O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 29, 2008

ESPECTACULAR VIDEO-ESTALO DO I XERRO DO SALNÉS, XÚNGUETE ÁS IMAXES!!

A Meaño chegou xente estrana
Sen mala intención senón para xogar á billarda
Primeiro leváronnos ós furanchos e ós travantes
Para probar o viño de barrantes...

E o que non tiña bon fuciño
Déronlle a probar o viño albariño.

Fomos ó bar de Xil
Para probar o viño e as tapas adobadas con pirixil

Despois do bar fomos ó restaurante
Encher o bandullo...
A ver quén lle dá agora ó carabullo.

Espectacular a salvaxe introducción poética do gran Juan Pico para iste histórico video-estalo da I edición do Xerro do Salnés: Chupi polo sur e Suso polo norte quentan motores antes de comezar a guerra , espasmos na pista de baile das Angustias coa top model en Katiuska rachando os altavoces . Explosiva producción conxunta dos equipos de TELE-VARAL do Norte para cubir a ledicia inmensa dos grandes camións do Sur. Noraboa a toda a tribu!!

segunda-feira, abril 28, 2008

O SUR DOBREGA Ó NORTE POR 2 SETOS A 1 NA DESPUTA DO XERRO DO SALNÉS!!


Xil voltou a vibrar coa chegada da impresionate serpe multicor da LNB , invasión absoluta da máis brava parroquia do concello de Meaño pola tribu billadeira que agardaba con emoción contida a súa chegada á zona cero coa A Taberna da Cancela era o lugar pactado para gardar armas antes da batalla polo tan desexado Xerro.


E o primeiro palanador en chegar ás trincheira foi o gladiador das terras de Rio , un extraordinario guerrilleiro do palán que oficou de anfitrión xunto con Abel e Paula que agardaban dende priemria hora da mañá a chegada da Guaga do Norte que devido ás obras na vía rápida Luis , o aborixe do volante da Guagua , desorinatado polos reflexos das placas solares postas nun dos prados da entrada do concello o polo barullo dos músicos do festival de bandas que iste mesmo domingo se celebraba no centro da Vila fixo que a guagua como posuida polo demo se puxera a xirar coma louca nunha das rotondas donde alviscou a Moisés, un dos coordinadores da tribu do sur igualmente invadido pola incertidume dos camiños, agardaba pegado ó volante que o ceo enviara unha sinal.



E isa sinal chegou unha furgoneta branca con Paula e Abel como salvadores para guiar por fin á expedición á luz das velas da Capela das Angustias e ó reflexo dos vasos de viño da barra da taberna da Cancela. Todo estaba listo, Xil acollía a histórica primeira asemblea nacional de palanadores e palanadoras representantes das tres conferencias , in fito histórico nun extraordinario labirinto de ideas cos beizos tinguidos pola maxia dun inesquecíbel tour furancheiro.

A guaga carrexou a toda a tribu cara o Noso Bar, no restaurante de xesteira acolleu máis ca un xantar unha enorme festa que xa predecía tormenta billardeira na Pista das Angustias. As 5 da tarde comezada a enganchada, Norte-Sur por fin fronte a fronte, favoritos? Deseguida se diluíu isa tenue raia , a sur ía xogar as súas bazas cunha motivación brutal e un perfecto coñecemente táctico , paralizou ó Combinado Norte que semellaba enferruxado polo churume de uva e vía como nun dos grupos non era capaz de atallar a furia da Conferencia Sur animada polo público e pola extraordiandia actuación dos palanadores locais capitaneados por Camiña e Lino de Cobas . 1 a 1 rematou o combate polo que se tiña que xogar o tan emido Seto da Morte.




E ahí foi donde saíu de novo a furia de Xosé Miguel , o gladiador de Río desafiando as amiazas dos seus compañeiros da Treu por xogar no hemisferio sur e o gran Chupi , finalista do Aberto de Mos que deu o título final á súa conferencia nunha carreira na que o catenaccio billaderio imposto pola palanador Italo-Galego DelFranco non puido frear o impulso dunha conferencia Sur que dobregou ó norte no seu primeiro cara a cara da historia .


