O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 25, 2017

MANU POZO , O GRAN PALANADOR CORDOVÉS DOS BILLARDEIROS MUSICIAS CRUZA A PONTE DOS SANTOS CO PITU CALEYA_2017!!



















O barruzo da sidra golpexando no fino vaso e bañando os nosos corpos e paláns , marca inexosarablemente o pistoletazo de saida na marxe cantábrica da brutal e impredecíbel xeira de abertos diste verán 2017.




















Cheiro a sidra e a pitu caleya unha vez incendiaron as festas de Piarnu no concello asturiano de Castrillón que unha vez , e xa van 10 con ista , acolleu o mítico torneo de Liriu do Pitu Caleya.



















E coma un raposo famento asexando no galiñeiro , Manu Pozo , o gran palanador cordovés dos Billardeiros Musicais dende o primeiro intre botoulle o ollo ó espectacular exemplar de Pitu Caleya situado coma sempre a pé de pista , un sentimento de supervivencia e persecucion salvaxe que transladou ó terreo de xogo en cadanseu golpexo na procura do tan desexado Castru.



















Un castru e un Pitu Caleya que unha vez máis tivo ó Comandante do Liru Hevia coma coordiandor e organizador diste prestixoso evento referencia bsoluta para o deporte do Liriu en Asturies.
















E mentras na beira cantábrica se combatía a canícula a base de fresca e cantarina sidra , na beira atlántica o viño e as sardiñas eran os acompañantes perfectos para cada varado en Poio no primeiro Aberto de billarda de San Xoán coordiando polos refenciais Armadiña Billarda



















Estoupaban os foguetes no ceo de Piarnu e os xeos nos primeiros vasos do vermu para celebrar e anunciar ó mundo a Manu Pozo coma gran e merecedor campión do Pitu Caleya-2017....Pitu e Hevia Sempre , Adiante  Liriu Asturies!!

sábado, junho 17, 2017

O ANHO MOURO EN BARREIROS, RAIO DE SOL EN LAXE E CACHIÇA NO FUSCALHO DA GUARDA





















Todo listo e disposto nos diferentes frontes LNB para que ista find. ceives de novo a ovella ou carneiro  mouro que levas dentro .




















A Conferencia Mae como xa é norma pon a guinda á tempada regular coa desputa do Anho Mouro , o explosivo torneo por equipas presidido por un espectacuelar exemplar de ovella autócotona galega , desputaras iste domingo no campo das valgas de San Miguel de Reinante con sesion matutina , xantar de irmandade no Restaurante " El ultimo Cuple " e posterior desenlace ....poderán os Billardeiros Musicais continuar mantando a súa hexenonís niste histórico torneo esquilando ós esforzos dos seus contrincantes? a resposta iste domingo apartires das 11:30 h...


















E iste mesmo domingo os cativistas da Conf. NorOeste retornarán ó mítico Raio de Sol de Laxe para vitaminizar e mineraliizar o seu brutal proxecto billardeiro a base de vermuth , churrasco , pelos no peito e incendiario e emerxente rock galego....


E xa van 2 aniños !! e pra celebralo temos preparada unha festa que vai durar todo o día!!

Comenzaremos a 1 do mediodía con unha sesión vermuth folk, amenizada polos fenómenos de Antoxo Duns Poucos, grandes dentro da música tradicional galega, farannos disfrutar do seu bo facer.

Dende antes da sesión vermuth daremos churrasco gratis con cada consumición a todo aquél que o queira, ata a noite, haberá churrasco a fartar!! 

As 5 da tarde disputaráse o 3º Aberto de Billarda, quen queira participar podese apuntar no mesmo bar, por aquí ou vía whatsapp. Os gañadores levarán un orixinal trofeo.

E as 22:30 da noitiña, un acontecemento importante!!! Concerto presentación da banda de Rock en Galego NAYA!!!! presentación en exclusiva pra todos os que queirades vir!! Entrada de balde.

A banda está formada por:

Javi Naya: pai do proxecto,Guitarra,tocou na Orquesta Jazz do conservatorio, formou parte de grupos como Luar na Lubre, Bush Doctors, Madialeva, e actualmente forma parte de La Banda de los Denunciados.

Maite Lois: a voz, colaborou con múltiples músicos e formou parte de Madialeva, actualmente fai coros en La banda del Camión e pon a parte vocal en La Banda de los Denunciados.

Enrique Mirás:ó baixo, músico multidisciplinar , toca todo o que se poña por diante, e tocao ben, dando mostra diso en Madialeva, e en Aldraxe.

Jacobo Torres: a batería, tocou con bandas míticas da cidade da Coruña, Enkord, Bulldozers, Jacobo Paz & dos mundos, e actualmente maltrata os parches en La Banda de los Denunciados.

O dito,non vos perdades o estreno de esta gran formación!!!

E DURANTE TODO O DÍA (ATA AGOTAR EXISTENCIAS) CAÑAS A 1€ !!!!!!






















E o sábado a activade bilhardeira retorna ó universo da mítica Conferencia Sur , un lume que nunca puido ser desarticulado e que ista find. prenderá de novo con toda a forza no Aberto de Cachiça do C.S Fuscalho da Guarda no marco das activades de celebracion do seu V aniversario...Chupi Sempre , avante Conf. Sur!!  

Cachiça! Billarda, pincha, pateiro ou estornela! 
No Sur! Dende a atalaia da Guarda, ao amparo do C.S.Fuscalho. Porqué non vale parar.
Achegate e participa!

sábado, junho 03, 2017

XOTRAMU - MUIMENTA .....FILLOAS, BILLARDA E OZOCOgz!!

























Por fin os irmáns de OZOCOgz abrazan a revolucion LNB e fano no contexto brutal do encontro Xotramu de Muimenta que convirte iste sábado 3 de xuño a vila chairega  na gran capita muldial dos xogos e deportes tradiconais


















Coma en anteriores ocasións despois do xantar a iso das 15.30 h. desputarase o xa mítico Aberto da Filloa que escorrenta as grandes tensions vividas pola serpe multicor da LNB no final de infarto dunha tempada regular que desenvocou co retorno da Coroza, da man de Markitos,  ás terras da Conferenia Mae. Filloas , xarutos e botellíns sen vaso en Muimenta iste sábado para un aberto que abre a veda para os excitantes e sempre explosivos Abertos de Verán...prepara a túa larada-billardeira porque chega o Anho Mouro!!