O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 30, 2013

CUNTIS >> ISTE SÁBADO O FERVEDOIRO ACENDE O LUME DE BILLARDA NA TERRA DO UMIA!!



Iste sábado na área de Albariños , viste as roupas de camuflaxe rural, adósalles ás chapas de loita , afía a ollada e bota ise teu aturuxo aterrador co a se acende o indíxena que levas dentro. En Cuntis os irmáns do Fervedoiro un ano máis collen os paláns e bótanse ó monte, ponte en contacto para que o lume billardeiro prenda na terra do Umia!! >> 628.524.458 (Paulo) / ofervedoiro@hotmail.com

UN TABEIRÓN COMA PREMIO NA LNB ?? NON...UN ESPECTACULAR BONITO DE MÁIS DE 12 KG PARA RICHAR DE TROPA LIXEIRA NO ESTREO DA CONFERENCIA MAE EN BURELA!!



















Din que o xonralismo actual non se pode entender sen a redes sociais , pero menos se entende ainda a Billarda contemporaneoa sen o uso do Twitter , nista impactante imaxe podemos ver ó gran palanador de Tropa Lixeira Ricar comunicandose pola rede dos 140 caracteres co espectacular bonito sostido polo Al-Pachino da LNB , o actor e piloto profesional Kaskarilhas.


















Un aberto o que Burela co que se rachaba a botella de licor Café contra o batuxo da LNB NorLeste e que servía tamén de bautismo de sangue billardeiro para  anova franquicia LNB da Vila , Os  Xebr@s , a serpe multicor recibíu cos brazos Abertos ós xa considerdos coma os Anti-Cristos da LNB!!



















Aínda que era no peirao de Burela donde se ía realizar o Aberto os chuzos de punta e a maxistral xestion dos irmans de Buril e da LNB conduciron os nosos varados ó Pavillón do Colexio dos Castros.


















Unhas instalacions fenomenais que posibilidaban incluso que os palanadores e palanadoras como fixeron os  Xebr@s , puideran exercitarse nunha pista de adestramentos antes de entrar en competeición. Histórica imaxe duns dos palanadores de Xebra probando un golpexo con efecto greencore apoiado poloa máxia dixitadora e a intuición salvaxe do Komanadante.



















A pista da LNB en Burela converteuse nun auténtico palleiro de inquedanzas contra-culturais , impresionante imaxe distes dous creadores cuxo río Eo une e afoga os seus paláns e billardas da LNB nunha mesma loita contra unha Banda Escrita e Deseñada Establecida.



















A tension acumulada íase acumulando en cada golpexo , a tarde prometía con polémicas e impulsos contidos converteron o Pavillón dos Castros nun dos espazos xa referencias das estancias LNB da Conferencia NorLeste.



















E de Costa a Costa xa que a pé de pista un dos palanadaores de Gharabotos xestionaba a distancia a posíbel utilizacion do palán ó día seguinte nas inmediacions de Balaídos para conter ós embites feixistas dos siareiros de Elxe. Cremos moi axeitado por parte do irmáns Celtarras a utilizacion de material LNB coma arma de ataque mais igual os paláns os teñen que utilizar para racharlle de novo o tabique nasal a ise asturiano e toda a súa troupe de mercenarios que teñen sentados en sillóns de ouro lixando o banquiño celtiña.



















Un aberto multitudinario que dexou ás claras como as gasta a conferencia norleste , estreas por todo o alto coma a do palandor de Carabullo Santi , que xunto con Juan de Billardeiros Musicais ocuparon o terceiro e segundo posto respectivamente...

















nun pódium presidido polo gran palandor e twitteiro Richar dos Tropa Lixeira de Meira, brutal entrega de premios realizada polo noso selecionador nacional Flores que tivo que mover o ceo e a terra para que Richar abrazara o impresionante exemplar de máis de 12 kg de Bonito xestinado polos irmans de Buril . ö final o gran campión rematou con escamas pola cabeza e levando o peixe para a casa nunha bolsa doada polo planador da Ekipa Bítere Mondoñedo que estivo a piques de colarse na finalísima polo peixe mais a mala sorte foi a súa aliada nas dúas ultimas carreiras.