Historica victoria do sur por 2 setos a 1 ó norte invicto no xplosivo xerro do salnés desputado en xil! disparaba a metralleta sms do VARALMORSE dende a pista das Angustias , queda pois o Xerro do Salnés en terras do Sur e quen o queira ver pode achegarse á Taberna da Cancela de Xil donde vai morar un ano ate que que as tribus dun e outro hemisferio volten a pintar as caras con pinturas de guerra. Atención ós video-estalos de TELE-VARAL , ó análise nos webs oficiais de cada conferencia e para voltar a emocionarse hai que botar un ollo ás galerías abertas coas olladas dos mouchos do norte e do sur. Noraboa ós campións da Conferencia Sur , a toda a gran familia da Taberna da Cancela da que a LNB xa se considera parte e a todos os participantes niste Xerro que co seu apoio fan posíbel a expansión dun andazo para o que non hai aínda receita posíbel!!

sexta-feira, abril 25, 2008

VESTIDOS DE LOITA E FOLLA DE RUTA PARA A LOITA POLO XERRO DO SALNÉS!!



E coa quentura e intimidación escénica dos dous polos asimilando danzas e cánticos para a liota nas Angustias, aprensentamos as camisolas oficias diste choque Norte -Sur no que só un bar de Copas coma o Txamak0 de Ribadeo podería ser xunto coa Taberna da Cancela de Xil os que faigan de abrebadeiro para a sedenta tribu billardeira. Cos camaradas de UNHA GRANDE E CHEA apoiando e coa ferreñas de MALMEQUER atroanado , todo listo para que a revolución billadeira sexa inmune ós pastores electricos. ADIANTE CO XERRO DO SALNÉS!!

Domingo 27 FOLLA DE RUTA:

8:30 H. : SAÍDA DA GUAGUA DA ESTACIÓN DE RIBADEO RUMBO A XIL

RECOLLIDAS HABITUAIS E CON POSIBILIDADE DE REALIZAR PARADA EN COMPOSTELA .

12 H: CHEGADA DA GUAGUA DO NORTE A XIL E ENCONTRO NA TABERNA DA CANCELA COS PALANADORES E PALANADORAS DO SUR

12:15 H: PERCORRIDO GUIADO POLOS FURANCHOS

14:30 H: XANTAR DE IRMANDADE NO RESTURANTE O NOSO BAR DE XESTEIRA ( CAMBADOS)

16 H: INCIO NA PISTA DAS ANGUSTIAS DE XIL DO PARTIDO : CONFERENCIA SUR VS COMBINADO NORTE.

18 H. CONCURSO ABERTO DE VARADOS : XAMÓN DA LNB

19 H: parte de guerra dende a pista das Angustias no VARALMORSE

quinta-feira, abril 24, 2008

A COPA SALNÉS : O CEGADOR BRILO DUNHA ESPECTACULAR OBRA DE ARTE!!


Nen a Copa de Europa nen a ensaladeira de Wimblendon se poden comparar ó espectacular e cegador brilo que desprende ista obra de arte construida no Sur polos grandes artesáns da LNB, dirixidos polo poderoso mestre Rubén Otero . A Copa Salnés agarda xa a que os equipos do Norte e do Sur invadan a pista de Xil para tentar levala a un dos hemisferios en loita, e mentras a gran tribu do Sur entoa o you'll never walk alone para amedentrar ó tenso Norte que agarda coma un gato raxado entre os ramallos a que den as 16 h do domingo para avalanzarse sobre a súa presa na pista da capela da Angustias, o viño dos furanchos ferve nos barricos desexando saber que beizos bicarán a copa e beberán o seu líquido. Insistimos.....máis angustiosa espera , imposíbel!!

quarta-feira, abril 23, 2008

ANGUSTIOSA ESPERA ....PARA INVADIR A PISTA DAS ANGUSTIAS!!

