O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, abril 30, 2016

ARA ES L.´HORA ...COMEZA A CONTA ATRÁS CARA A BRUTAL TEMPESTADE DE CUNCAS NO XERRO DO SALNÉS 2016!!













A pasada edicion do Xerro do Salnés tivo que celebrarse baixo o teito do pavillón municiapal de Xil por mor dunha brutal tempestade de chuvia , viño e licor café que acariñaba a terra e os nosos corazóne e paláns sedentos de furanchos e emocións fortes!! - A serpe multicor da LNB deixou tal semente de bravura na pista de xogo que uns meses máis tarde un vendabal chegou para vingar a todos aqueles palanadores e palanadoras que prefiren pase o que pase o billarda a ceo Aberto e arrincou o teito do pavillón quedando inutilizado para todo tipo de eventos deportivos.





















E cos motores da Guaugua da LNB rumbando  xa nas terras da Conf. Mae para iste vindeiro sábado 7 de maio para arrincar ás 8 da mañá dende Ribadeo cara Xil , os activistas da Conf. Sur preparan tamén o corpo e os paláns para resistir a tempestade nas Cuncas de Xil co gran Aberto diste sábado no campo da Estacada de Bueu...Billarda Sempre e o que non estexa colocado que se coloque!! 

segunda-feira, abril 25, 2016

RUMBO Á MECA DA CROA DO CASTRO E DOS FURANCHOS DE XIL!!
















Espectacular imaxe a perpedtrada durante a presentacion á prensa do gran Aberto da Croa do Castro de Malpica no que os activista da Conferencia Noroeste conflúen coa entidade deportivo-cultural do concello para iste próximo domingo 8 de Maio converter iste brutal enclave da Costa da Morte na Meca da Billarda galega e internacional.



















Un Aberto da Croa do Castro que será un día despois da celebracion do gran encontro entre o Norte e o Sul no mítico marco do Xerro do Salnés, Durante a vibrante desputa do explosivo Aberto do Pol iste pasado sábado xa se sentiron os motores da guagua rumbar preparando o despegue diste vindeiro sábado 7 de maio cara á perigosa  xungla de furanchos e cuncas de Xil .



















Un triunfo do pobo e da serpe multicor da LNB que non se confía un pelo disa miserábel podredume que habita nas institucions e que aproveitará claquera floxedade para golpexarnos polas costas ...nen un paso atrás nen para coller impulso ,  na Terra Chá  Mina Nom , Bilharda Sim!!

sábado, abril 23, 2016

A CEO E A PEITO ABERTO EN POL E EN TODO O UNIVERSO LNB!!




















Despois do pó de estrelas que deixou o Billarda All Stars_16 a gran serpe multicor da Norleste retorna ó campo de Mosteiro para desputa do penuntimo aberto puntuábel da conferencia mae. A cita iste sábado apartires das 15:30 na zoa cero billardeira do concello de Pol.




















Un día o sábado no que os activistas da Conf. Noroeste estarán cos paláns en modo off pero coas billardas fungando nos seus petos xa que será o día no que apresenten á prensa o explosivo vindeiro Aberto de Malpica que promete ser un gran golpe riba da mesa no corazón da costa da morte. Unhas xestions coa ollada no horizonde que ó igual que os dos Noroeste tamén están executando o resto de confluencias para executar o vindeiro 7 de maio o xerro do Salnés e o 29 de Maio o Play Off Nacional 2016..Billarda Sempre , Adiante co varal!!

quinta-feira, abril 21, 2016

O´ZIDANE E UN EXERCITO DE PIONEIR@S ARTELLAN UNIRSE Á CELEBRACIÓN DO DÉCIMO ANIVERSARIO DA LNB!!


















O lume que arde no facebook ofical do varal espállase en tódolos frontes para celebrar de xeito autoxestionado os 10 anos de actividade e hiperenxebrismo da LNB , en exclusiva mundial adiantamos unha das fichas que van aparecer no celebrado espazo EstrelasLNB , trátase do mítico Zidane da Billarda cuxa carreira billardeira corre sempre en paralelo do actual adestrador do real mandril , posto que se está cocendo que na desputa do torneo parroquial do año mouro do décimo aniversario da LNB se xunten no gran teatro dos soños de Celeiro de Mariñaos todos os palandores e palandoras Pioneir@s cos actuais activistas LNB . Petapoucos Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, abril 15, 2016

O MOUCHO DA LNB PENEIRA A NOITE RUMBO A POIO E Ó CHORIS ( CARBALLO )

















Sobrevoando o infermo fiscal no que o comun dos palanadores e palanadoras habitamos , o moucho da LNB dirixese cara ises oasis de libertadade e dignidade que son as pistas de billarda , porque como cantaban os Ex-Tension Agraria , no esterco nacen as mellores flores!!



















Con gafas de sol o Moucho da LNB achegarase a iso das 16:30 á pista de xogo de Poio donde os activistas da Conf. RíasBaixas desputarán unha nova enganchada regular....



















