O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 30, 2008

MANOLÍN PIDE COIOS E PEDRAS PARA O I ABIERTU DO LIRIO EN TERRA ASTUR!!

Se descobres que a Nasa che rouba os teus discos de cumbia, se os astronautas teñen que usar cueros porque se estropea o seu w.c da nave espacial entón é cando non che ten que estranar que Manolín o robot asturiano que bota sidra nun chigre de Xixón , exerza de padriño niste explosivo I Abiertu do Lirio no que será absolutamente imprescindíbel , como afirma Manolín que ademáis dos paláns e billardas , os machetadores asturianos e palanadores galegos vaian armados con coios e pedras lisas para sobre eles situar os lirios ou billardas e salvar así o céspede do campo de futbol de Piyarnu . Espectacular 1º proba para nun futuro próximo invadir Riazor, Balaídos , San Lázaro, O Molinón e como comentan os irmáns de Vieiros San Mamés ou Anoeta. Forza internacionalista billardeira do galastereus!! .

ATENCIÓN Ó VARALMORSE PORQUE EN TEMPO REAL DENDE PIYARNU DISPARARASE O NOME E INCIDENCIAS DO CAMPIÓN DISTE I ABIERTU.

quarta-feira, maio 28, 2008

ENTAMA LA CUENTA ATRÁS PAL I ABIERTU PUYARNU 2008!!


Comeza a intensa conta atrás para o histórico I ABIERTU de Lirio Piyarnu 2008. iste martes xa se puido sentir no referencial programa ACUTO da RPA sobre cultura física apresentado por Carlos Suari , as verbas da presidenta da mítica asociación avilesina ESCONTRA’L RAIGAÑU que xunto coa LNB vai achegarse ate ista parroquia do concello de Castrillón para tentar retomar unha festa que levaba varios años paralizada. Radio-Varal capturou iste estalo que volo sirve en bandexa para que poidades ir facendo boca.



Iste Abiertu vai ser o primeiro acto da Plataforma Copa Cantábrica que engloba tanto ós estamentos billardeiros galegos baixo o pataugas da LNB e da A.C.D O Varal coma os estamentos do Lirio asturiano englobados na incipiente LNL. A PCC está movendo fíos tentando que nun futuro englobar no seu seo á TXIRIKILA , denominación euskalduna do noso deporte para tentar converter a Copa Cantábrica nunha loita entre os tres países.


E para seguir facendo boca apresentamos o programa das festas para iste domingo 1 de xuño donde se inclúe o ABIERTU coa inscripción aberta a pé de pista a partires das 12:30 donde de seguro estarán os machetadores e machetadoras dunha das 1º franquicias criadas en territorio astur, BAR TIMO-LIRIO SPORT que conta nas súa filas con Vicentín , Fran , Pablo e Pravia que despois de inxerir as tapas de anchoa e quiexo no bar do Quirinal pegaranse coma unha lapa á rocha á macheta na pista de Piyarnu.


Reiteramos: a coordinación de carros galegos para a carabana de palanadores e palanadoras corre a cárrego do Zidane da billarda ism.zidane@gmail.com / 627.166834

E toda a coordinación astur feita polo explosivo machetador Hevia , responsábel da LNL en Piyarnu
javhel@yahoo.es / 644509144


Que se prepare o robot Manolín para escanciar sidra coma un animal porque despois do esforzo... un bo culín e mellor almorzó.

segunda-feira, maio 26, 2008

A LNB XUNGUE OS BOIS PARA ACUDIR Ó I ABIERTU EN TERRAS ASTURES!!


Desfogándose a conferencia sur da tremenda resaca do festival de cans despois de que a Louriña fose indadida por coyotes ouveando en minúsculos cabozos para ofrecer exclusivos microconcertos á mais selecta audiencia, a LNB requisa os chimpíns para co ollo posto no horizonte do 15 de xuño para o PLAY OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008 afrontar o treito final da competición oficial cun explosivo I ABIERTU en terras asturianas . A comisión de festas de Piyarnu xunto coa Plataforma Copa Cantábrica organizan iste primeiro Abiertu para iste domingo 1 de Xuño a partires das 12 h.