XIL , MEAÑO E O SALNÉS ENTEIRO PLAGADO DE CARTACES XA DA I COPA SALNÉS QUE MOI PRONTO PODEREDES VER E ULIR AÍNDA QUE SÓ UNHA DAS EQUIPAS VAI SER QUEN DE TOCAR DESPOIS DE DESPUTAR O PARTIDO ENTRE OS DOUS HEMISFERIOS GALEGOS NA PISTA DA CAPELA DAS ANGUSTIAS.


ABEL , O REPONSÁBEL DA TABERNA DA CANCELA DE XIL QUE ORGANIZA XUNTO COA LNB ISTE HISTÓRICO ENFRONTAMENTO XA TEN A UN EXERCITO DE PALANDORES E PALANADORAS RECLUTADOS PARA QUE , BAIXO A BATUTA DOS CAPITÁNS ALFREDO E O LOIRO CAMIÑA , SUMARSE ÁS GRANDES ESTRELAS DA CONFERENCIA SUR ENCABEZADAS POLOS FINALISTAS DO ABERTO DE MOS JOSUÉ E CHUPI , QUE XUNTO CON XOSÉ MIGUEL, O GLADIADOR OURENSÁN DAS TERRAS DE SAN XOAN DE RÍO TENTARÁN DESAFIAR O TEMIDO PODER DO HEMISFERIO NORTE.
ISTE DOMINGO A PARTIRES DAS 16:00 H . NA PISTA DAS ANGUSTIAS DE XIL..... VAISE PRODUCIR A MAIOR CONCENTRACIÓN DE ESTRELAS E TODAS ELAS MÁIS O PÚBLICO ASISTENTE PODERÁ COMPETIR POLO XAMÓN DA LNB NUN EXPLOSIVO CONCURSO ABERTO DE VARADOS QUE PORÁ O PUNTO FINAL A ISTA AGARDADÍSISMA I EDICIÓN DA COPA SALNÉS. ANGUSTIOSA ESPERA!!

terça-feira, abril 22, 2008

COMEZA A CONTA A TRÁS PARA A I EDICIÓN DA COPA SALNÉS!!

DENDE A LNB PEDIMOS A TODOS OS PALANADORES E PALANADORAS DA GALIZA QUE VAIAN ASISTIR A ISTE EXPLOSIVA I COPA SALNÉS QUE CONFIRMEN ÓS COORDINADORES DE CONFERENCIA A SÚA ASISTENCIA Ó XANTAR QUE VAI TER LUGAR NO RESTAURANTE O NOSO BAR EN XESTEIRA ( CAMBADOS) MOI PRETO DA PISTA DAS ANGUSTIAS (XIL) DONDE A PARTIRES DAS 16:00 SE VAI PRODUCIR O TAN AGARDADO CHOQUE ENTRE OS DOUS EMISFERIOS :

CONFERENCIA SUR Vs COMBINADO NORTE.

E PARA QUENTAR MOTORES NA CONFERENCIA NORLESTE , HOXE MARTES APARTIRES DAS 19:30 NO PAVILLÓN DE SAN MIGUEL DE REINANTE , ADESTRAMENTO OFICIAL PARA PREPARAR O CHOQUE CONTRA A CONFERENCIA SUR QUE SERÁ GRAVADO POLAS CÁMARAS DE LOCALIA TELE-LUGO.

segunda-feira, abril 21, 2008

DA LEDOIRA CAPITAL BILLAREIRA ....Á I COPA SALNÉS!!