E se da alinzas en Burela se ten que falar a de Xebra , Buril e a LNB desembocou nun explosivo concerto de Punk Rock Indíxena no lusco e fusco dun día histórico . Sobre o esceario da sala Xebra Ex-Tension Agraria e o Komandante e no interor dos vasos o máxico Grogue, ron cabo verdián, doado polas irmáns de Tabuko Rebentola...Billarda e Indixenismo no Castañazo , Adiante co Varal!! 

sexta-feira, setembro 27, 2013

PARCELARIA NOM , CABO VERDE SEMPRE...ADIANTE OS AIRIÑOS MAREIROS DE MARÍN , PRAIA , BURELA E CÁDIZ!!






















E chegou o gran día , Burela é o sitio as 16 h. a hora , todo listo no Peirao para que as billardas bruen no ar coma os bonitos no espectacular collage artistico que Daniel realizou para o cartaz anunciador do primeiro Aberto puntuábel da tampada na Norleste. Como se anuciou polo Varal-Facebook , en caso de chuvia extrema a sepre multicor transladarase ó Pavillon do Colexio dos Castros.


















Mais non será o único facho billardeiro que isa tarde laumeará Burela , no lusc e fusco xa dentro do C.S Xebra no corredor da Figueira realizarase un explosivo Abertinho de Irmandade Gz-Cabo Verde cuxo campión ou campioa recibirá unha botella de Grogue ( Ron Cabo Verdian ) .
















Unha vez desputado o Abertinho do Grogue co pulso xa a mil proxectarase na sala de concerto o video "O Gran Estalo de Burela a Cabo Verde" a história dunha billarda golpexada en Burela que aterra en Cabo Verde. Un brutal sucesso que abrirá os peitos para que os indíxenas de Ex-Tension Agraria tomen o esceario no arrinque dunha noite que de seguro será máxia cuxo broche de ouro porá o Komandante, o anti-bluesman de Fazouro que non vai deixar indiferente a naide...


















E o domingo a loita billardeira continúa e faino nise paraiso terral chamado Toxo Verde de Cádiz xa que arrinca tamén a competicion regular na referencial Conferencia Andalucía que terá ademáis unha espectacular banda sonora que poderás sentir se acendes a radio sintonizando o mítico lume na palleira . Alí estarán Luis Camiña e Gelín falando apartires das 17 , pon a roda na Radio Galega Música e dálle voz ó transistor porque por alí sairán as míticas agrupacions dos anos 60 Airiños Mareiros e a Banda de Gaitas Os de Marín....Billarda Sempre , Adiante Airiños Mareiros  de Marin , Burela e Cádiz!!

quinta-feira, setembro 26, 2013

ISTA FIND. AS DÚAS CONFERENCIAS MAE , A GALEGA E A EXTERNA ..BOTAN OS BATUXOS COAS BILLARDAS Ó MAR EN BURELA E CÁDIZ!!


































Espectacular imaxe das botellas de licor de vida e da tarta de celebracion do segundo aniversario do equipo Billarda-Cádiz epicentro da referencial Conferencia Andaluza da LNB , unha festa por todo o alto que tivo coma convidade especuial ó gurú de Marin chamado Luis Camiña. O Toxo Verde ferveu  recordando un ano intenso de emocions compartidas que desenviocarion no xa mítico Play Off Nacional de Marrozos. Un acto que servíu para coller impulso e engrasar as vielas para iste domingo 29 arrincar a compteicion regular , impresionate suceso pois, as dúas conferencias mae ,  a galega e a decana das externas eleixen ista find. para lanzar os batuxos ó mar , uns ó cantábrico dende o Peirao de Burela e os outros ó atlantico piscina dende o Toxo Verde de Cádiz.



E non só competicion regular se dispensa no exquisito e carnelao menú billardeiro de Outono , os irmans do Fervedoiro responsábes da indomábel reserva billardeira de Cuntis están armando para iste vindeiro sábado 5 de Outubro unha nova edición do seu referencial Aberto , se andas por alí ou decides botarte para aló ponte en contacto >> 628.524.458 (Paulo) - ofervedoiro@hotmail.com

quarta-feira, setembro 25, 2013

BRUTAL ANTI-ROLDA DE PRENSA E CARREIRIÑA BILLARDEIRA NO MERCADO DE RIBADEO!!

















Espectacular impulso co que a serpe multicor da Norleste está artellando o seu explosivo arrinque de tempada . Unha tempada que será a 9º edicion da liga regular da LNB que foi naturalmente nista Conferencia Mae na que se sementou o inxerto billardeiro que medra hoxe en todo o país adiante incluida a nosa irmán conferencia andaluza. Impactante imaxe dos activistas LNB na anti-rolda de prensa disertando sobre o presente , futuro e pasado dun gran proxecto global billardeiro que iste venres vai invadir de novo a contracapa da Mariña do Progreso , un dos espazos mediáticos que sen dúbida foron claves para o gran big-bang billardeiro que deu orixe á estructura e dimensión nacional e internacional que hoxe ten a Liga Nacional de Billarda.

