Ista vez non haberá guagua polo cal os palanadores galeg@s encabezados polo gran Zidane da Billarda xa xunguen o seu carro de bois para achegarse ate a terra prometida de Piyarnu para escarciar coa súa furia o I Abiertu no estranxeiro. Non haberá inscripción previa , ista farase a pé de pista o mesmo domingo antes de iniciar a loita , para os palanadores galegos a coordinación de carros corre a cárrego do seleccionador galego O Zidane da Billarda ism.zidane@gmail.com / 627.166834 que conta no seu vehícuo incluso con prazas libres para a viaxe. Despois do Abiertu sesión vermú , espicha e xantar de irmandade nun chigre aínda por determinar. Para facer boca , Suso Rubio a voz e ialma dos irmáns de Radio Valadouro no seu web sírvenos ista tapa de apoio á revolución billardeira que consolida firmemente a súa proposta en terras asturianas. Pegade os fuciños á pantalla porque seguiremos informando.

quarta-feira, maio 21, 2008

A CONFERENCIA SUR INVADE O FESTIVAL DE CANS!!

Dende A Coruña a LNB colle os chimpíns para desprázarse dende o parque de Santa Margarida á alfombra de xestas da parroquia porriñesa de Cans. Alí xa todo está preparado para a celebración da V edición do festival de Cans, curtas , clips, concertos , charlas e actividades varias de atronadora bravura audiovisual que encherán de glamour os alpendres , galpóns e adegas da parroquia epicentro absoluto do cine underground do país e de fóra. Toda a Conferencia Sur da LNB encabezados por Moisés , o coordinador da LNB e reponsábel de moito do que en cans se coce en Cans como amosa nas verbas vertidas no Viraventos de Radiofusión , estarán por alí para ensombrecer a Clind Estwood na súa andaina na vila francesa xa que iste ano Bajo Ulloa estará coma protagonista da mítica Charla na Leira que xa deixou históricos intres con Reixa coma protagonista.

Pero en contraposición ó que se poida pensar o Cannes francés tamén ten excepcións, a presencia de Maradona para apresentar en exclusiva mundial o documental da súa vida dirixido polo xenial Kusturica deixa aberta a posibilidade para que dentro duns anos en Cans o grande Zidane da Billarda poida aparecer na alfombra de xestas dando uns toques á billarda para apresentar o documetal da súa vida como grande lenda do deporte da billarda , só falta un director ou directora á altura....xa que morto Toñito Blanco , só o luso Pedro Costa , Jess Franco , Larry Clark , John Waters…ou o finés Taurismakis con un de seguro explosivo remake billardeiro a xeito biográfico do “home sen pasado” poderían estar á altura de tamaño encárrego biográfico.


E como decimos a LNB inaugura unha sólida irmandade co festival de Cans que se agarda que en futuras edicións teña unha poderosa continuidade , TELE-VARAL ten xa unha unha irmá na rede que é CANS-TV, dende o mércores 21 ate o sábado 24 ceiba o colar e prepara as pupilas e achégate a Cans.

sábado, maio 17, 2008

SERXIO ACADA O ABERTO DAS LETRAS!!


O Varal extenuado practicamte en tempo real comunicou á audiencia o acontecido no I Aberto das Letras no Parque de Santa Margarida da Coruña, hoxe completamos comunicado cos explosivos foto-estalos conseguidos polos reporteiros de guerra do Varal nun...


gran torneo que contou coa precencia da chave coma quencemento perfecto para os brazos e a punteiría dos aloitaores da LNB nun Aberto das Letras IMPRESIONANTE!!!!


A Coruña vibrou co I ABERTO DAS LETRAS ... con final de apoteósica con máis de 150 afeccionados nas bancadas con Jano, Serxio e Xan loitando polo título do A que foi para o Xaruto Serxio que enfila así o seu camiño hacia composteLA PARA O PLAY OFF NACIONAL coa furia dun xabarín ferido.


