O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 27, 2006

ZIDANE EN RADIO-VARAL!!

O xogador de futbol francés de orixe alxelino anunciou istes dás a súa retirada , mais outro tocaio del que militaba ate fai ben pouco nos Petapouco de Barreiros e que vai ser o lider indiscutible da Selección Parroquial de Celeiro no campionato interparroquial que se vai desputar o 28 de maio , continúa en activo e con gañas de voltar á élite dun deporte do cal el foi e é unha das súas grandes estrelas. Radio-Varal recupera un documento histórico , a entrevista coa que o Varal empezou a emitir agora en formato audio, fai case tres anos cando Ismael , O Zidane da Billarda , era un xogador imbatible concedeu unha emocionate entrevista para A Cantina da LNB , sentádevos e sintonizade cos estalos da historia!!

Ismael , O Zidane da Billarda, continúa a ser unha das grandes referencias mediáticas da LNB. Posted by Picasa

terça-feira, abril 25, 2006

PREPARA A TÚA CARETA PARROQUIAL!!

O cuadrilátero parroquial vai situarse no multiusos de Celeiro o 28 de maio e catro son ate o de agora as parroquias que se van subir a el para tentar acadar o espectacular Copo Parroquial e ó mesmo tempo tratar de eludir a culler de metal que irá para a parroquia que ocupe o derradeiro lugar. Aínda estás a tempo de por os guantes , a careta e o protector dental e subir canda ós teus veciños ó ring donde se vai desputar a máis intensa competición parroquial do mundo.

[ ovaral@hotmail.com ] Posted by Picasa

segunda-feira, abril 24, 2006

LUBA-TV


O sábado pola tarde a tvg presentou unha nova producción dirixida por Xaime Fandiño pai de programas coma Chambo ou Tumba Aberta, co Basket universitario coma desculpa nos tempos mortos e nos descanso dos catro cuartos fanse pequenas reportases e entrevistas a pé de pista con persoaxes varios da actividade cultural galega. Os equipos de baloncesto universitarios galegos e portugueses xa que entra en competición a universidade de Oporto son mixtos, é dicer compostos por homes e mulleres en proporción obrigatoria de tres mulleres nos dous primeiros cuatos e dúas nos outros dous restantes. Idea pensamos excelente pero que xa leva funcionando fai xa anos nas franquicias da LNB , ogallá que os directivos da tvg teñan en conta nunha proxima edición do luba tv dun deporte galego de seu coma a a billarda-LNB para amenizar as tardes dos sábados. Nistes días , nos que asistimos emocionados ó debú internacional da selección galega de triatlón con triunfo incluido do noso representante Xavier Lopez na primeira proba puntuábel para a Copa de Europa celebrada en Estoril , queremos dende a LNB resalatar o nivelazo e a espectacularide dos nosos xogadores e xogadoras de basket que por fin van ter unha oportunidade de poder amosar o seu xogo ante un público canso de mercenarios da canastra, a LNB sauda á primeira liga de baloncesto universitaria galego-portuguesa e apoia a urxente cración da selección galega de basket!!

sexta-feira, abril 21, 2006

URANIO INTERPARROQUIAL!!

INICIASE A CONTA ATRÁS PARA A DESPUTA NUN FORMATO ÚNICO E ESPECTACULAR DO AGARDADÍSIMO COPO INTERPARROQUIAL , UN AUTÉNTICO MUNDIAL ALTERNATIVO QUE VAI ENSOMBRECER OS REGATES REALIZADOS NOS CAMPOS ALEMÁNS. NA GALIZA A LNB ENRIQUECE O URANIO PARROQUIAL , CATRO SON AS SELECCIÓNS PARROQUIAIS XA INSCRITAS PARA ISTA COMPETICIÓN DO K.O, SE TI QUERES ANOTAR A TÚA PARROQUIA AÍNDA ESTÁS A TEMPO [ ovaral@hotmail.com ], 8 SON OS PALANADORES OU PALANADORAS NECESARIOS PARA CADA ESCADRA QUE O 28 DE MAIO SE BATA NO CEMENTO PULIDO DO ESTADIO PARROQUIAL DE CELEIRO DE MARIÑAOS NO CONCELLO DE BARREIROS, LUGO. ADEMAIS SERÁ UN DOS TES DEFINITIVOS PARA QUE FERNANDO VEIGA VAIA PERFILANADO A LISTA DEFINITIVA PARA O DEBÚ DA AUTÉNTICA.

Mahmud Ahmadineyad apoia a súa selección de cara ó mundial de Alemania, ogallá os nosos dirixentes copiaran do presidente iraní e enfundasen a camiseta da Selección Galega de Billarda.
 Posted by Picasa

segunda-feira, abril 17, 2006

A LNB NO LUAR DA TVG!!

Se na túa militancia de nazareno imposíbel o sangue dos latigazos nistes días de semana santa che impediron ver a intervención da Selección Galega de Billarda no Luar da tvg, tranquilo , pon xeo nas costas e preme no título, non hai maior penitencia que sentir de preto o bruar das billarda cortando o ar!!

