O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 30, 2010

APRETADE AS CINCHAS PORQUE ARRINCA A EXPLOSIVA SUPERLIGA DE BILLARDA 2010-11!!


Fartos das falacias deportivo-capitalistas dos equipos de futbol que antes de comezar as competicións regulares realizan xiras asiáticas e americanas para facer caixa exprimindo ós imbéciles e escuros mentras que na LNB na vez de facer caixa , as equipas na pretempada gastan o pouco que teñen nos petos compartindo e desfrutando da festa perpétua que subxáce dun pais en loita continua contra si mesmo, e algo así lles pasou a un comando anónimo da Conf. Sur que ultimaron a súa preparación cara ó gran estreo iste sábado en Salvaterra cun explosivo clinic na festa da História de Ribadavia , cando coa emoción as verbas se entrecortan toman o poder as espectaculares imaxes da intervención que a palanadora e artista do Sur Leti realizou no local do Faisca de Vigo . Que hai centos de peticións para camisolas , sudadeiras... certo e que Leti pode e debe ser nomeada diseñadora oficial do merchandising oficial da LNB pois tamén!! .


Atención pois , arrinca a competición na LNB co Aberto do festival da poesía en Salvaterra , será pois a poderosa Conf. Sur quen rache o xeo na máis delirante e esixente Superliga da LNB xamais desputada , simultaneamente iste mesmo sábado na Conf. Centro se realizará unha quedada para planificar calendario , estratéxias e inscripción de equipos no bar Puente, na Rocha en Santiago de Compostela un día antes que na Conf. mater do Norleste o domingo se celebre o xantar de irmandade do xabarín en Ribadeo previo ó desafío no serán dos Billardeiros e Os Outros contra o Resto do Mundo ó que tod@s estades convidados. Ademáis nas terras do Eume se traballa na posivilidade dun Aberto para ista find que sirva de catarse absoluta para oficializar con equipas e un calendario a nova Conferencia Bezouqueira. A todo isto sabemos que o gran Xan Rodiño istes días chega do seu periplo pola selva do desexo Boliviana e ademáis de ofrecernos un adianto en exclusiva mundial do seu libro "O diario de Xan Rodiño en Bolivia" poranos ó corrente da que de seguro será unha das mais potentes conferencias da LNB , a Conf. USC con estrelas confirmadas coma Jose Luis o palandor nómade de Portonovo ou Davide Fontán o bi-internacional da NorOeste coa Auténtica e coa selección nacional galega de rugby. Unha Conferencia a NorOeste que se prepara tamén cara ó arrinque da competición cos ollos postos ademáis no esceario da sala Star de Carral xa que os palanadores dos Xarutos e militantes do grupo de pandereteiros MAGHUA están clasificados para a finalísima a tres do concurso de canción galaica QUEROSTAR que coma aquel mítico disco de Albert Pla , No solo de rumba vive el hombre, tampouco só de billarda vive o palanador e a palanadora polo que todos apoiando a Maghua porque o trinfo deles será o triunfo sonoro e sonado de toda a LNB que quenta motores para o seu depegue sideral....apretade as cinchas que arrincamos!!