O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 31, 2005


O clima coma sempre establece un dilema difícil de concretar, na LNB ó igual que noutros deportes a climatoloxía é un elemento esencial, pistas ó ar libre ou polideportivos? MÓLLATE!! Posted by Hello

quarta-feira, janeiro 26, 2005


O futuro da LNB adestra a pé de pista. queremos que a billarda se poida practicar nos centros de ensino e nas escolas deportivas, para iso a LNB xa ten estructurado o programa de desenrolo integral da billarda, calquera asociación , centro ou entidade que queira incluir o noso deporte dentro das súas actividades no ten máis que porse en contacto con nós. Telf/ 699.730313 - 627.166834 Posted by Hello

terça-feira, janeiro 18, 2005


OS DOUS FINALISTAS EN CABARCOS, XERMÁN CO GALO NAS MANS E VICENTE SOSTENDO OS PALÁNS. OUTROS GALÁCTICOS SON POSIBLES!!  Posted by Hello

siadeiros nas bancadas en Vilamartín - Pequeno durante a disputa do palán de inverno, detras, a igrexa do San Xoán Degolado. TANTA PAIXÓN , QUÉN PODERÁ DETELA? Posted by Hello

Instantanea da final de infarto xogada en Cabarcos na disputa do palán de inverno, Vicente e Xermán ambos de lourenzá necesitaron de tres carreiras para dilucidar para onde ía o Galo da LNB, ó final Xermán foi quen desplumou o animal . Finais coma a de Cabarcos é das que fan afección, tensión ata o final e un público entregado á causa no que cada golpe dos palanadores era seguido a pé de pista polo numeroso público que se deu cita no multiusos de Cabarcos. Posted by Hello

por primeira vez na historia da LNB , un torneo tiña como premio un trofeo vivo, aquí está o Galo de Mos xunto con Fernando do franquicia de Recemil , amosando as súas cores ós palanadores e palanadoras que disputaban a victoria no cemento pulido de Cabarcos. Igual ca noutros deportes , na billarda tamén tentamos facer accións solidarias , niste caso tentamos de apoiar a recuperación da galiña de mos , raza autóctona galega que ó igual que o porco celta está en perigo de extinción. Posted by Hello

Vicente " o Beckham da ponte da pedra" en absoluta concentración durante a disputa do palán de inverno en Cabarcos. Posted by Hello