O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 31, 2016

A ILLA DE AROUSA ACOLLE CUN MULTITUDINARIO ABERTO Á GRAN SERPE MULTICOR DAS RÍASBAIXAS!!
















Tarde a do sábado 29 N na que as cachizas e billardas afogadas da Conf, RíasBaixas invadían o espectacular campo do Bao da Illa de Arousa.
















unha fin de semana na que confluiron o Aberto do ferro da Pontenova e iste multitudinario evento billardeiro na Illa de Arousa que confirman que a billarda é un fenómeno socio-deportivo único e de dimensións estratosféricas no páis enteiro

















Varados que consolidan a Conf. RiasBaixas coma referente absoluto no hemisferio sul billardeiro

















E o máxico lusco e fusco da Illa de Arousa corou o espectacular trio de Luises no podium da LNB , Pirucha no máis alto, seguido de Camiña e no terceiro posto Luis Rinoceronte...Billarda Sempre , #FaitedaLNB!!   

domingo, outubro 30, 2016

NAVALLADA DE COLLAZO NA PRAZA DOS FORNOS NO ABERTO QUE MARCOU O RECORD ABSOLUTO DE INSCRIT@S NA NORLESTE!!


















Unha victoria que condensa unha brutal vinganza , a de toda a Conf. Noroeste, que aberto tras aberto soporta a presión da élite billardeira que dende a NorLeste se despraza ós torneos da beira atlantica para conquistar asalto tras asalto os premios , mais iste sábado na Pontonva no mítico Aberto do Ferro o palán e a billarda do Comandante Collazo chegaron á praza dos fornos para navalla en man mandar parar.


















No 1968 os fornos da Pontenova deixaron de funcionar mais a súa mera presenza impresionan , e se a iso lle sumas diante dos mesmos preto dun cento de participantes inscritos no Aberto do Ferro , a conxuncion desporto , terra  e identidade colle a dimension brutal que dende a súa a orixe a LNB quere sobredimensionar...


















Unha conxuncion de elementos que lle confirma á Conferencia Mae que está a percorrer a senda correcta , novas franquicias , novos palanadores e palanadores se unen á serpe multicor da LNB na procura de acougo e amplificacion das súas inquedanzas anti-sociais e deportivas.



















Record absoluto de inscripcion nun aberto da Norleste que abriga urxentemente a tentar artellar instrumentos de axilidade no desenrolo do xogo , xa que se logramos reunir a 70 palandores e palanadoras sedentos de billarda nun terreo de xogo o que temos que facer é como sexa axilizar e dinamizar a execucion das carreiras para non eternizar os abertos e que os xogadores queiran voltar con gañas e que traian a máis potenciais billarders


















Con Collazo e Lola de ExTension Billarda coroando un espectacular podium da Praza dos Fornos
 coma campións Absoluto e Feminina respeitivamente confirmase a rebelión indíxena desatada en Outeiro por Regueiro , seguida na Cadeira polo referencial Milio dos Remourlle Bulls e rematada con iste maxistral hat trick anti-imperialista executado na Pontenova polo Risto Stoichkov da LNB chamado Xose Collazo de Campo da Feira...Billarda Sempre, #FaitedaLNB!!

quarta-feira, outubro 26, 2016

AS BILLARDAS PIDEN NOCES E AS NOCES QUEREN BILLARDA!!


















No Aberto das Noces , Chousa , O gran Coroceiro Nacional impuxo a súa lei no espectacular campo de xogo de Castroverde no marco no que os activistas da Chave das Noces celebraban o seu primeiro aniversario de activade contracultal e autoxestionada.


















E ó día seguinte a conferencia noroeste desputaban o seu segundo asalto regular no que daniel de Billardeiros Musicais asaltou o podium da Laracha














Dende o campo de terra de Castroverde os activistas da Chave das Noces envíannos istas espectacular imaxe e un microcrónico do gran evento billardeiro que reuniíu en Castroverde a moitas das estrelas-Top da Conf. Norleste :

Fomos un total de 25 participantes no aberto, que se iniciou as 17:00 e 
rematou preto das 20:00 (xa case as escuras) na que os postos de podio 
foron os seguintes:

1º.-Chousa.

