O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 30, 2007

O VARADO DE ZIDANE E O PENALTI DE DJUKIC!!

Aínda que todos os focos na histórica noite do 26 de maio apuntaban a Vicente , o palanador da EkipA SaFaRi viuse eclipsado pola auténtica hecatombe mediática que supuxo que o grande Ismael da Billarda perdera o título xusto no último golpexo da tempada, incluso nas verbas das Madriñas da LNB no programa da RG As Quimbamabas durante a entrevista ó campión absoluto dista SUPERLIGA, saíu a relucir a gran querencia por iste mito vivente do deporte da Billarda, Ismael , os ollos do Zidane da Billarda estiveron isa noite de reflexión empapadaos en bágoas de impotencia ó igual que os centos de seguidoes que ten espallados pola Galiza e polo mundo adiante. Sabemos que Zidane está meditando o seu futuro , son centos as emisivas que chegaron ate O Varal apoiando e animando a ista estrela do deporte galego a seguir na élite do deporte da billarda para tentar acadar o gran soño da SUPERLIGA , o varado de Zidane xa está a ser comparado co penalti fallado por Djukic naquel último partido de liga fronte o Valencia cando o Deportivo deixou escapar no último segundo a tan desexada liga, Djuquic despois rematou coma xogador no Valencia, poderá Zidane nun futuro próximo entrar a formar parte da EkipA?

segunda-feira, maio 28, 2007

VICENTE DA EkipA CONQUISTA O TÍTULO DA SUPERLIGA NUNHA FINAL DE INFARTO!! [preme]

Histórica noite a vivida no multiusos de Celeiro de Mariñaos o sábado 26 de maio donde xusto no último minuto , na última carreira e no último golpexo Vicente, o palanador da EkipA SafaRi se proclamaba campión absoluto da SUPERLIGA de billarda 2006-07 deixando absolutamente desfeito ó grande Zidane da Billarda que sucumbía preso pola descomunal presión á que foi sometido polos palanadores da EkipA SaFaRi . Ismael chegaba á pista con catro puntos de avantaxe sobre o seu perseguidor que armado dunha pasmosa tranquilidade e acompañado da sempre necesaria dose do sorte puido esquivar un por un os obstáculos ate asaltar o liderato nunha histórica carreira que TELE-VARAL atrapou para formar parte pese a quen pese dos grandes momentos da historia do deporte galego. Nunca antes Vicente liderara a clasificación da SUPERLIGA de billarda, agardou coma un tigre entre os ramallos a que con TELE-VARAL coma testigo Ismael patinase na súa serie para na última carreira e co último golpexo despois de 14 asaltos empaparse co champán dos grandes campións e recoller das mans do anterior campión da SUPERLIGA , David o trofeo que o acredita coma campión absoluto dista competición que arrinca chantos e invade as leiras.

sexta-feira, maio 25, 2007

TODO PREPARADO PARA A GRAN VELADA DO TORNEO CLAUSURA DA SUPERLIGA!!

Fachos de palla e focos na boca listos para alumear a historica noite diste sábado 26 de maio a partir das 21 h. no multiusos de Celeiro de Mariñaos , no concello lugés de Barreiros, de donde vai saír o campión absulo dista SUPERLIGA de billarda 2006-07 que chega ó seu remate. Concetración absuluta dos protagonistas para afrontar o máxico Torneo Clausura con todo o equipo de TELE-VARAL disposto xa e devecendo por transmitir ó mundo en rigurosa exclusiva o que alí aconteza. E atentos porque a LNB prepara unha gran traca final con explosiva torrezmada anti-imperialista e explosiva música dance hall para unha histórica noite de lume, billarda e reflexións imposibles.

terça-feira, maio 22, 2007

ARRINCA A CONTA ATRÁS PARA A HISTÓRICA VELADA DA SUPERLIGA 2006-07!!

