O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 30, 2016

NAVALLADA DE COLLAZO NA PRAZA DOS FORNOS NO ABERTO QUE MARCOU O RECORD ABSOLUTO DE INSCRIT@S NA NORLESTE!!


















Unha victoria que condensa unha brutal vinganza , a de toda a Conf. Noroeste, que aberto tras aberto soporta a presión da élite billardeira que dende a NorLeste se despraza ós torneos da beira atlantica para conquistar asalto tras asalto os premios , mais iste sábado na Pontonva no mítico Aberto do Ferro o palán e a billarda do Comandante Collazo chegaron á praza dos fornos para navalla en man mandar parar.


















No 1968 os fornos da Pontenova deixaron de funcionar mais a súa mera presenza impresionan , e se a iso lle sumas diante dos mesmos preto dun cento de participantes inscritos no Aberto do Ferro , a conxuncion desporto , terra  e identidade colle a dimension brutal que dende a súa a orixe a LNB quere sobredimensionar...


















Unha conxuncion de elementos que lle confirma á Conferencia Mae que está a percorrer a senda correcta , novas franquicias , novos palanadores e palanadores se unen á serpe multicor da LNB na procura de acougo e amplificacion das súas inquedanzas anti-sociais e deportivas.



















Record absoluto de inscripcion nun aberto da Norleste que abriga urxentemente a tentar artellar instrumentos de axilidade no desenrolo do xogo , xa que se logramos reunir a 70 palandores e palanadoras sedentos de billarda nun terreo de xogo o que temos que facer é como sexa axilizar e dinamizar a execucion das carreiras para non eternizar os abertos e que os xogadores queiran voltar con gañas e que traian a máis potenciais billarders


















Con Collazo e Lola de ExTension Billarda coroando un espectacular podium da Praza dos Fornos
 coma campións Absoluto e Feminina respeitivamente confirmase a rebelión indíxena desatada en Outeiro por Regueiro , seguida na Cadeira polo referencial Milio dos Remourlle Bulls e rematada con iste maxistral hat trick anti-imperialista executado na Pontenova polo Risto Stoichkov da LNB chamado Xose Collazo de Campo da Feira...Billarda Sempre, #FaitedaLNB!!