2º.-Ismael.

3º.-Jorge Galdo

4ª.-Manu Polka.















As Billardas piden Noces , e as Noces queren  Billarda ...Benvido Castroverde ó universo insulxente da LNB!!

sábado, outubro 22, 2016

CASTRO-VERDE CONFIRMA A SÚA ENTRADA NO PERIGOSO UNIVERSO LNB COA CELEBRACIÓN DO GRAN ABERTO DA CHAVE DAS NOCES!!

Iste sábado en CastroVerde racha as cadeas e as noces na brutal festa do 1º aniversario do C.S A chave das noces...haberá komando da LNB Norleste apadriñando o histórico evento!!

E ó mencer vermello do día seguinte , o domingo 23 de Outubro, os vasos comunicantes entre CastroVerde e Laracha  estourarán no Pavillán da Xarmaña en Caion coa desputa apartires das 11 h dunha nova engancha na referencial Conf. NorOeste.... Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

domingo, outubro 16, 2016

NO ALTO DA CADEIRA ....COS PALÁNS E AS BILLARDAS PETANDO ÁS PORTAS DO CEO!!















A gran controversia distes días e de toda a eterniadade  será asumir que un nome coma o de Bob Dylan , o de Cela e o de moitos màis miserábeis estarán unidos pola merda dun premio nobel . Mais tod@s sabemos que o mapa , a chave  e o palán só nos pertencen á LNB e a toda a tribo billardeira que coma os irmáns da Chave das Noces de CastroVerde queren abrir fenda e para elo acudiron á chamada da sacabeira para na Cadeira selar con sangue e varados a súa total implicación coa resistencia Billardeira - Flores coma seleccionador nacional e Alvariño coma gran capitán da Auténtica  exerceron de Padriños niste brutal bautismo billardeiro dos activistas da Chave das Noces.



















A tarde abríase soleada pero moi pronto se tornaba en tempestade de varados e chuzos de punta



















A Sacabeira , ise invertebrado de sangue fría e veleno en cada dente artellou un espectacular marco de xogo fronte á mítica capela do San Marcos e coma colofón do gran evento de exlatacion indíxena uns espectaculares trofeos en releve que invitaban á



















Nen chuvia nen a amiaza da noite botaron para atrás a máis de medio cento de palanadores e palanadoras que coma uns Rubin Carter da apocalipse asaltaron sen medo o ring da Cadeira




















Un asalto que leva a outro polo que para non afrouxar a corda antes do combate a morte na praza dos fornos da Pontenova , os activistas da Chave das Noces apresentaron no Palco da Cadeira o gran Aberto de Billarda no marco das actividades do seu primeiro aniversario para o cal xa hai varios comandos activados dende a Conf. Mae



















Con Milio dos Bulls coma campión absoluto e Markitos e Jorge coma segundo e terceiro respectivamete cerrouse unha gran xornada de billarda e emocións compatidas que catapultou novamente a Billardeiros Musicais coma campións por equipas . O arco da vella multicor  que se está a impor nos podiums da competicion individual na NorLeste  resístese na clasificacions por equipas donde os de Ribadeo impoñen o seu total poderío .....ate cando manterán a súa hexemonía? - Cadeira Sempre , Adiant e co Varal!!

A CADEIRA CONSAGRA A MILIO DOS REMOURELLE BULLS COMA UN DOS PALANADORES-TOP DA LNB!!


















Milio , o mítico palanador dos Remourelle Bulls , gaña o seu primeiro Aberto da LNB e faino arrasando coa forza dun garañon salvaxe no monte da Cadeira. Adicou o seu título a Muriego e a todos os Bulls do universo enteiro....Noraboa Campión!!

quarta-feira, outubro 12, 2016

O AGROMAR DA BILLARDA , A ESPECTACULAR FITA DE QUINTEIRO DO UMIA QUE INCITA Ó ANTI-NODO NO NUMAX E EN TODOS O CINEMAS GALEGOS!!



