
Despois de vivir tan intensamente o
día dos enganos , por mediación dos camaradas de Vieiros , que puxeron sobre alerta a nintendo para a futura Wii Billardeira e que pronostican un futuro Aberto de Osaka para calmar ás ansias dos palandores nipóns. A tribu

-LNB coa pel tatuada coa grafía xaponesaビートスティック dirixe todas as súas olladas cara Terras do Sur. Comeza a conta atrás para o primeiro test dista Conferencia que coordina ilusionada o
I Aberto de Mos , grelos e lacón para o vencedor e Queixo e Marmelo para a equipa vencedora, e ti vas quedar na casa ,
INSCRÍBETE XA: lnb.sur@gmail.com e racha coas cadeas. E por se fora pouco, xunto con Rubén , Moisés e a restante tribu billardeira do Sur vai facer a súa presentación mundial despois de moitos anos practicando o nomadismo polas terras do norte na procura do osasis billardeiro , a histórica franquicia dos
PALANGANAS , por primeira vez Aitor e a súa equipa van poder golpexar as billarda levantándoas dende terra mae.
Todo listo :
O SÁBADO 5 DE ABRIL A PARTIRES DAS 16 H. TES QUE ESTAR NO TORROSO , NON QUEDA OUTRA!!
1 Comments:
At 6:41 AM,
Botica Vieja................ said…
Devolvemos a visita e damos a grazas por visitar o noso blog.
Vemos que fame non ides pasar, carallo!
A ver se na próxima tanda de chapas facemos unhas da LNB, parecevos?
A seguir dándolle! Un saúdo!
www.boticavieja.blogspot.com
Postar um comentário
<< Home