Mais non todo quedou ahí , despois de atender ós medios os activistas da LNB decidiron realizar a 1º Carreiriña Billardeira e percorreron o ateigado mercado e as rúas de Ribadeo amosando ós incrédulos viandantes as lengüetas cos cartaces do gran Aberto do Bonito en Burela co que se incia a accion na Conf. NorLeste e da festa posterior co concerto de Ex-Tension Agraria e o Komandante na Sala Xebra . Daniel de BM e Nacho de ExTension Billarda os dous creadores distas auténticas obras de arte en formato cartel que foron exibidas sen complexos a un público que pide billarda a berros. E se queredes velas expostas están á vosa disposicion nas mesmas lengüetas no Bar Amodiño de Ribadeo  ...Non te escondas , dá a cara , sen creativo e xoga á billarda!!

terça-feira, setembro 24, 2013

BILLARDA...VIVA A SOCIEDADE ALTERNATIVA!!

















Fai tan só uns días Bruce Springsting estivo actuando en Sâo Paulo e ceibou ó igual que fixo anteriormente en Chile cun tema de Victor Jara un brutal cover do mítico estalo do deus do rock brasileiro Raul Seixas , o Boss sempre gostou de misturarse e mergullarse na cultura do sitio no que toca, dende aquel espectacular e improvisado set acustico nas rúas de Dinamarca ate os días de hoxe executando temas dos grandes referentes locais con pegada internacional. E isa mesma filosofía é a que guia as navallas do Boss da Billarda , de Nova Iersei a Tapia hai un treito pero faise moito máis curto escoitando a Springsteen e golpexando nas  Billardas-Bonito, as espectaculares novas creacions coas que Muriego celebra o incio de tempada na Conf. NorLeste coas que a súa equipa , oficialmente declarada Equipa Carnelao na competicion ,  agarda levarse o Bonito e todo o que se poña diante nisa de seguro xornada máxica en Burela.




















E uns veciños do Boss van estar tan só unhas horas antes quentando o ambiente , será o venres cando do universo Liriu cheguen a Burela para descargar sobre as táboas do Xebra as explosivas caixas de Bonito-punk os Infeccion de Navia acompañados de "Alvarito" cantautor protesta de Pola de Siero. Afía as billardas e prepara o curricán !!

segunda-feira, setembro 23, 2013

BURELA NORLESTE_2013/14 ....CARABULLOS POLO MAR E BONITOS POLO AR!!














BURELA 28 DE SETEMBRO .... NAIDE PODE FALTAR Á GRAN LONXA BILLARDEIRA QUE ISTE SÁBADO VAI CONVERTER O VILA GALAIKO-CABO VERDIÁ DA MARIÑA DE LUGO NO GRAN EPICENTRO MUNDIAL DA BILLARDA E DA MÚSICA INDÍXENA . O PEIRAO DE BURELA SERÁ O LUGAR ELEXIDO PARA A GRAN POSTA DE LONGO NA CONFERENCIA NORLESTE E O CENTRO SOCIAL XEBRA A TAN SÓ UNS METROS DA PISTA XOGO O TEMPLO NO QUE OS PALANADORES E PALANADORAS CONVOCARÁN ÓS ANTI-DEUSES INDÍXENAS PARA OFRECER O BONITO DOADO POLOS IRMÁNS DE BURIL 
















Os bonitos viven en augas cunhas temperaturas medias de entre 14 a 20 graos , un paraiso se o comparamos coas xeadas que xa está a soportar nas mesmas portas do autorno o gran planador dos Carabull@s Tino que se atopa de novo en Beltfast , enfundado na camiseta dos Ex-tension Agraria , preparando o novo asalto da Auténtica no Ulster e que seguirá as evolucions da súa equipa na arrinque de tempada polo referencial web-blog da súa equipa , da súa conferencia , polo f- do Varal e tamén polos comentario no anti-Punto Pelota de IrmandadeTV. Con Xavi de Gharabotos arrasando iste pasado sábado na Praza do Mar de San Xenxo no 2º aberto puntuábel da Conf. RíasBaixas , as brosas afían as billardas para asaltar o pódium situado no peirao de Burela...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

sábado, setembro 21, 2013

SURFEANDO ENTRE AS PENAS ...BLUES, TOUCIÑO , PATACAS, BATUKO SANITARIO E BILLARDA SEMPRE!!























