A ILLA DE AROUSA ACOLLE CUN MULTITUDINARIO ABERTO Á GRAN SERPE MULTICOR DAS RÍASBAIXAS!!
Tarde a do sábado 29 N na que as cachizas e billardas afogadas da Conf, RíasBaixas invadían o espectacular campo do Bao da Illa de Arousa.
unha fin de semana na que confluiron o Aberto do ferro da Pontenova e iste multitudinario evento billardeiro na Illa de Arousa que confirman que a billarda é un fenómeno socio-deportivo único e de dimensións estratosféricas no páis enteiro
Varados que consolidan a Conf. RiasBaixas coma referente absoluto no hemisferio sul billardeiro
E o máxico lusco e fusco da Illa de Arousa corou o espectacular trio de Luises no podium da LNB , Pirucha no máis alto, seguido de Camiña e no terceiro posto Luis Rinoceronte...Billarda Sempre , #FaitedaLNB!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home