Comeza a intensa conta atrás para a histórica noite do 26 de maio, ista noite do sábadado no multiusos de Celeiro de Mariñaos no concello lugués de Barreiros xa non vai quedar marxe de ningún tipo para a os tres únicoS posíbeis candidatos ó triunfo final, Ismael o Zidane da billarda atópase no centro do ring disposto a mallar contra as cordas ós dous únicos púxiles Vicente e Foro que optan coma el ó cinturón dos pesos pesados diste espectacular deporte tradicional que racha dentes , o desexado título absoluto da SUPERLIGA de billarda. Boan xa os billetes e as apostas no que vai ser o combate do século do deporte da billarda, David o primeiro campión da SUPERLIGA conseguido nunha xa histórica tarde no último torneo da tempada pasada disputado en San Xurxo, ollao de novo! , ten xa o trofeo preparado para pasalo ó puxil suorento e apaleado que sáia vencedor do cuadrilátero de Celeiro de Mariñaos. Ide collendo sitio para ista espectacular velada porque a partires das 9 da noite iniciase a desputa diste derradeiro e decisivo torneo da tempada, o denominado Torneo Clausura . E despois entrega de premios da SUPERLIGA e festa rachada con torrezmada e música dance hall incluida ate que abran os colexios electorais. Prepárate para viver unha histórica noite do sábado 26 de lume , sangue, billarda e reflexión imposíbel!!

terça-feira, maio 15, 2007

AUGA FERVENDO E COITELOS AFIADOS PARA A INTENSA NOITE DE REFLEXIÓN!!

FERVEN AS OLAS DO PAIS E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO , A POTA DA LNB ESTÁ TAMÉN Ó LUME PARA O 26 DE MAIO EN PLENA XORNADA DE REFLEXIÓN EXPLOTAR NO MULTIUSOS DE CELEIRO NUNHA DE SEGURO NOITE HISTÓRICA . LUME , BILLARDA E REFLEXIÓN SERÁN OS GRANDES ALICERCES DA ÚLTIMA E DECISIVA XORNADA DISTA SUPERLIGA DE BILLARDA 2006-07 QUE CHEGA Ó SEU FINAL CON TRES CANDIDATOS AÍNDA VIVOS NISTE INFERNO DE SUORES E GOLPEXOS NUNHA CLASIFICACIÓN QUE PODES CONSULTAR NO LINK PARTOCINADO POLA TENDA-LNB. O ZIDANE DA BILLARDA DE NOVO TERÁ QUE RENDIR Ó MÁXIMO PARA PODER SER EL E NON VICENTE DA EKIPA OU FORO DOS TRONOS O QUE DESCORCHE NO MÁIS ALTO DO PODIUM A DESEXADA BOTELLA DE LOCOR DE TOXO DESTINADA Ó VENCEDOR ABSOLUTO DA SUPERLIGA. AUGA FERVENDO E COITELOS AFIADOS PARA UNHA NOITE DE REFLEXIÓN E BILLARDA SALVAXE!!

segunda-feira, maio 14, 2007

REMOURELLE GAÑA A XOVE

Mentras Quintana preparaba a súa particular partida de bolos xunto dos irmáns de Riotorto , dende a lastra de Remourele chegábanos un crónico aínda quente do acontecido no xa penultimo asalto da SUPERBOL 2007..... O que parecia imposible ó comenzo da Liga fíxose realidade na tirada celebrada en Remourelle. Os xogadores de Remourelle consiguiron 4 postos nos cinco primeiros, solo GINES (que entrena en Remourelle) lles augou a festa o consiguir ganar a tirada e consiguindo asimismo facerse matemáticamente co titulo da LNBOL. Os xogadores de Remourelle fixeron unha gran tirada consiguiendo estos postos; TOÑO (2º), AMERICO (3º), CANDICO (4º) e BARCIA (5º). A destacar que BARCIA consigueu gañar no desempate a ARTURO VIGO (quizas o mellor xogador da Mariña, xa que gañou 10 veces a Liga de Xove). Queda por decidir o 3º posto da Liga (entre FELGO, CHUCAS, AMERICO E TOÑO), xa que o segundo xa e para ARTURO.
Asimismo comunicaros que o día 13 xogaranse na bolera de REMOURELLE, todolos LACONS que SUSO nunha gran labor de despece foi capaz de sacar dun porco (DOUS), ademais dunhas botellas de viño e unhos chorizos.

quinta-feira, maio 10, 2007

DO CAGARRÓN DE CABARCOS Ó LUME DE CELEIRO DE MARIÑAOS!!

