O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 21, 2008

A CONFERENCIA SUR INVADE O FESTIVAL DE CANS!!

Dende A Coruña a LNB colle os chimpíns para desprázarse dende o parque de Santa Margarida á alfombra de xestas da parroquia porriñesa de Cans. Alí xa todo está preparado para a celebración da V edición do festival de Cans, curtas , clips, concertos , charlas e actividades varias de atronadora bravura audiovisual que encherán de glamour os alpendres , galpóns e adegas da parroquia epicentro absoluto do cine underground do país e de fóra. Toda a Conferencia Sur da LNB encabezados por Moisés , o coordinador da LNB e reponsábel de moito do que en cans se coce en Cans como amosa nas verbas vertidas no Viraventos de Radiofusión , estarán por alí para ensombrecer a Clind Estwood na súa andaina na vila francesa xa que iste ano Bajo Ulloa estará coma protagonista da mítica Charla na Leira que xa deixou históricos intres con Reixa coma protagonista.

Pero en contraposición ó que se poida pensar o Cannes francés tamén ten excepcións, a presencia de Maradona para apresentar en exclusiva mundial o documental da súa vida dirixido polo xenial Kusturica deixa aberta a posibilidade para que dentro duns anos en Cans o grande Zidane da Billarda poida aparecer na alfombra de xestas dando uns toques á billarda para apresentar o documetal da súa vida como grande lenda do deporte da billarda , só falta un director ou directora á altura....xa que morto Toñito Blanco , só o luso Pedro Costa , Jess Franco , Larry Clark , John Waters…ou o finés Taurismakis con un de seguro explosivo remake billardeiro a xeito biográfico do “home sen pasado” poderían estar á altura de tamaño encárrego biográfico.


E como decimos a LNB inaugura unha sólida irmandade co festival de Cans que se agarda que en futuras edicións teña unha poderosa continuidade , TELE-VARAL ten xa unha unha irmá na rede que é CANS-TV, dende o mércores 21 ate o sábado 24 ceiba o colar e prepara as pupilas e achégate a Cans.