NO ALTO DA CADEIRA ....COS PALÁNS E AS BILLARDAS PETANDO ÁS PORTAS DO CEO!!
A gran controversia distes días e de toda a eterniadade será asumir que un nome coma o de Bob Dylan , o de Cela e o de moitos màis miserábeis estarán unidos pola merda dun premio nobel . Mais tod@s sabemos que o mapa , a chave e o palán só nos pertencen á LNB e a toda a tribo billardeira que coma os irmáns da Chave das Noces de CastroVerde queren abrir fenda e para elo acudiron á chamada da sacabeira para na Cadeira selar con sangue e varados a súa total implicación coa resistencia Billardeira - Flores coma seleccionador nacional e Alvariño coma gran capitán da Auténtica exerceron de Padriños niste brutal bautismo billardeiro dos activistas da Chave das Noces.
A tarde abríase soleada pero moi pronto se tornaba en tempestade de varados e chuzos de punta
A Sacabeira , ise invertebrado de sangue fría e veleno en cada dente artellou un espectacular marco de xogo fronte á mítica capela do San Marcos e coma colofón do gran evento de exlatacion indíxena uns espectaculares trofeos en releve que invitaban á
Nen chuvia nen a amiaza da noite botaron para atrás a máis de medio cento de palanadores e palanadoras que coma uns Rubin Carter da apocalipse asaltaron sen medo o ring da Cadeira
Un asalto que leva a outro polo que para non afrouxar a corda antes do combate a morte na praza dos fornos da Pontenova , os activistas da Chave das Noces apresentaron no Palco da Cadeira o gran Aberto de Billarda no marco das actividades do seu primeiro aniversario para o cal xa hai varios comandos activados dende a Conf. Mae
Con Milio dos Bulls coma campión absoluto e Markitos e Jorge coma segundo e terceiro respectivamete cerrouse unha gran xornada de billarda e emocións compatidas que catapultou novamente a Billardeiros Musicais coma campións por equipas . O arco da vella multicor que se está a impor nos podiums da competicion individual na NorLeste resístese na clasificacions por equipas donde os de Ribadeo impoñen o seu total poderío .....ate cando manterán a súa hexemonía? - Cadeira Sempre , Adiant e co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home