Os chuzos de punta bautizaron á tribu billardeira do NorOeste na súa primeira experiencia nómade, Ledoira parroquia do condello de Frades acolleu mollada e disposta a feixarse fecundar pola serpe multicor que xa prepara o seu próximo destino para o derradeiro asalto regular da conferencia en terras tamén fóra da Zapateira. E depois da guerra parada no Bar da veciña Gafoi para disparar a metralla sms ó VARALMORSE Espectacular xornada nomada q deixa as 3 franqicias mais potents nun puño d 4 puntos ants da derradeira xornada. Atreu resultado spctacular e bnvida a fndpaus. Moi atentos ó seu web oficial por que as táboas botan lume cara á última xornada, Xarutos 104 puntos, electrónicos 102 e filloas de sangue 100 puntos, cal será o que se enfronte ós todo poderosos BILLARDIEROS MUSICAIS na alameda compostelá? . Pero o serpe multicor non ten descanso polo que se prepara xa o espectacular continxente billardeiro para iste domingo seguindo o rastro de Tom o domigo 27 desputar a I COPA SALNÉS que enfrontará por primeira vez na historia ó norte e sur billardeiro na mítica pista das Angustias de Xil no Concello de Meaño . Os nativos de Xil xa poden ir collendo forzas na TABERNA DA CANCELA , organizadora xunto coa LNB diste gran vento deportivo que vai rachar moldes e barricas . Preparade os paus e mochilas!!

quinta-feira, abril 17, 2008

A CONF. NOROESTE FAISE NÓMADA...E ISTE DOMINGO ACAMPA EN LEDOIRA!!



A TRIBU INDOMÁBEL DO NOROESTE FAISE NÓMADA E ABANDOA MOMENTANEAMENTE O TEITO DA ZAPATIERA PARA INVADIR A PISTA Ó AR ABERTO DA PARROQUIA DE LEDOIRA, CONCELLO DE FRADES. GUIADOS POLOS TUAREGS XARUTOS LEDOIRA MARCARÁ UN FITO HISTÓRICO XA QUE ADEMÁIS DÓ NOMADISMO VAI MARCAR A UNIÓN Á TRIBU DUNHA NOVA EQUIPA DA VECIÑA CERCERDA.

E COMO A VIAXE Á LONGA A LNB XA CARGOU OS CAMELOS DE SPRAIS PARA TOMANDO O EXEMPLO DO REFERENCIAL WEB SINALIZA CORREXIR A GRAFÍA QUE SE ATOPE NOS INDICADORES QUE CONDUCEN Á TERRA FERTEL DE LEDOIRA>>> San Mariño de Ledoira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Frades. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 178 habitantes (91 mulleres e 87 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 172 habitantes.

A CITA , ISTE DOMINGO 20 A PARTIRES DAS 16:30 H. NA PISTA DE LEDOIRA ....E SE O TEU GPS NON O ATOPA, PREGUNTA NOS CAMIÑOS!!

E O DOMINGO A PARTIRES DAS 20:30 NO VARALMORSE DISPAROS SMS EN TEMPO REAL DENDE A PISTA DE LEDOIRA.

quarta-feira, abril 16, 2008

A POÉTICA DO GOLPE E DOS VARADOS!!



E se o gran birimbauista da Fonsagrada Cazote de Fonfría escribíu un libro sobre máis de cen xeitos de nomear a morte na Galiza, Juan Pico, o reporteiro de TELE-VARAL , iniciou a súa recolleita poética para un futuro libro na pista do Valadouro , a terra que víu nacer a ista descomunal estrela poético-mediática que nos agasalloy con iste emotico poema adicado á súa terra mae. Pensaba o poeta recitalo coma presentación do GOLPE , pero o golpe emotivo foi tal por atoparse o Golpe en terra mae que foi imposible o seu recitado. Aquí o tendes na súa total plenitude:

SE AS PENAS DE OIRÁN

FOSEN PAN

E AS DA FROIXEIRA

MANTEIGA

E O RÍO DOURO

VIÑO MOURO

A VER QUEN ÍA PODER....

COA XENTE DO VALADOURO.


Juan Pico




...e por se non fora pouca intensidade, TELE-VARAL recupera nun histórico video-estalo os 11 Varados da tempada regular 2007-08 cos que Markitos se proclamou campión absoluto dista espectacular disciplina na conferencia NorLeste, olla no seu web oficial os cruces do Play Off dista sempre brava conferencia cantábrica.

terça-feira, abril 15, 2008

É TEMPO DE FINAIS....TELE-VARAL TELETRANSPÓRTATE DO TORROSO ATE O VALADOURO!!