A ridícula imaxe dun político sobre unha táboa de surf puidose ver a moi poucos metros da Praza do Mar de San Xenxo donde iste sábadoPraza do Mar  21 de setembro se vai celebrar unha nova enganchada regular  e multitudinaria na Conferencia RíasBaixas. Falamos do infame colaxe de sal , podredume e leopreno que protagonizou Rafael Lourán , presidente da deputacion de Pontevedra , facendo o paripé na inaguracion do programa Surf Rías Baixas Pro Lanzada que ista mesma fin de semana, previa inxección de 69.000 euros convide e reprime á practica da billarda ó carón das areas. E se unha vez rematado o Aberto necesitas solás e blues , un dos palanadores da Conferencia trocará o palán pola guitarra para no pub Cabanel de Domaio ( Moraña ) acompañar ó pianista e cantante de blues londinense Charlie Lankester na súa xira galega.

















E no contexto da axenda alimentacia de alto rendementos para palanadores e palanadoras que os irmáns de Carnelao puntualmente nos ofrecen temos necesarioamente que destacar a espectacular festa da pataca que dende o venres xa inunda o porto e os bandullos Burela . Ainda que coñecida polo seu Bonito a  vila bañada polo cantábrico tradicionalmente ten a pataca coma o seu ADN identificativo en todo o contexo da mariña de lugo donde ós seus aborixes se lles coñece coma Pataqueir@s . POLA TÚA SAUDE , PASA POR BURELA E GAÑA O TEU PESO EN PATACAS!!

















Unha festa da pataca que iste sábado vai ter un compango espectacular no C.S Xebra donde un feixe de grupazos ismáns da LNB van executar dende as 17 h. un espectacular concerto en Defensa da Sanidade Pública .Cortisona , berros e guitarras afiadas a prol dos nosos dereitos coma dentes permanentes- E atencion porque o único xeito que hai de acabar coa perigosa  enfermidade que todos portamos cando o noso palán é matando o can que levamos dentro e ise sairá iste sábado e sairá de novo o vindeiro sábado no arrinque de tempada na Norleste no peirao de Burela e na festa posterior no Xebra donde Ex-tension Agraria e o Komandante recollerán as vacinas infectadas de paixón iste sábado no antiga figueira.

















Dende o venres a actividade e ramificacions billardeiras exténdense ate o mesmo domingo xa que será no xa referencial espazo da Taberna-Cruceiro da Pastoriza donde xa está instalada a Caravana dos irmáns dos Gaita-Fims de Meira que van apresentar a súa nova creacion audiovisual DHOGS cun fin de festa a cárgo dos PANZ donde milita o gran palanador de Ex-tension Billarda Adrian.













Unha caravana a da músico londinense Charlie lankester , que segun nos conta Albino , palanador de Lua de Forza e membro da súa banda de acompañamento na xira galega , utilizou a billarda coma xeito de aclimatacion ó país e coma ós PANZ no Cruceiro iste domingo aparcará fronte ó Pub Ache de Seixo de Marín para pechar a semana cunha nova descarga de blues salvaxe acompañando polo seu cracy horse galaiko e persoal formado por activistas LNB...Blues , Touciño , Pacatas e Billarda Sempre!!

quarta-feira, setembro 18, 2013

O FERVEDOIRO EN CUNTIS , BURIL E XEBRA EN BURELA, IRMANDADETV EN COMPOSTELA.... ADIANTE AS ALIANZAS POLO FLUXO EXPANSIVO DA BILLARDA!!

























Son moitos os colectivos irmáns que apoian e acompañan á LNB no seu intenso bruar polo páis adiante para consolidar o gran proxecto de normalizacion billardeira e soberanía deportiva , e un dos máis activos que puntualmente acoden á forza do palán para revolucionar Cuntis son os activistas do fervedoiro...
























