O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 30, 2015

CHANTADA BRÚA E CHEIRA A POBO SEN CAPAR!!













Iste sábado os irmáns Berri Txarrak e a LNB atoparanse en Chantada porque o tempo e billarda son o noso único polígrafo...todo demáis son putas caralladas!



















Mais serán varios os palanadores que segundo informan os rotativos de papel e dixitais  por desgraza non poderán estar no campo da feira vello de Chantada para inscribirse no Aberto , perigosas leituras nas pistas da LNB...




















e perigosos referentes deportivos e vitais coma o do Gardarrios .... transmuta , toxos á cañeira e adiante co varal!!

segunda-feira, outubro 26, 2015

NA GALIZA ALDRAXADA , NA BRETAÑA RESPEITADA E MUSEADA!!



















Cando Mafia Galega aterrou na Bretaña sobre o esceario do Liet International de Lorient xa se intuía que a gran e perigosa serpe multicor da LNB ía deixar o seu mortífero veleo na terra irmá , berce temén dunha importantísima civilizacion billardeira. Un feito histórico que istes días constatou insitu o gran palanador da Faisca e enviado especial de TeleVaral Pinto , acostumado como está a habitar terra hostil cando colle o palán na Galiza , con iste seu explosivo docu-fotocumemtal " Na Galiza aldraxada , na Bretaña respeitada e museada " fainos vibrar coas brutais imaxes do tramento respetuoso que os bretóns procesan ó desporto da billarda .













Raza e territorio alíanse en cada Varado e por extension nista espectacular catalogacion que Pinto nos amosa para que ás instutucion galegas lles caia unha vez a cara de vergoña. A billarda na Galiza por obra e graza da LNB escollega do museos coma a augas das dedas mais como está a acontecer coa exposicion itinerante de Cartaces " Fiestras da Liberdade" compre xa un espazo de referencia para o estudo e análise do fenómeno billardeiro dende o incio dos tempos ate os nosos días.













Niste seu enttrar e saír do gran labirinto bretón billardeiro Pinto vai seixando as pegadas da LNB, farangullas precias que cada palanaodor e palanadora lanxa contra o varal coma gotas de likor café en cada Aberto de billarda

















Mais o percorrido pola gran espiral billardeira que azoutou o universo billardeiro ista find, tivo ademáis de a Bretaña con Pinto coma catalizador a Iván de PenaVerde e toda a súa equipa indíxena como protagonistas absolutos no multitudinario Aberto da Pontenova . Iván aborixe de Cuenca lucíu orgulloso as cores da súa terra mae para recoller no podoim a espectaculares navalla que o acredita coma campión absoluto ó carón do Troita Brava Regueiro e do Billardeiro Musical Daniel.


















E Daniel coa navalla no peto coma tercieiro clasificado na Pontenova liderando un Komando Billardeiro partía na mañá do domingo cara á laracha disposto a asaltar armado co ferro e o palán a espectacular pista na que se celebrou o novo Aberto puntuábel da NorOeste . Un Aberto o de Laracha calificado por algún palanador chegado dende o Sul coma unha auténtica ONU , xa que había participacion de todas as conferencias incluida representacion da Centro que se achegou á Laracha para coller impulso coa brisa do atlantico piscina. A terra e o mar pide billarda e os activistas da Noroeste fiseron caso ao berro xordo dos toxos e das olas . Dende a Cochikeira Berdillo arrassou con todas as esperanzas do resto do competidores convertendose no gran campión absoluto custodiado no podiun polo Comandante Collazo e a palanadora de Corredoiras LU... #faitedaLNB , Non imos parar ata xogar en todas partes!!!

sexta-feira, outubro 23, 2015

FERRO NA PONTENOVA E XARMAÑA NA LARACHA!!




















Chega a find. e na Pontenova afían as navallas porque unha edicíon máis chega a serpe multicor á espectacular Praza dos Fornos da Pontenova donde a Conf. Mae ten dictado a súa fraticida quedada para a desputa do terceiro dos Abertos puntuábeis da súa xeira regular...





















A mesma sensacion se masculla entre os activistas da NorOeste que iste domingo acudirán en sesion de mañá ó Pavillón de Xarmaña para a desputa dunha nova enganchada regular niste referencial conferencai atlántica...

quinta-feira, outubro 22, 2015

FIESTRAS DA LIBERDADE

















Unha casa e un desporto sen recebar ...a deconstruccion maximalista do hábitat e do seu sustrato socio-motriz confúen de xeito natural en cada Aberto de Billarda e en cada solucion habitacional de caracter urxernte na galiza ou en carquer parte do mundo . Non é un casual que fose un palanador , David Fontal , o mítico activista dos Filloas de Sangue quen formara parte da equipa de tres que puxeron en marcha o referencial documental Feismo?

