E despois de viver tan intensamente a final do I Aberto de Mos no torreiro do Torroso , TELE-VARAL ofrece en exclusiva mundial a espectacular montaxe da finalísima polo título feminino na Conferencia NorLeste. TELE-VARAL teletranspórtate no seu batuxo dixital do Torroso ate o Valadouro....

segunda-feira, abril 14, 2008

CHEGAN OS PLAY-OFF Á NORLESTE MENTRAS FERVE O SUR E O NOROESTE!!

Parte de guerra do acontecido na gaiola do Valadouro como remate da liga regular na Conf. Norleste no seu web oficial donde os Billardeiros se convertiron nos campións por franquicias , Ana dos Bíteres na campiona feminina e Marquitos Billardeiro Musical campión de Varados . Moi atentos porque pronto se guindarán no web oficial os cruces para o 10 de maio na pista de Obe (Ridadeo) acadar os pasaportes á gran final dp Play off de Compostela fronte ós 8 elexidos da Conferencia NorOeste. Conferencia ista que toma as rendas ista fin de semana na súa primeira incursión fóra da Zapateira. A Pista de Ledoira en Ordes será o seu tan agardado bautismo nómada para a desputa do 7º enganchada.

E polo sur ista pasada find fume botou o seu web oficial donde se puido ver a impactante análise e colección de fotos do I Aberto de Mos e sobre o que estrearon emisión en TELE-VARAL para amosar ó mundo a espectacular final diste histórico Open que enfrontou a Chupi e a Josué, impresionate as verbas dun extenuado campión a Rubén , ó máis grande reporteiro de TELE-VARAL que xa está en nómina reporteira xunto cob Juán Pico e Besbe.

sexta-feira, abril 11, 2008

COMEZAN OS TEMPOS DA SEGA BILLARDEIRA NO VALADOURO!!


Os palanadores e palanadoras da Conferencia Norleste, recollerán a colleita persoal de toda unha tempada regular na pista do Valadouro. Un campo de batalla minado que fará saltar polos aires as ilusións de uns , e chimpará ás series finais da conferencia a outros.
O combate a partires das 16:30 diste domingo 13 , e o parte de guerra pola noitiña no web oficial da Conferencia Norleste.

quinta-feira, abril 10, 2008

ISTE DOMINGO VAI HABER QUE MOLLARSE PARA PESCAR ALGO NO ÚLTIMO ASALTO DA CONF. NORLESTE!!

E se polo Sur e polo NorOeste foi o find pasado , iste domingo é a primaria Conferencia NorLeste, con epicentro na mariña de Lugo, a que tira da corrente, e que corrente!! . A espectacular tromba de auga que está a bañar istas terras fan bo o dito de chuvia de marzo , nin o mexo dun rato xa que en abril billardas e aguas mil. Chuzos de puntas caen nistes intres de tensa espera ante o último asalto da liga regular na gaiola do Valadouro donde se vai decidir a equipa vencedora da conferencia , a vencedora feminina , o campión de Varados e as 8 prazas de cada grupo A e B para loitar posteriormete no campo de Obe polo pasaporte para a gran final de Compostela.

Todo listo pois , armados con mangueiras , paraugas e katiuscas para iste domingo ás 16:30 comezar a desputa a cara de can por un posto na final , e como, auga da corrente non mata á xente , a LNB desafía a chuvia unha vez máis nunha pista a ceo aberto polo que se roga ó público e participanates vestir cos chuvasqueiros polo que poida caer, auga de tronada , nun sitios moita e noutros nada....que ista semana os de arriba abriron os grifos e poida que o domingo aínda non se acorden de pechalos. En definitiva , que para coller robadallo hai que mollar o carallo e coas bragas enxoitas non se collen troitas.....
Iste domingo 13 a partires das 16:30 na pista do Valadouro hai que mollarse para tentar pescar algunha peza no gran rego revolto da Conferencia NorLeste.

terça-feira, abril 08, 2008

JOSUÉ COA GRAN VICTORIA NO ABERTO DE MOS ENTRA ENTRE OS MÁIS GRANDES DO DEPORTE DA BILLARDA!!

