ESTAMPIDA BILLARDEIRA EN PONTE DE OUTEIRO AO SOAREN OS DISPAROS DE SAÍDA!!
Recesos en Ferraz mentras na Ponte de Outeiro as famentas billardas da Conferencia Mae rachaban o xeo coma o eixo do carro esnaquiza o silencio para anunciar a brutal envestida dun indomábel boi da chega chamado LNB..
A tension cortábase a coiteiladas nos intres previos ó incio da gran competición regular , olladas amiazantes entre os palanadores e palanadoras das diferentes franquicias sabedores de que cando a primeira billarda comezase a bruar sobre o espectacular campo de herba de Outeiro todo o noso horizonte ía trocar ...
Cos fornos da Pontenova a punto de alumear , por desgeaza non para queimar o ferro que despois transportaba a Chocolateira cara ó cargadeairo de Ribadeo e coas potas ó lume en Lourenzá cocendo as fabas autóctonas ...as billardas da LNB desafiaron unha vez máis a axenda diste gran parque temático chamado "Galicia" para consolidar a súa poderosa alternativa de supervivencia indíxena.
Unha brutal alternativa totalmente autoxestionada que xa leva 10 anos de competicion regular e cuxas camisetas conmemorativas locen orgullos@s os palanadores e palanadoras da LNB como se puidos comprobar na Ponte de Outeiro e nas rúas das vilas , cidades e aldeias do páis enteiro..
E como a gusa non para as pistas da LNB paralelamente as xostregasdas se converte tamén en plataforma para á distribucion de material tóxico e contracultual , na Ponte de Outeiro as espectaculares camisetas do grupo de trash-metal Meirego-burelense XIBA vendéronse coma churros e xa son unha das bandas que van estar si ou si no incendiario recopilatorio #RepublicaBillarda2
Por desgraza o director frances Mohamed Hamidi non coñecía Regueiro , o maxistral palanador das Troitas Bravas que arrasou niste primeiro aberto puntuábel da Ponte de Outeiro , porque de coñecelo de seguro que na súa exitosa road movie " A Vaca" faría unha referencia a iste labrego e palanador chairego...Billarda , Carabullos e Castaños Sempre , adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home