E a fume de carozo partirá o sábado dende Poio cara Carballo o Moucho da LNB para á mañanciña do domingo tomar un café polo camiño e chegar fresco para dende as 11 da mañá compartir coa tribo da NorOeste unha xornada máis de billarda e loita na mítica pista do Choris de Carballo  - Sapos , curuxas , mouchos e bruxas ,  Billarda Sempre!!

segunda-feira, abril 04, 2016

NUNHA MAN O PALÁN E NOUTRA O ROTUDOR ARRINCA A CONTA ATRÁS PARA O EXPLOSIVO CONCURSO INTERNACIONAL DESEÑA A CAMISETA DA LNB!!
















Levemos moito tempo tentando convencer ás marcar de camisetas propias do país para  que se animaran a facer un deseño de camiserta específico billardeiro, nengunha delas se atreveou ou considerou oprotuno apostar por deseñar pelaxe para a gran e indomábel serpe multicor da LNB, é por elo, que chegados a iste punto , o ano do décimo aniversario , a Liga Nacional de Billarda dá un novo puñetaxo riba da mesa e pon en marcha o seu propio e explosico concurso internacional de ´Deseña a camiseta de verán da LNB¨ .
























A LNB está de aniversario, e como non se cumpren 10 anos todos os días vamos a celebralo por todo o alto durante este 2016. Para empezar imos facer un CONCURSO de Deseño para as camisetas de verán da LNB, que se desenrolará durante abril e maio, anunciando o deseño gañador na gran festa billardeira que son as Finais Nacionais de Compostela. Esperamos a vosa participación. As bases e aplicación para o concurso farase através da PAXINA: LIGA NACIONAL DE BILLARDA.  O PRAZO ESCOMENZA O VINDEIRO VENRES - Esfola os miolos ‪#‎FaioLogodaCamisetaLNB

domingo, abril 03, 2016

QUEIMAR ...E DESPOIS LER, XOGAR E ENCHERSE!!














A celebración dos 66 varados do gran Camiña no gran Aberto do Río Umia estivo acompañada pola presenza na pista de todas as estrelas do universo RíasBaixas , incluida a presenza do especialista na especialidade e artista multicisciplinas Luis Pirucha que nun break da súa frenética actividade promocional do deu ultimo libro ¨Ministerio de Literatura¨ acompañou co seu palán e a súa billarda un novo esturido billardeiro na súa conferencia de referencia.




















E simultáneo ó xostregazos en Ribadumia a tribo da Conf, NorLeste dirixía os seus varados cara o Varal instalado na pista exterior do Ceip da Pastoriza para a desputa dunha nova edición do Aberto da Bola de Liscos.

















Queimar e despois ler , isa é unha das máximas que está exprimindo Pirucha na súa xira promocional do ¨ Ministerio de Literatura¨ , chegar e despois vencer é a máxima que utilizaron os aslatadores do podium sobre o Río Umia nun Aberto maxistralmente xestionado polos Casilledin.














Chegar , bicar a bola de liscos e despois festa!! foi a máxima do colectivo indíxena que decidíu celebrar por todo o alto o exitazo de xente e emocions compartidas no gran aberto das Terras da Pastoriza , coordianado polos referenciais Cruzad@s , os palanadores dos Billardeiros Musicais transladaron o seu rodillo dende Ribadeo ó campo de Ceip chairego o seu rodillo que de vez en cando pasan polas diferentes pistas da Conferencia Mae. Daniel situouse no máis alto dun podium no que dun lado tiña á xove gran estrela fichada en estranas circurtancias polos Billardeiros , Rubén , e polo outro á todo poderosa Geni , sobre decir que en equipas tamén temberon se partiron entre eles a espectacular bola de liscos.

sábado, abril 02, 2016

ISTE SÁBADO O KOALA DE PALLEIRO DE ORDES CHIMPARÁ DA BOLA DE LISCOS DA PASTORIZA ÁS AUGAS BRAVAS DO RÍO UMIA!!


















Coas zinzas do Ministerio de Literatura sobrevoando aínda as leiras do Concello de Pol a gran serpe multicor da LNB da Conf. Norleste regrasa á máxica terra cha para escoitar o cando do carro e ó mesmo tempo desputar unha nova enganchada regular que apartires das 15'30 h. citará na pista exterior do Ceip da Pastoriza a toda a indomábel tribo da billardeira do norte galego para coma o aloitar coma aloitadores no curro pola consecucion da crin do espectacular Bola de Liscos dos referenciais Cruzad@s...



















Un desporto , a billarda , e uns animais , as bestas bravas , que xuntos forman a coordenada máis indíxena e que ó contrario que acontece cos medios galegos abrazan a suposta presenza por mor de supostos abistamentos de Koalas habitando entre os eucapitos de Ordes . Os Koalas ó igual que os primeiros cans que se asentaron na galiza para xerar a posteriori o can de palleiro , non son unha especie invasora , senón que son uns outros refuxiados que atoparon sen pensalo nos montes do país un espazo proprio para o seu desenrolo vital . Billarda e Koalas de Palleiro , unha aliande do presente máis rabioso para conquistarmos o futuro!!





E mentras o Koala de Palleiro conquista as terras da Conf. NorOeste , a tribo da Conf. RíasBaixas dáse cita tamén iste sábado no campo de futbol de Leiro para apartires das 15´30 h. desputar o xa mítico e de seguro multitudinario Gran Aberto do Río Umia ... Koala de Palleiro Sempre , Adiante co Varal!!