Imperdoábel non mergularse coma un marraxo no atlántico piscina no espectacular crónico do I Aberto de Mos guindano no web oficial da Conferencia Sur, Josué e a súa equipa A Tropa xa escribiron o seu nome entre os máis grandes diste deporte que arrinca os chantos e armados coa pincha e paláns agora tamén invadir as leiras do sempre bravo Sur galaiko . E moi atentos porque a miaza tormenta e chuvia ácida en TELE-VARAL cun de seguro atronador video-estalo no que se verá a Josué fronte a Chupiño nista histórica final que de seguro quedará inmortalizada no recén creado WIKI da LNB , o cal ti tes que alimentar coma un can famento deseoso de corada.

E polo NorOeste xa está tamén guindado o indispensable análise e as táboas clasicatorias despois da sexta engancha na Zapateira de liga regular e xa anuncian a toda a tribu billardeira que o seu bautismo nómada será para o 20 de abril na pista de Ledoira en Ordes, donde se estreará seguro a recén creada franquicia con sede en Cerceda, desafiando os fumes e as terrible cinsa que lixa a Lousa , Antón , coordina as accións dista equipa que de seguro vai dar moito que falar ..... aborixes de Cerceda poñevos en contacto con Antón [ agrodocampo@hotmail.com ] e deixade que a LNB guíe os vosos pasos.

E polo NorLeste todo xa preparado para o último asalto regular , mergúllate no análise e pronósticos dista explosiva xornada que iste domingo amiaza con bañar a pista do Valadouro con bágoas de ledicia e desilusión.

segunda-feira, abril 07, 2008

BILLARDAS ARDENDO DO TORROSO Á ZAPATEIRA NUNHA FIND QUE FIXO HISTORIA!!

Espectacular engranaxe de toda a maquinaria da LNB, dende o Sur según se conta na ráfaga sms dispara aínda en quente dende o torreiro do Torroso que Josué, unha xoven promesa da Conferencia Sur impúxose no multitudionario I Aberto de Mos facendo bó o dito de que na LNB hai unha especie de misión divina con nomes coma Moisés, Isaac , David e agora Josué protagonizando ista revolución que invade o país de punta a punta , iste foi o estalo: Exito n aberto d mos,12 eqipos e 48palanadrs.gañou lacon josue e qeixos cn marmelo pa eqipo a tropa. Adiante conferencia sur!

E se isto se cocía no Sur diante dos históricos Palanganas que nada puideron facer para frear o brutal impulso de xogo das novas xeracións, no NorOeste , VI asalto da Liga regular na Zapateira na que se confirma a excelente forma dos electrónicos amiazando xa o liderato Xaruto e cos A Treu e os Taravelas confirmándose xa coma grandes pilares dista Conferencia que mira amiazante para o seu carón. Iste foi o estalo sms disparado en quente ó VARALMORSE : Emocionante xornada na q os electronicos revasan aos filloas de sangue,seguindo os xarutos n cabeza. Grande actuacion dos atreu! e taravelas.


Atención nista Conferencia NorOeste porque xa se confirmou o seu caracter nómada , polo que o vindeiro asalto marcado para o 20 de marzo vaise producir en Ledoira , no concello de Ordes.


A acción polo tanto pasa agora á Conferecia Norleste , dode se quentan motores para iste domingo 13 afrontar no Valadouro o último asalto da quenda regular.


Pegade os fuciños ós webs oficiais de cada Conferencia para coñecer o pulso das clasificacións , e atentos a TELE-VARAL porque van saltar charamenas!!

sexta-feira, abril 04, 2008

A FORZA DOS VENTOS DO SUR IMPULSAN O GRAN BATUXO MULTICOR DA LNB!!