E será iste vindeiro sábado día 5 de outubro cando se celebre o 3º Aberto de Billarda , un acontecemento que revoluciona toda a vila e redores xa que no fervedoiro como na resto dos colectivos afins á LNB non se entende a billarda sen a festa rachada e as actividades paralelas que fan que o noso deporte nacional sexa unha auténtica bomba de reloxeiría . Xa podes ir apoiando a acción incribindote no Aberto e establecendo contacto directo  >> ofervedoiro@hotmail.com



















E outro do colectivos irmáns que están xa ultimando a súa accion billardeira polo horario natural galego son os Buril de Burela , alí o vindeiro sábado 28 de setembro botará a andar a serpe multicor da Norleste, a Conferencia Mae  quere celebrar por todo o alto o arrinque de tempada que supón a desputa do Aberto do Bonito cunha expolosiva festa indíxena posterior ó torneo no Centro Social Xebra coas actuacion de Ex-Tension Agraria e do anti-bluesman Komandante que apresentará en vivo o seu incendiario tema Billarda Express . O Komandante xa estivo quentando motores nunha espectacular intervencion sonora nun estudio de Tatuaxes de Foz e os Ex-tension Agraia arrincarán a súa actuacion cunha video-instalacion-billardeira de Burela a Cabo-Verde "O GRAN ESTALO" .....Billarda e Batuko Sempre!!

segunda-feira, setembro 16, 2013

O MEMORIAL CALVETE CATAPULTA A MURIEGO COMA O GRAN PROFETA DO "SAQUE DE CORNER" NA LNB!!



















De Taberna a Taberna e tiro porque me peta...isa poderías ser o sutaque da gran cadea billardeira que uníu unha vez máis Xil con Remourelle , arrincaba a find. cos estalos de Naked Covers na beira atlántica e remataba cun espectacular e ruidoso brinde no pódium na brava parroquia ribadende de cuncas xíbaras ó carón do espectacular Xerro de Calvete - Daniel levou o Xerro e as cuncas xíbaras foron para Geni polo segundo posto e Muriego polo terceiro.


















Talladas de credivilidade e grolos de paixón foron os petiscos que saborearon os palanadores e palanadoras que iste domingo se deron cita na Taberna de Lola , ó redor dos pratos cheos coa forza do mítico Año da LNB para en Remourelle para homenaxear uha vez máis ó gran referente da LNB "Calvete" e de paso apretar os xugos dunha nova tempada na Conf. Norleste que xa está a  piques de estourar..



















E despois do xantar de irmandade e sobremesa-coloquio bañada por unha gran sesion de chistes secesionistas de Flores e polo amarelo licor vegano-carnelao , a tribo foise para a pista de xogo disposta facer bruar os paláns. Celebrouse un espectacular Aberto de tod@s contra tod@s que contou co deus Sol coma aliado para apadriñar unha das evolucións regulamentarias que están chamadas da revolucionar o mundo da billarda que niste Memorial Calvete xa se experimentou con notabilísimo éxito , trátase do Saque de CORNER ,  unha proposta chegada dende as terras do Eo-Navia da man do gran palanador , ilustrador e filósofo dos R. Bulls Muriego que deixou perplexos e excitados a todos cantos palanadores e palanadoras participaron dista xa histórica tarde en Remourelle.




















Cada carreira converteuse nun emocionante paso no vacío que podía conducirte de saíres coa túa billarda pola liña de fondo do Varal ó fatídico e fraticida punto de Saque de Corner. UN paso adiante sen dúbida que non puido atopar mellor esceario que o Memorial Calvete para arrincar o súa fase Beta e de estudo que de nun futuro de atopar o cosenso necesario poderase establecer como un dos elementos máis no regulamento LNB . Calvete e Muriego os protetas do Saque de Corner!!



















Un memorial que como se pode sentir tivo unha intensidade brutal dende o minuto cero dende que o primeiro xeo golpexou o vaso de vermú ate o infindo que surcan os avións do Clube de Aereomodelismo Nordés. unha activade a dos avións teledirixidos que uns palanadores da LNB teñen tamén coma paixón e que durante ista gran Memorial Calvete se establecer uns ofrtísimo lazos de unión para tentar que avións e billardas esteñan xuntas nunha mesma pista e nun mesmo ar. Fai usn días durante a cade humana da Vía Catalana puidemos ver un avion de fletado pola cande do TDT  Interecomía cunha faixa ó ar mais nunca pensarion os que iso realizaron que a Tele-Varal en colaboracion coa Clube de Aereomodelismo Nordés ía estar en disposicion de respostar a mensaxe , Burela pode ser o sitio e o Aberto do Bonito a pista de lanzamento e aterraxe dos Cazas Billardeiros.. Calvete Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, setembro 13, 2013

CO AÑO DA LNB NA MESA... REMOURELLE A MESQUITA E CALVETE O PROFETA!!


