Feismos? Unha fiestra aberta no que é tan impostente o que se ve ou se ule ao que non se ve ne ule atraveso dos aramios dos somieres , un explosivo e expansivo artefecto documental que conecta á perfección coa filosofía da incendiaria Exposicion Itinerante da LNB - FIESTRAS DA LIBERTADE " 10 anos de actividade e hiperenxebrismo" . Unha recopilacion de cartaces e estalos que se aprentou no espectacular marco do palco de cemento da Cadeira durante a desputa do Aberto da Pita do Monte da Norleste e que se prepara para percorrer todo tipo de espazos indíxenas e alternativos de toda a Galiza e do mundo enteiro / Fiestras da Libertade >>  ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 16, 2015

A CHAVE DAS NOCES EN CASTROVERDE , A PITA DO MONTE NA CADEIRA...E O ALATO DE MARIN POLA TRIBO DA SUL!!


















Espectacular cartaz para anuciar a gran festa de inauguración da Chave das Noces , o centro social situado en Castroverde que de seguro fará resoar na boca dos veciñ@s o mítico dito de máis raro ca un can verde para definir á fauna que se pasará polo Aberto de billarda que apartires das 11 h rachará o xeo e as noces para abrir un programa que traerá festa e emocións fortes ate ben entrada a madrugada..













E un pouco máis tarde e un pouco máis ó norte no concello de Trabada a iso das 15 h. a conferencia Norleste toranraá por segundo ano consecutivo á mitica pista do monte da Cadeira para estourar en plenitude brutal coa forza e vitalidade da pita do monto nunha nova enganchada da súa xeira regular..

















e tirando para o sur , na pista do colexio San Narciso de Marín a conferencia sur asalta un dos escerarios que comparten a Sur e as RíasBaixas , terra de ningures pois para un novo aberto puntuábel da conferencia maís dabaixo ate que no Toxo Verde comecen a coller o paláns e descorchar as manzanillas...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, outubro 09, 2015

MAZÁS E SIDRA AUTÓCTONA EN MARIN , CUBALIBRES E BILLARDA-BIERZO NO H3 DE PONFERRADA E PITU CALEYA E SIDRA ASTURIANA NAS PANTALLAS DA TPA!!

















Arrinca a referencial Conferencia Sur e faino iste sábado reivindicándose a si mesma en Marín e ó poder da foita autóctona e prohibida . Apartires das 16´30 h, a pista de Santo Tomé de Piñeiro será invadida polo arrecendo da sidra e os vermes sairán das mazás co palán na man na procura do Varal Homicida...espectacular o video estalo co que os activistas do mítico tele-varal-sur voltan xunguir a cámara e o palán para anunciar ó mundo o tan desexado fin da tregua...





















E tan só unha media hora despois de que as mazás e os activistas da conf. sur comecen  a bruar en Marín , no centro cívico Dehesas de Ponferrada a poderosa tribo dos TioMigui Boys&Girls daranse cita para a desputa dun novo gran Aberto coordinado polo Bar H3  que remate coa agonía brutal de toda o comuindade billardeira do Bierzo...














Non hai tregua a unha e outra banda das fronteiras que sinalan as cartografías imposíbeis ,  por terra , mar e aire as billardas rachan as cadeas e aramios de espiños como fixo Alvariño en Outeiro e cólanse nas pantallas acompañando aos nosos irmáns da tibo liriu no espectacular reportaxe que iste domingo apartires das 15 h. se emitirá no referencial programa La Bolera da TPA asturiana gravado na última edición do M0ítico Pitu caleya de Piarnu ....Pitu , Liriu e Hevia Sempre , Adiante co Varal!!

terça-feira, outubro 06, 2015

ALVARIÑO , O IBRAHIMOVIC DA LNB , REVÉLASE COMA AXENTE CEIVE E PRANTA DE PEXEGUEIROS TODO O CAMPO DE OUTEIRO!!

















Moito tes que saber para cogumelos comer , así estoura o refreaneiro galego que serve para ilustrar á èrfecccion sabiduría inmensa dos activistas de Carabullo , a equipa e referente social de Outeiro ( Muimenta )  que coordiandon maxistralmente o desxeo da actividade regular na conferencia mae...

















E fixérono unha vez máis cun brutal puñetazo en forma de trofeos riba da mesa , a cada edicion ademáis os cabullo acariñan aínda máis o risco e o perigo xa que ás espectaculares esculturas de madeira e aramio uniron unha gran cesta de productos locais para a equipa campiona do aberto que incluia uns espectaculares cogumelos que foron caer en mans dos Billardeiros Musicais , só queda pois esperar a ver se no proximo aberto na Cadeira , os de Ribadeo aparecen vivos e "coleando" ou se polo contrario os Carabullo utilizaron a táctica do embeleamento para rematar pola vía rápida co poderío billardeiro orixinario das beiras do Eo.



