Coas bandeiras da LNB ondeando no torreiro do Torroso a Conferencia Sur anuncia ós 4 ventos ó Faro de Vigo , na Voz de Galicia e para hoxe venres, entrevista en exclusiva a Rubén Otero , un dos grandes armadanzas da maravillosa implantación da LNB no sur , en Onda Cero O Porriño . Confirmada unha multitudinaria presencia cos míticos palan-ganas á fonte e a sección caribeña da LNB representada por un palanador Cubano que vai rachar co bloqueo trocando o bate polo palán nunha data que se prevese histórica. Ainda estás a tempo , inscríte e racha ti tamén co bloqueo deportivo imposto no país : lnb.sur@gmail.com

FOLLA DE RUTA PARA ISTA FIND:

- SÁBADO , 16 h : I ABERTO DE MOS

NO TORREIRO DO TORROSO , ACHÉGATE E PARTICIPA!!

conexión directa 19 h: OVARALMORSE

-DOMINGO , 18 h: VI asalto liga regular Conferencia NorOeste
PISTA DA ZAPATEIRA ( A CORUÑA)

conexión directa 20 h : OVARALMORSE
E se estás adoecendo por entrar en xogo, pásate polo web oficial da Conf. Norleste e particicipa na enquisa mundial sobre a equipa vencedora na liga regular.

quarta-feira, abril 02, 2008

TODAS AS OLLADAS MIRAN CARA O SUR: CHEGA O AGARDADÍSIMO I ABERTO DE MOS!!

Despois de vivir tan intensamente o día dos enganos , por mediación dos camaradas de Vieiros , que puxeron sobre alerta a nintendo para a futura Wii Billardeira e que pronostican un futuro Aberto de Osaka para calmar ás ansias dos palandores nipóns. A tribu-LNB coa pel tatuada coa grafía xaponesaビートスティック dirixe todas as súas olladas cara Terras do Sur. Comeza a conta atrás para o primeiro test dista Conferencia que coordina ilusionada o I Aberto de Mos , grelos e lacón para o vencedor e Queixo e Marmelo para a equipa vencedora, e ti vas quedar na casa , INSCRÍBETE XA: lnb.sur@gmail.com e racha coas cadeas. E por se fora pouco, xunto con Rubén , Moisés e a restante tribu billardeira do Sur vai facer a súa presentación mundial despois de moitos anos practicando o nomadismo polas terras do norte na procura do osasis billardeiro , a histórica franquicia dos PALANGANAS , por primeira vez Aitor e a súa equipa van poder golpexar as billarda levantándoas dende terra mae.

Todo listo : O SÁBADO 5 DE ABRIL A PARTIRES DAS 16 H. TES QUE ESTAR NO TORROSO , NON QUEDA OUTRA!!

terça-feira, abril 01, 2008

TELE-VARAL CELEBRA O 1 DE MARZO: O DÍA DOS ENGANOS!!

O GOLPE EN CLAVE FEMININA INVADE SANTALLA DE VILAUSENDE



HUGO VS TOÑO : A CARREIRA DA XORNADA



A LNB CELEBRA POR TODO O ALTO O DÍA DOS ENGANOS, O DÍA 1 DE MARZO TRADICIONALMENTE FOI CONSIDERADO NA GALIZA O DÍA DOS INOCENTES QUE O CATOLICISMO TRASLADOU Ó 28 DE DECEMBRO. TELE-VARAL GUINDA ISTE DOBLE VIDEO-ESTALO PERTENCENTE Á 7º ENGANCHADA NA CONF. NORLESTE CELEBRADO ISTE DOMINGO PARA ADICARLLO A TOÑO, O PALANADOR DOS CORNERÍA-TEAM QUE PROTAGONIZA ISTA EXPLOSIVA CARREIRA DA XORNADA QUE FOI NADO PRECISAMENTE UN 28 DE DECEMBRO , POLO QUE O INSTAMOS A QUE TROQUE NO SEU D.I O SEU DÍA DE ALUMEAMENTO PARA FACELO AUTÉNTICAMENTE GALEGO. FELICIDADES POIS A TOÑO E A TODOS OS NADOS NISTE DÍA TAN SINALADO!!