Noraboa ó campión e a todos os participantes niste aberto porque ó final a victoria é de toda a tribu LNB...


coma cantaban os verghalludos vivir na coruña que fonito é!!!

sexta-feira, maio 16, 2008

A CORUÑA ACOLLE O I ABERTO DAS LETRAS!!


Como anunciábamos onte , a LNB , xunto co centro social Atreu e a concelleiría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística da Coruña, vai por en marcha iste I ABERTO DAS LETRAS de Billarda , unha iniciativa ten por obxectivo animar a todos os coruñeses e coruñesas a sumarse a ista gran festa billardeiro-patriótica para no medio dos golpexos e a súor intensa reflexionar sobre a situación actual e real do noso idioma . A cita iste sábado 17 no parque de Santa Margarida a partir da 18:00h podes anotarte no telef . 651.424014 de Xan da Treu , membro da LNB que coordina ista explosiva acción billardeiro-linguistica e que vos informara de todo o relativo ó aberto e á adquisición de material para competir. E despois da batalla entre o luso e fusco das 20:00 h, comezarán os concertos coa actuación de Pablo Díaz, Chámalle Xis!, Loretta Martin, Transilvanians e Skárnio. Porque o son da lingua é para gozar....iste sábado prepara o palán para xurar e golpexar no I ABERTO DAS LETRAS....e para o 2009 a LNB apoia totalmente a candidatura de Carvalho Calero coma homenaxeado!!

quinta-feira, maio 15, 2008

CO TORREZMO NA BOCA CHEGA O GOLPE....E O ABERTO DAS LETRAS!!



Entre os palanadores e palanadoras moulando a espectacular cea de peche de tempada na Conf. Norleste chega o Golpe como raposo que alborota o galiñeiro , Ginés R e o mítico Servando falan coa boca chea.... espectacular a montaxe final de Daniel coas verbas do campión absoluto dirixudas a toda a afección dende o esceario dun auditorio Hernan naval abarrotado de furia e carraxe billardeira.



Espectacular foto finish da tropa da tralla do NorOeste no seu refuxo antiaéreo da Zapateira , nista instantánea pódese distinguir ó xenial e bravo Jony agazapado de segundo pola esquerda coma un salvaxe gato raxado galego disposto a saltar cando a presa se poña óxeito, con Jony na tribu xa non hai cadeas nen aramios que se nos resistan. E moi atentos ós aborixes da cidade da Coruña porque iste sábado 17 a partires das 18 h. no parque da Santa Margarida 1º ABERTO DAS LETRAS DE BILLARDA , organizado polos irmáns do centro social Atreu , a LNB e a concellaría de Mocidade , Solidaridade e Normalización Lingüística da Coruña. Seguiremos informando, podes apuntarte xa para darlle duro á lingua e ó palán no :659.628892 / lnbnoroeste@gmail.com

quarta-feira, maio 14, 2008

ESCPECTACULAR TRIPLA- DOCUMENTAL DE TELE-VARAL COS CAMPIÓNS DE CONFERENCIA!!

TELE-VARAL amosa en exclusiva mundial a conmoción absoluta nos play off finais de cada conferencia en liza que xa apretan os dentes cara ó desafío do 15 de xuño No PLAY OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008.



Besbe voltou á zona de guerra para entrevistar a un emocionado Kiko campión absoluto da Conferencia NorOeste nun set que contou tamén coa presencia do gran palanador Extremoduro campión absoluto de Varados nista explosiva conferencoia atlántica que amosa os dentes ós aloitadores do NorLeste.



E no Norleste baixo as auralitas pola treboada e invadidos polos grafitis , TELE-VARAL amosa a espectacular serie do gran Ginés R, palandor dos Remourelle Bulls que axudado polos torrezmos da Taberna de Lola , aduxudicouse Libre coma o paxaro que escapou da prisión e pode ó fin voar o título de campión absoluto na división cantábrica.