Todo preparado para iste domingo na mítica Taberna de Lola arrexuntar de novo as cuncas ó redor do lume intenso que o gran Clavete nos deixoa aceso en todos cantos sentimos o rebulir das billarda cada segunda dentro de nós. Apartires das 13:30 a serpe multicor da Conferencia Norleste quentará a boneca co gopexo dos xeos no vaso de vermú para establecer as coordenadas dunha nova brutal tempada que dara comezo o vincdeiro 28 de setembro co Aberto do Bonito en Burela que terá ademiás unha brutal guinda sonora coa incendiara festa Indixenista posterior no C.S Xebra. Remourelle será , como sempre o foi, unha vez máis o punto de partida e Clavete o noso gran timos en referente que aluméa dendo o mais alto cada un dos nosos pasos...




















E un dos pupilos de Calvete , Manuel Abuín. palanador do "Casi lle din"  alma mater dos referenciais  Fachenda Galega que actualmente o podedes atopar xunguido ás melodías que realiza na súa mutacion coma Naked Covers , pois el acompañado da grande voz e presenza de Tania Moimeta Fandiño niste espectacular formato dará iste mesmo venres nun outro centro neuráxico da LNB como é A Taberna da Cancela de Xil , o pistoletazo de saía da un find. de homexe ó gran guru da LNB cun espectacular concerto que se estás polas terras da Conf. Sur ou das Rías Baixas no deberías perderte por nada do mundo.


















E outro que lle colleu gosto ó asunto e que non é capaz de matar o verme despois de probar a poderosa e perigosa droga billardeira no paralelo Anguieiros da man do gurú do Indixenismo , Xan Man Hermanage froito dunha peregrinaxe dende as terras de Monforte vai estar en Remourelle iste domingo rendindo homaxe ó gran Calvete e empapándose da contra-cultura billardeira na súa orixe no único sitio do mundo donde pode facelo .Co Año da LNB na mesa...... Remourelle a Mesquita e Calvete o profeta!!  

quarta-feira, setembro 11, 2013

ISTE DOMINGO EN REMOURELLE ENCADÉATE A CALVETE!!














Unha vez máis a LNB racha os aramios de espiños na Galiza para unír o seu poderoso gran de area nun outro páis chamado Catalunya que espanta as panatamas cos paláns e aporrea coas billardas de bélits as portas da soberanís real. Espectacular imaxe do estand en Barcelona dos irmáns de @ACGGcn que en plena boráxine de encadeamentos nista Diada13 ceiban á brisa do mediterraneo os productos da resitencia galega , á fronte Suso López palanador dos Remourelle Bulls e membro do Clube de Anti-fan dos Ex-Tension Agraria que se viste coa camiseta do grupo insignia do Rock Indixenista Galego .














De seguro que ista marabillosa visión dos paláns de billardas da LNB presidindo o stand da  @ACGGcn  en Barcelona non podería ter sido posíbel de non ser da forza e paixón que o gran referente Calvete nos transmitíu a toda a serpe multicor , é por elos que iste domingo a Conferencia Norleste , tamén coñecida coma conferencia Papae en homenaxe a Calvete , vai celebrar en Remourelle unha nova edicion do Aberto do Vermú ( II MEMORIAL CALVETE ) , unha data de respeito absoluto polo gran lider e festa para entre todos os activistas da NorLeste impulsar o inidio dunha nova tempada regular. A folla de ruta da xornada é 13:30 Xuntanza para calendario e normas 2013-14 cun vermú polo medio na Taberna de Lola (Remourelle)  - 14 h. Xantar de Irmandade do Año Mouro da LNB ( confirmar asistencia  / 607.630364 ) e polas 16:30 h. Aberto de Billarda " II Memorial Calvete " na pista polideportiva de Remourelle. Calvete Sempre , Adiante co Varal!! 

terça-feira, setembro 10, 2013

XOGA Á BILLARDA...ATRÉVETE A PROBAR UN DEPORTE QUE TE FAI DIFERENTE!!



