Pase o que pase na LNB hai remedio para todo , e en Outeiro demostrouse con feitos de sobra , un aberto tan especial que ademais de servir para estrear as eliminarias por grupos servíu para estrear un novo e implacábel Campión Absoluto , dende as terras de Meira , Alvariño xa viña lambendo durante a pasada tempada os laureis do éxito mais coma o fume xun xaruto esvaecíase sempre no ultimo intre, mais en Outeiro , os astros , as cervexas e o ovo relado conxuráronse e Alvariño proclamouse maxistral campion do Aberto . E non quedoua cousa ahí , impresionante o seu discurso cando recolleu o trofeo , no que se reivindou coma palanador ceive sen equipa ainda e no que reivindicou  a filosofía de integracion e harmonia brutal da LNB .














Unha filosofía e harmonia brutal de accions que se espallou dende o palán do Ibrahimovic de Meira á pista de Culleredo donde os activistas da NorOeste desputaban o seu novo aberto puntuábel...


















e á praza do Mar de San Xenxo donde a tribo ds RíasBaixas celebrou a súa nova enganchada regular..

















Foi pois unha find. de lume e xeo no que a conferecia mae botou a andar e a ver agora quén a para ..porque como xa se sabe , o comer e rañar é todo empezar...Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

sexta-feira, outubro 02, 2015

ISTA FIND. CORRERÁ A SANGUE A REGOS DENDE OUTEIRO E CULLEREDO A SAN XENXO!!






















Os irmáns do Fervedoiro e moitos máis colectivos galegos a pasada find. se mergullaron nas bravas augas do país para limpar os nosos ríos facendo unha función que as institicion deberían ter feitas...clarexando pois unhas augas que ista find. como ilustra o espectacular estalo do gran Muriego , que unha vez máis troca o palán polo pincel para ilustrar o de seguro sanguendo inico da actividade regular na conferencia mae , unha cor a vermella-sangue que se vai espallar por todas as zoas de conflicto billardeiro ista find...






















Aramios de espiños electrificados serán os que a tribo da Conf. Norleste esnaquice con cadanseu golpexo no torneo apertura que dende as 15 h diste sábado tinxirá de vermello o espectacular verde do campo da festa de Outeiro ( Muimenta ) . Mais non só o bruar das billardas desafiarán o exterminio galego , na foliada posterior no lokal social dos Carabullo armarase tamén unha boa...






















E coa forza e o impulso acadado en Ponteceso a tribo da Noroeste afronta iste sábado en sesion de mañá o seu desafío billardeiro no complexo deportivo de Acea de Ama ,  alerta vermelle en Culleredo ....a LNB chega iste domingo pola mañá cedo!!



















E coa vila cada vez máis limpa de turistas a LNB afronta iste sábado en San Xenxo unha nova enganchada regular que de seguro axudará a purificar aínda máis se cabe o ar cos xostregazos dende as 16:30 h. na praza do Mar...Colle o Palán e adiante co Varal!!

quinta-feira, outubro 01, 2015

O FERVEDOIRO >> TROCANDO ANCEIOS EN REALIDADES E AS IDEAS EN FEITOS!!

















Sen presa para sen pausa , os irmáns do Fervedoiro de Cuntis xa van pola 5º edicion do seu xa mítico Aberto de Billarda que mistura ecoloxismo e desporto nacional para de xeito totalmente autoxestionado desafiaren en connivencia coa LNB as malditas dictauras que acurralan a moitos do colecctivos sociais es estado vexetativo na espera da subvencion divina, divina subvención....


















En sesion de mañá foron os pes quen sufriron a camuflaxe do plástico para habilitaren as mans na procura do lixo despositado nas augas do río que baña a máxica terra do albariños , imposíbel non recordar ise lóstrego sonoro disparado por un francotirador billardeiro titulado " Top model en Katiuscas "















Con paso firme e glamour salvaxe a tribo toda do fervedoiro e os experimentados activistas da LNB chegados dende a Laracha e Marin afiaron os dentes e despois do reconfortábel xantar e sobremesa bañada en licor de paixón dispuxéronde ó asalto da pista de xogo

















Para enmarcar unha vez máis o espectacular crónico guindado no web-blog oficial dos irmáns do fervedoiro , sumerxete como eles o fixeron no río para limpar o teu susconciente culpábel por poder ter compartido cos aborixes de Cuntis que coma Chori lle fixeron suar a superestrelas coma o á postre campión absoluto Camiña e Collazo ( segundo clasificado) ... Mais a quen carallo lle importa o podium?? Fervedoiro e a LNB >> o podium para tod@s e tod@s para o podium!!