O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 29, 2017

BAIXO O ARCO DA VELLA COMPOSTELÁ MARKITOS DE BILLARDEIROS MUSICAIS....COROCEIR@ NACIONAL_2017!!

















DESPOIS DUNHA NOVA XORNADA HISTÓRICA NO ESTADIO DO FÁTIMA , A COROZA MÁIS UNHA VEZ E XA VAN TRES , BUSCOU E ATOPOU COMA UN LOBO ATOPA A LEBRE NO MONTE XEADO O CORPO E IALMA DE MARKYTOS , O GRAN PALANADOR DOS BILLARDEIROS MUSICAIS RECIBÍU NO LUSCO E FUSCO ADORNADO CUN ESPECTACULAR ARCO DA VELLA  DE MANS SEU COMPAÑEIRO DE CONFERENCIA CHOUSA A COROZA QUE O ACREDITA COMA GRAN COROCEIR@ NACIONAL_2017!!

















UNHA COROZA CONSEGUIDA A FERRO E LUME NUNHA FINAL DAS QUE FAN AFECCIÓN E DEIXA PEGADA NO SUBCONSCIENTE COLECTIVO DE TODA A SERPE MULTICOR DA LNB NA QUE O DOS BILLARDEIROS MUSICAIS DESPREGOU TODO O SEU PODERÍO PARA  NEUTRALIZAR OS EMBITES DUN EMBRAVECIDO DANI RINO QUE SE COROOU SEGUNDO CLASIFICADO E DE CHARLY DOS CARABULLO QUE EN NENGUNHA DAS TRES CARREIRAS DA FINAL ATOPOU O VIEIRO QUE O GUIARA CARA A ISE OLIMPO DOS TRES ELEXIDOS.. BILLARDA SEMPRE , NORABOA MARKYTOS COROCEIR@ NACIONAL_2017!! 

2 Comments:

Postar um comentário

<< Home