E como no NorOeste sabían que a afección tiña mono de TELE-VARAL con brisa atlántica Besbe arincoou nun histórico set ós Filloas de Sangue, auténticos esforzados da ruta que nun máxico spring final acadaron o título absoluto por franquicias deixando atrás ós Xarutos e Electrónicos....extenuados e desafiantes agardan listos xa ós todo poderosos Billlardeiros Musicais no Play Off Nacional de Compostela. Auténtico prato forte dunha xornada que se prevé histórica!!

segunda-feira, maio 12, 2008

A EMOCIÓN REMÍTENOS Á LINGUA PORTUGUESA PARA CALIFICAR DE "ESPANTOSOS" OS HISTÓRICOS PLAY OFFS!!

As tardes de transistores de fai uns anos trocaron xa na LNB en tardes e noites de portátiles para atraveso do VARALMORSE coñecer o suceso en tempo real. ESPANTOSOS PLAY OFF berraba entusiasmada a comunidade galego-portuguesa da tribu billardeira , espantoso no Leste na noite e madrugada do sábado ó domingo e espantoso no Oeste a histórica tarde do domingo como refliciten hoxe as follas do IDEAL GALLEGO nunha espectacular reportaxe na contrapoetada que vai deixar ós leitores diste xornal coruñés atragantádos co croasan da mañá, ou co pincho de tortela do mediodía, e se seguides con fame permenecede atentos tamén ás video-tapas de TELE-VARAL que traballaron a reo para transmitir en toda a súa plenitude unha xornada histórica.

Gines r. Campion no nlest + victor, j.pico,zidane,marcos,cristian,hugo e david loitaran no playoff nacional! Alumeaba o VARALMORSE a primeira hora da mañá do domingo xa que a noite extrema de competición, xantar, concerto de DARBUKKA coa explosiva entrega de premios e invasión posterior do garito patrocinador Txamako coas atronadoras e molladas danzas texmex da LNB .

Momentos ants do maxico ncontro os palanadores do noroeste deixan os treinamentos e fican apartados para se concntrar. Silenzo strmcdor! Dende a Zapateira chegaba ista angustioso estalo ó VARALMORSE, ducias de ollos pegados á pantalla compartindo a tensión dos intres previos ó inicio diste derradeiro asalto regular. Non hai nen galicia en goles, nen carrusel que poida igualar a maxia imposta polo visionario VARALMORSE ,Galiza mascaba o tabaco da tensión , quen se enfrontaría en caompostela ós poderoso Billardeiros Musicais......Xarutos, Electrónicos ou Filloas de Sangue? Nun emocionante desempate fronte os electronicos, filloas de sangue quedaron campións do noroeste sendo terceiros os xarutos, lideres da clasificacion até hoxe . A pista da Zapateira ardía para diluciadar nunha histórica prorroga de desempate entre os Electrónicos e Filloas quen se facía co triunfo de franquicias no NorOeste, e foron a xovencísima equipa dos Filloas de Sangue os que vanceros e serán pois os elexidos para desafiar ós poderosos Billardeiros Musicais. Atención pois ós web oficial do Noroeste e NorLeste para coñecer pormenorizadamente ós 8 clasificados de cada Conferencia polo título absoluto, ás mulleres que loitarán polo campionato feminino e ós aloitadores polo título de Varado . Comeza a conta atrás para o gran PLAY OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008.

sexta-feira, maio 09, 2008

A GRAN TENSIÓN DOS PLAY OFF INVADE AS CONFERNCIAS!!

Ista find volta a frenética actividade á LNB , despois da explosiva entrega do Xerro do Salés donde o Sur dobregou ó Norte por 2 setos a 1 na pista da Capela da Angustias de Xil , a serpe multicor volta coller impulso para afrontar o último asalto da liga regular nas dúas conferencias en liza que se verán as caras na finalísima do 8 de Xuño de Compostela . Mentras na Conferencia NorOeste preparan a lona para desputar iste domingo a partires das 17 h. a última xornada baixo as euralitas da pista da Zapateira despois da súa histórica experiencia nómade en Ledoira, no Norleste guiados polo espíritu bravo e indomábel do grande palanador das terras do Sur Camiña que protagoniza o cartaz que invade as paredes da Mariña.

