![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgoWTmh_H5OGWiAfeSL7VKVEvZymGKoFKm9I8JQ2WUZG8UQMRi46kW-XoWktRB0XgC8FcQJ7FCgC2bY_DUYdi0HUjgc-3N-XjSK7JEdVbgqspuHZJlQZqnh2JeOtXGArZJxKhMf/s400/IMGP0341.JPG)
Ista find volta a frenética actividade á LNB , despois da explosiva entrega do Xerro do Salés donde o Sur dobregou ó Norte por 2 setos a 1 na pista da Capela da Angustias de Xil , a serpe multicor volta coller impulso para afrontar o último asalto da liga regular nas dúas conferencias en liza que se verán as caras na finalísima do 8 de Xuño de Compostela . Mentras na
Conferencia NorOeste preparan a lona para desputar iste domingo a partires das 17 h. a última xornada baixo as euralitas da pista da Zapateira despois da súa histórica experiencia nómade en Ledoira,
no Norleste guiados polo espíritu bravo e indomábel do grande palanador das terras do Sur Camiña que protagoniza o cartaz que invade as paredes da Mariña.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgy9naPzhIpL9JkW0dBbdYo0_4p2ytXKyRHCKTN6MhRWihdW_aEonGW2IysfqY76b90wtI7vK3AsAqAyQM4OQCkKxujcOVcT8Wl83U4_RMWofT4pZwvgVkWV07dOurhjQwsRDBx/s400/darbukka-disco.jpg)
Xa todo preparado para o sábado 10 de maio na pista de Ove (Ribadeo) cun desplegue espectacular de luz e son, a partires das 20:30 os 16 clasificados , batirse en duelo loitando polo pasaporte para Compostela , con festa final ás 23 h. no cantón Ribadense coa actuación do grupo de folk-pop da Veiga
DARBUKKA pioneiro absoluto na introducción de pezas en galego-asturiano no seu repertorio e entrega de premios no mesmo do escenario do concerto nunha explosiva cerimonia apresentada polo poeta salvaxe e gran estrela de
TELE-VARAL Juan Pico. E co
Varalmorse disparando en tempo real munición sms dende as pistas de xogo co nome dos clasificados para o gran play off Nacional de Composta.
Adiante LNB!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home