A Sangue e billarda-LNB tinguiron de vermello as rúas galegas nista semana santa!! Posted by Picasa

quarta-feira, abril 12, 2006

A “AUTÉNTICA” OKUPA LUAR!!

Rachando moldes a Selección Galega de Billarda continúa na súa espectacular xira de presentación, das Quimbambas da rg ó all stars da Coruña e agora iste venres a "auténtica" aterra no Luar da tvg para amosar credenciais diante de todo o país e para reivindicarse como o que é , palanadores e palanadoras que loitan para que se recoñeza a billarda coma deporte e para que Galiza esteña representada por si mesma nas competicións internacionais . Tele-Varal acompañou á expedición nun extraordinario documento de cámara oculta presentado polo reporteiro paradiso105.

O público de Luar e o país enteiro vaise estremecer ó sentir de preto o silvido das billardas cortando o ar!!  Posted by Picasa

terça-feira, abril 11, 2006

OS PETAPOUCO DISÓLVENSE!!

O varal reproduce a carta de despedida na que a Histórica franquica de barreiros explica motivos da súa disolución. Pese a que todos eles continuarán militancia noutros equipos da *SUPERLIGA* LNB de seguro que o vermello seguirá a brilar sempre no corazón distes fenomenais palanadores e palanadoras.

Despois dunha noite moi longa onde os recordos podían mais que o motivo que nos levou a reunirnos a toda a familia de Os Petapouco, decidiuse o seguinte. Os petapouco foi a primeira equipa da historia da competición da LNB, fumos os primeiros en facer que os xogadores sentiran unha cor representando a un equipo de billarda. Polas nosas filas pasaron grandes xogadores de billarda como foron, Xoan, Toño, Mónica, Teresa, Ana, Servando, David, Fram, Xose Manuel, Calvete, e o sempre impresionante Zidane. Todolos nosos xogadores sempre foron participes das mellores xogadas de algún dos moitos torneos disputados. noso é o xogador que marcou unha época como foi Zidane, e de seguro que volverá a marcala; nosos son os trofeos mais prestixiosos da LNB como é o Palán de Ouro; noso é o primeiro campión da Superliga de Billarda, David pasará a historia dos anais da billarda; e noso foi o primeiro título por equipos da primeira Superliga de billarda. Polo cal como este equipo creemos que xa marcou unha época DECIDIMOS:
DAR POR FINALIZADA A EXISTENCIA DO EQUIPO "OS PETAPOUCO" NA COMPETICIÓN DE BILLARDA LNB, DISOLVENDO DEFINITIVAMENTE O EQUIPO PARA TODALAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS. Dámoslle as gracias a todolos equipos pertencentes a gran familia da A.C.D. O Varal e mais a LNB.

O Zidane da billarda e os seus compañeiros decidiron , nunha sorprendente decisión ,por fin á histórica franquicia de Barreiros./blogger/' target='ext'>Posted by Picasa

quarta-feira, abril 05, 2006

O DESAFÍO ASTUR!!

TELE-VARAL cruzou a ponte dos Santos e transladose ate o Bar Timo de Avilés , sede da selección Asturiana e lugar de reunión de afeccionado e palanadores do país veciño. TELE-VARAL organizou unha festa de irmandade con afecionados e palanadores para tentar palpar de primeira man como se está a viver en terras astures o inminente enfrontamento internacional coa Galiza . o reporteiro de TELE-VARAL fala con Viña e Tonín dous astros do palán asturiano que despois de comer o polbo galego e queixo cabrales empapado en coñac desafían á selección galega de billarda. Preme no título para coñecer de preto o espectacular ambiente co que a auténtica se vai topar no seu histórico debú intercional!!

O Bar Timo acolleu unha espectacular festa preludio do choque internacional Asturies -Galiza.O reporteiro de TELE-VARAL situado ó carón de Xosé , motor e palanador a ter moi en conta da Selección Astur, sosten un exquisito cacho de cabrales empapado en coñac unha das armas segredas coa que o combinado do país veciño quere desestabilizar o empuxe Galego. Posted by Picasa

segunda-feira, abril 03, 2006

TOUCIÑO VS VELOCIDADE!!

As verbas do representante da LNB e do seleccionador Galego de Billarda sitúan o posible debú da Auténtica en terras Astures. Xunto con Marrocos e Cuba a selección Astur que conta con palanadores e palanadoras destacados militando en Franquicias galegas da *SUPERLIGA* son os paises cos que a LNB ten contactos serios para formalizar un primeiro choque. O velódromo de Avilés postúlase como o marco adecuado para o explosivo debú e pola impresionate resposta popular producida despois do anuncio diste choque no programa da nosa madriñas “as quimbambas” da rg poida que sexan varias as guaguas que saian de distintos puntos do país para apoiar á selección galega de billarda , atentos á pantalla porque xa se barallan datas de xunio ou xullo.

O velódromo de Avilés vai acoller moi probabelmente o debú da auténtica , nunca antes o touciño e a velocidade tiveron tan cerca!! Posted by Picasa