Espantadas xa as pantasmas do cagarrón de Cabarcos os palanadores e palanadoras continuaron no reu intenso ronsel de golpes para tratar de situarse nas mellores posicións na grella de saída do derradeiro torneo da SUPERLIGA, o asalto Nº 14 a desputar no multiusos de Celeiro de Mariñaos na noite do sábado 26 , marcará o definitivo latexar diste soño deito realidade, as charamenas das antorchas que presidirán a pista de xogo alumearán ós palanadores e palanadoras nista intensa xornada de reflexión e cuitelos afiados. Vai preparándote para unha noite histórica de festa e emocións non contidas na que lume e billarda se conxugarán no multiusos de Celeiro de Mariñaos para cos paus na man combatir calquer tipo de reflexión establecida niste último e decisivo asalto da SUPERLIGA de billarda 2006-07.

segunda-feira, maio 07, 2007

A PANTASMA DOS MALETÍNS SOBREVOOU CAbARCOS NISTA POLéMICA CARREirA!! [preme]

Por fin unha tarde de sol para dilucidar a grella de saída do derradeiro torneo dista electrizante tempada, Cabarcos foi un fervedoiro de tensións e impulsos reprimidos ante a urxencia de conseguir que a billarda penetrara no Varado. Mentras que o cagarrón de Cabarcos exercía de testigo mudo de cómo a EkipA SaFaRi se proclamaba campión absoluto na clasificación de franquicias xa niste penúltimo asalto , TELE-VARAL era testigo dunha polémica carreira que enfrontaba a dous pesos pesados dista franquicia , sobre Xermán e Vicente , con iste último implicado directamente na loita polo título, sobrevoaba a pantasma do tongo na figura do sempre polémico Viluba , preme e descubre por medio do magnífico traballo de sempre esforzado e arrolado equipo de TELE-VARAL e cunha B.S.O de excepción xa que de fondo sóa a frauta dun dos membros dos SICARIOS Do FOL , cal foi o resultado dista sensacional e polémica carreira!!

sexta-feira, maio 04, 2007


ASALTO Nº 13 E PENÚNTIMO DA SUPERLIGA de billarda!!
CABARCOS ( BARREIROS ) domingo 6 de maio 16: 30 h.

quinta-feira, maio 03, 2007

OS TRES MOSQUETEIROS DA LNB CHEGAN Ó PENÚLTIMO ASALTO COS SABLES AFIADOS!!

Restan só dous asaltos e o próximo deles será xa iste vindeiro 6 de maio no cemento pulido de Cabarcos, alí de seguro que xa desfilarán os primneiros maletíns dos tres únicos candidatros que por ista orde iSMAEL,VICENTE E fORO poden matematicamente optar ó triunfo final nista electrizante SUPERLIGA de billarda, os nervios están tamén a flor de pel e xa como pasou en Burela de seguro que en Cabarcos cada movemento dos palanadores e palanadoras será vixidado polo seu contrario para evitar a picaresca. En maio aínda a LNB queima o tallo , dous asaltos e moito por decidir, coa EkipA SaFaRi a punto de acadar o triunfo matemático na competición de franquicias e Foro mantendo tamén o liderato en Varados e cunha moi segura Ana da EkipA coma lider destacada na clasificación feminina , a LNB prepara xa o seu brutal desembarco , vas poder perdelo?

GINES ALCANZA O LIDERATO DA SUPERBOL 07

Dende a lastra de Burela chéga ó Varal o primeiro crónico oficial da SUPERBOL 2007...Despois dunha espectacular tirada no campo de futbol da Marosa GINES consigueo facerse co liderato da SUPERBOL 07. Este liderato alcanzouno consiguindo o record de puntos totais (314) e ademais aproveitouse de que Arturo Vigo non puntuou, Da a sensación de que a SUPERBOL e cousa de dous (Ginés e Arturo) ainda que tanto “Felgo” como “Chucas” teñen posibilidades de alcanzalos nas duas tiradas que faltan. Na tirada de Burela consigueo o segundo posto “Toño” e ó cuarto “Americo”, demostrandose así que os entrenamientos na pista de Remourelle son efectivos, xa que tres xogadores que entrenan normalmente en Remourelle consiguiron meterse entre os cinco primeiros (Ginés, Toño e Americo). Hai que destacar ó gran momento de forma de “Chucas” que despoís de unha longa lesión está volvendo a ser o xogador que apuntaba na sua xuventude (¡¡ xa choveu !!).Asemesmo e destacable o quinto posto de Jose Manuel Cociña “Fontes” xa que era a primeira vez que xogaba a modalidade do canteiro.Todolos xogadores agradecen a “Baño” a fenomenal pista que preparou no campo da Marosa.