cunha participacion amplia de palaneadores locais e estrelas da lnb comezou o aberto con temperaturas de 30 graos a sombra, cousa que non amedrentou a ningun dos participantes.As semifinais xogáronas por unha banda Xosé luis e Iván na outra Xosé Rodiño e Santi, e pasarian a final Xose Luis e Xosé Rodiño (as X poderosas da LNB).Na final Xosé Luis arrasou a Xosé Rodiño que parece ser que afectoulle os cambios de superficie (como a Nadal) dende a terra de Belvis, a herba de Moraña pasando pola palla do pino e finalmente o cemento de Lores. Estamos a ver crecer un Gran Slam billardeiro que está na procura dun Federer que poida conseguir gañar en todalas superficies do Universo Nacional da billarda. Non vos olvidedes que este Domingo o "Open" Simes en Meaño poderá concentrar o "Top Ten" da billarda Nacional, esto servirá de tampolín para facelo asalto a Portonovo cun Aberto que está en proxecto.

Pd- E como sabemos da vosa inquedanza pola saude e vitalide do Che Guevara Galaico , ahí vaia a ultima e incerta hora que o irmán de Xan Rodiño nos transmite sobre o seu estado físico e mental no medio da selva Boliviana xunto coa tribo Aymara>> O Aymara ainda non dou sinais, me temo que os Aymara puxérono a traballar plantando leituga polo día e el comea de noite e non da feito.

2 Comments:

  • At 3:41 PM, Anonymous O Pinto. said…

    Podemos falar enton dun secuestro político?

    Que chamen a Moratinos inmediatamente, ou mellor a nosa ministra de asuntos exteriores, Ana Kiro.


    Por un xan rodiño ceive e vexeta.

     
  • At 12:23 AM, Anonymous Anônimo said…

    Desde a Cordillera Andina, quero tranquilizar a toda a LNB. Xa se celebrou o primeiro aberto transoceánico. Ademais, hai documentos gráficos de tan excepcional evento, por suposto o ganador foi un galego.
    Polo demais, a vida detras destes impoñentes nevados ten algo de resistencia guerrilleira e moito de subsistencia. A báscula marca o límite dos 50 kilos cada vez máis preto.
    Saúdos.

     

Postar um comentário

<< Home