A espectacular irrupcion en Compostela dunha proposta tan necesaria e podeoros como a dos cines Numax cunha programacion centrada naproduccion audiovisual independente internacional poderia ser incluso amplificada coa programación de Anti-Nodos antes de cada pase de brutais  xoias do etno-cinema galego coma a facturada polos irmáns do Fervediro de Cuntis baixo o selo de Quinteiro do Umia . O agromar da Billarda , extremecedor documeto filmado durante a celebracion do mítico Aberto de Cuntis , sitúa  a Xose Collazo , o gran palanador de Feira do Monte , no centro da diana para narrar maxistralmente o transito billardeiro dende a idade media ate os nosos días .


Con ista maxistal fita e coa espectacular faixa-LNB que os activistas da Noroeste estrearon en Culleredo , a LNB intensifica a súa actividade a prol da autoxestion billardeira publicitando , adoutrinando , enaltecendo o seu ideario e incitando á organizacion de Abertos por todos os recunchos do país coma o xa confirmado Aberto do primeiro aniversario do C.S Chave das Noces de Castroverde para o vindeiro 22 de Outubro. 

sábado, outubro 08, 2016

A CONF. NOROESTE "MARCA TERRITORIO" COA ESTREA DA ESPECTACULAR FAIXA - LNB EN CULLEREDO!!


















Caeron os dous  Martiño e Collazo na boca dun deus tenebroso que rise amosando os seus dentes de aceiro , Caeron os dous Martiño , Collazo e toda a Conf, Noroeste perseguindo a luz cegadora que emana da espectacular faixa LNB que @s abotixes atlanticos estraran en Culleredo para alumear o gran varado indíxena e librarador predestinado a guiar cara a liberdade ó desnortado pobo galego ...

Madrugada voltando para a casa pode que atopes no parque de Acea da Ama de Culleredo á podeora tribo da Noroeste celebrando o inicio da tempada regular , non o botes a cara ou cruz colle un palán pola cara e non deixes que a cousa perda cor , porque na billarda coma na vida as cousas non se poden pensar dúas veces...Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, outubro 03, 2016

ESTAMPIDA BILLARDEIRA EN PONTE DE OUTEIRO AO SOAREN OS DISPAROS DE SAÍDA!!


















Recesos en Ferraz mentras na Ponte de Outeiro as famentas billardas da Conferencia Mae rachaban o xeo coma o eixo do carro  esnaquiza o silencio para anunciar a brutal envestida dun indomábel boi da chega chamado LNB..



















A tension cortábase a coiteiladas nos intres previos ó incio da gran competición regular , olladas amiazantes entre os palanadores e palanadoras das diferentes franquicias sabedores de que cando a primeira billarda comezase a bruar sobre o espectacular campo de herba de Outeiro todo o noso horizonte ía trocar ...



















Cos fornos da Pontenova a punto de alumear , por desgeaza non para queimar o ferro que despois transportaba a Chocolateira cara ó cargadeairo de Ribadeo e coas potas ó lume en Lourenzá cocendo as fabas autóctonas ...as billardas da LNB desafiaron unha vez máis a axenda diste gran parque temático chamado "Galicia" para consolidar a súa poderosa alternativa de supervivencia indíxena.



















Unha brutal alternativa totalmente autoxestionada que  xa leva 10 anos de competicion regular e cuxas camisetas conmemorativas  locen orgullos@s os palanadores e palanadoras da LNB como se puidos comprobar na Ponte de Outeiro e nas rúas das vilas , cidades e aldeias do páis enteiro..



















E como a gusa non para as pistas da LNB paralelamente as xostregasdas se converte tamén en plataforma para á distribucion de material tóxico e contracultual , na Ponte de Outeiro as espectaculares camisetas do grupo de trash-metal Meirego-burelense XIBA vendéronse coma churros e xa son unha das bandas que van estar si ou si no incendiario recopilatorio #RepublicaBillarda2 



















Por desgraza o director frances Mohamed Hamidi non coñecía Regueiro , o maxistral palanador das Troitas Bravas que arrasou niste primeiro aberto puntuábel da Ponte de Outeiro , porque de coñecelo de seguro que na súa exitosa road movie " A Vaca" faría unha referencia a iste labrego e palanador chairego...Billarda , Carabullos e Castaños Sempre , adiante co Varal!!