Xa todo preparado para o sábado 10 de maio na pista de Ove (Ribadeo) cun desplegue espectacular de luz e son, a partires das 20:30 os 16 clasificados , batirse en duelo loitando polo pasaporte para Compostela , con festa final ás 23 h. no cantón Ribadense coa actuación do grupo de folk-pop da Veiga DARBUKKA pioneiro absoluto na introducción de pezas en galego-asturiano no seu repertorio e entrega de premios no mesmo do escenario do concerto nunha explosiva cerimonia apresentada polo poeta salvaxe e gran estrela de TELE-VARAL Juan Pico. E co Varalmorse disparando en tempo real munición sms dende as pistas de xogo co nome dos clasificados para o gran play off Nacional de Composta. Adiante LNB!!

terça-feira, maio 06, 2008

O ESPÍRTU INDOMÁBEL DE CAMIÑA INVADE TODA A MARIÑA PARA ANUNCIAR O PLAY OFF!!

O ESPÍRITU BRAVO E INDOMÁBEL DE CAMIÑA, O XENIAL PALANADOR DAS TERRAS DE XIL , INVADE TODA A MARIÑA DE LUGO PARA ANUNCIAR O AGRADADÍSIMO PLAY-OFF FINAL DA CONFERENCIA NORLESTE A CELEBRAR ISTE SÁBADO 10 NA PISTA DE OVE (RIBADEO) CON FESTA POSTERIOR COA ACTUACIÓN DO GRUPO DA VEIGA DARBUKKA. ESTADES TODOS CONVIDADOS Ó GRAN ESPECTÁCULO , ANTESALA DO ÚLTIMO ASALTO REGULAR TAMÉN NA CONFERENCIA NOROESTE . ATENTOS PORQUE A LNB ESTÁ A PUNTO DE SELAR OS 8 PASAPORTES POR CONFERENCIA PARA A GRAN FINAL DE COMPOSTELA E A PUNTO DE SABER QUÉ FRANQUICIA DO NOROESTE SE ENFRONTA ÓS TODO PODEROSOS BILLARDEIROS MUSICAIS CAMPIÓNS NO NORLESTE. BILLARDAS ARDENDO CORTANDO O AR DISPOSTAS A RACHAR COAS DICTADURAS DO CAPITAL!!

sexta-feira, maio 02, 2008

A NOSA HISTORIA FACÉMOLA E CONTÁMOLA NÓS, TELE-VARAL , VACINA CONTRA O TELELIXO!!

Ista find toca merecido descanso na LNB , aproveitemos toda a tribu para recapilular pegando os fuciños á pantalla para ver iste descomundal video-estalo producico por TELE-VARAL , se o primeiro impacto da producción Norteña dirixida por Daniel foi cósmica , Rubén dende o Sur mete a súa ollada no fondo do xerro do salnés para dende o ventre analizar con imaxes a histórica embestida. Porque alleos absolutamente ó telelixo que inunda cada segundo das emisións televisivas, a nosa história facémola e contámola Nós ....e moito ollo porque mentras na Conferencia NorOeste rifan a lona para desputar a última xornada en Compostela ou Cerceda coma posibles candidadas para acoller ista definitiva enganchada da liga regular, no Norleste xa todo preparado para o sábado 10 de maio na pista de Ove a partires das 20:30 os 16 clasificados , batirse en duelo para coller o pasaporte para Compostela , con festa final ás 23 h. na Alameda Ribadense coa actuación do grupo Darbukka e entrega de prenios nunha explosiva cerimonia apresentada polo poeta salvaxe e gran estrela de TELE-VARAL Juan Pico. Adiante LNB!!