Son vairos os palanadores e palanadoras que iste 11S estarán formando parte da cadea humana que percorrerá catalunya de punta a punta , paláns e gadañas unidas formando un todo pola lexitimidade dos pobos a decidir libremente o seu futuro , unhas gadañas e paláns que estiveron acariñando a pedra de afiado iste luns nun dos actos máis salvaxes que se celebraron na mariña de lugo en moitos anos . Un luns , unha banda de punk chegada de Barcelona e un centro social Xebra de Burela sedento de watios , berros e billarda , un coctel molotov que deixou pegada no subconsceinte colectivo de todos os aforutanad@s que estiveron alí suando e bailando coa intro do Fari e as brutais embestidas dos Mandanga!!

















Os Xebr@s non quixeron deixar pasar a oportundade de tornar para a casa cunha K7 , un cd atoeditado e reciclado polo mesmo grupo ou vestir unha das camistas da banda coa que recordar sempre iste máxico luns que congregou á raiba e á paixón desmedida baixo a sombra imposíbel da figueira.

















Comezou o concerto co tsunami do anti-cantautor Aitor Nieve , temas adicados ós cans policía , á necesidade de xuntarse para odiar a xente en comun...un espectacular abano de hits que rematou cunha actuacion de uns 20 minutos e a guitarra coas coardas rotas e coa pastilla de amplificado polo chan mais amosando un espectaular poder de atraccion xa que vendou tres copias dos seus CDs autoeditados por el xusto ó retame do seu pase. Pese ás encendiadas peticion de " outra " Aitor co instrumetal abatido pola batalla decidíu sentarse e ós mandos da batería preparar o arrinque de Mandanga! , banda da que el tamén forma parte.















Non houbo mellor xeito para agardar o concerto da banda catalá que coller os paláns e billardas cos que a equipa LNB Xebra adestra e comezar a darlle uns golpexos ante os aplausos dos siareiros que agardan xa con entusiasmo o inicio de tempada iste 28 de setembro na mesma Burela. Silencio tenso diante do esceario , soaba un sampler do Fari e despois ...Mandanga! - Non foi nen media hora , os cataláns dérono todo nun concepto musical que arrinca chantos en todas as direccions ...Pero máis ca un grupo en si, a propsta totalmente rachadora é a de Xebra e a de toda a xente que forma parte disa marabillosa trama, os Mandanga iste martes esta´n na Gentalha en Compostela e despois segurn ruta na súa xira galáctico-peninsular. Xoga é billarda e fala coa xente, porque non están os tempos para deixar pasar istas oportunidades...Dálle Mandanga , Sen Diferente!!

segunda-feira, setembro 09, 2013

MANEL , O SON DA ERA-PEP....MANDANGA , A BRUTAL BANDA SONORA DO TATA MARTINO E DA ERA XEBRA NA LNB-NORLESTE!!
















De novo as páxinas do Faro de Vigo relatan a espectacular posta de longo na Conferencia Rías Baixas que iste sábado no Grove inciou a súa gan andaina regular mais paralelo a iso o análise permonorizado dos feitos realízase no referencial web-blog da Conferencia no que se relata a histórica apertura de tempada con 103 activistas co palán na man na grella de saída. E simultaneamente ó Grove en Castrofeito celebrábrasde tamén o aberto de partida da conferncia regular na Conferencia Centro un novo exitazo da tribo estornela que pese a todo recibíu as críticas dun dos akupantes do pódium ó descubir que os productos cos que fora gasallado non eran 100% galegos reivindeicando así a postura do poderoso loby Carnelao que esixe en tódolos Abertos LNB productos da terra. Unha terra que vai ter tamén o seu impacto cando iste 11S os irmáns do planeta Bébit se unan en cade humana rivindicando os seus xuros coma pobo e entre eles estará o actual adestrador do Bayer de Munich Pep Guardioala .


















Un adestrador que ben sabida é a súa codición de amante da música indi saxoa e catalá , hai quedou para a posteridade o seu apòio a bandas míticas da escea do seu pais coma Manel que ó gual que ó Barça de fai uns anos o seu éxito está intrinsecamente unido a isa idoltrada era-Pep que agora tanto no son coma no campo de xogo moitos añoran. Mais a raibosa actualidade tento en Camp Barça coma nos sonidos que invaden a cidade trocaron e a tosquedade e olor a mate do Tata Martino atopan o seu correlativo na barbárie punk dos brutais Mandanga , a banda catalá anda de xira polo estado e nada mais salvaxe ca un luns para realizar a súa incendiara descarga de anti-bonito ó carón mesmo do peirao de Burela. Mandanga acompañados do cantautor Aitor Nieves estarán na sala Xebra estercando o terreo para unha nova equipa LNB que está a surxir nise sentro social da mariña cuxa vila e cuxo teito o vindeiro 28 de setembro acollerá o inico da tempada regular na conferencia mae e un explosivo concerto dos Ex-tension Agraria xunto co Komandante Suso que van achegar mais ca nunca Burela ó continente africano...

sábado, setembro 07, 2013

OLIMPISMO EN BOS AIRES? NON...PULPO, MÚSICA AO VIVO E BILLARDA EN CASTROFEITO SI!!

                                   

Bos Aires convértese ista fin de semana na estercoleiro mundial do entramado mafioso do deporte olimpico , dalí sairá a cidade que acolla os fachos 2020 un ano aínda lonxano mais para o que deporte nacional aspira a estar aínda mais forte e rexo para roubar a chama olimpica e con ela queimar as pantasmas da exclusion sitemática dos nosos deportistas das competicions nas que participan.
















E para aboar o camiño cara o 2020 nada mellor que música ao vivo e pulpo a feixes como iste domingo apartires das 17 h. vai acontecer no Campo da Festa da Madalena de Castrofeito donde os activistas da Conferencia Centro arrincarán unha nova edicion da súa tempada regular cun infalíbel coctel de festa e billarda nista Aberto da Pastora...Estornela Sempre!!

ERGUE O PALÁN ...E CON EL SEMPRE A MÍTICA BANDEIRA-LNB DA LIBERACIÓN NACIONAL E DESPORTIVA!!



Sen lugar a dúbidas Begonte foi un dos puntos clave diste incendiario verán billardeiro e A Bandeira da LNB un dos elementos mais importantes co que os activista fixeron visíbel riba dos escearios o brutal conflicto billardeiro que estoura baixo cada pedra e en cada regueiro.A actriz Isabel Risco abraza a nosa bandeira e a nosa loita na súa espectacular  locucion de apresetacion dos padrinhos Zënzar...



Unha bandeira que subíu ó esceario e alí se quedeou presidindo o mesmo durante toda a máxica e histórica noita como se pode ver no video oficial do festival que amosa a actuación dos Guezos. A semana pasada nun outro festival un membro da LNb estableceu contacto cos activista audiovisuais de IrmandadeTV , ogallá que froito da colaboracion IrmandadeTV-LNB surxa un feixe de bandeiras coma ista que inunda o esceario de Begonte para que en todos os Abertos e Festivais se faiga patente e visíbel a pegada da serpe multicor da LNB abrazando o palán e ceibando o seu veleno.























Un veleno que iste sábado poderán soborear tod@s os afortunados que apartires das 16:30 h esteñan na Praza Maior do Corgo no Grove para a desputa do denominado gran Campionato Mundiial de Billarda.., que a forza e o palán nos acompañe..Billarda Bravú, Billarda Contra o Mundo Sempre!!

quinta-feira, setembro 05, 2013

78-69 O PANDOLO DÁ UN BRUTAL IMPULSO NO EUROBASKET Á PRO-OFICIALIDADE DAS NACIÓNS AÍNDA SEN ESTADO!!

















Para un xogador da seleccion española é simplemente un partido da primeira fase , mais o severo correctivo da selección irmá de slovenija ó combinado anti-natural dirixido polo ex-pivote Orenga supón un gran palán de oxíxeno ás aspiracion de paises coma a Galiza que desexan o lexítimo recoñecemos oficial para poder competir internacionalmente como o fai servia , croacia ou macedonia niste apoixoante eurobasket á cal a nosa seleccion ten o paso betado.

















Para os centos de seguidores na galiza mediante o seu activo espazo facebook da actualidade do desporto irmán do Pandolo , non é nengunha novidade que ó carón das fotos dos partidos aparezan as espectaculares imaxes dos seus manxares.carnelao co que os palanadores e palanadoras do Prekmurski Pandolasi acompañan cadanseu Aberto,


















Sen lugar a dúbuda o Pandolo e a Billarda están condeados a entenderse e estalos tan potentes como o acontecido ist xoves no Eurobasket achegan aínda maís istes nosos infranquábeis  lazos de unión . Nun contexto coma o actual no que o país arde polos catro costados e ó goberno lle importa un carallo é natural non agardar nengunha axuda institucional nen do pozo de zurro da xunta nen da podredume das deputacións  polo que unha vez máis a autoxestión guiará os nosos pasos coa mesma firmeza que o mítico Maljkovic guía á seleccion slovena...Pandolo Sempre, Adiante co Varal!!