O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 31, 2014

REGOS DE ALCOHOL NO PODIUM DA CONF. ANDALUCÍA E BILLARDAS NA AUTÉNTICA LIGA DE FUTBOL GAÉLICO DA GALIZA!!














Un ataque por sorpresa foi o que protagonizaron iste pasado find. os irmáns da referencial Conferencia Andalucía no seu campo base do Toxo Verde de Cádiz, alí realizaron un novo Aberto que servíu ademáis para iren xa organizando o comando Verde e Branco que participarán no gran Play Off Nacional 2014 ó que chegarán dispostos a daren a sorpresa. Unha forza e un impulso que os palanadores e palanadoras da Conf. Anadaluza miman con esmero a xulgar polas espectaculares imaxes na que Jose Antonio Terrero Loaiza gañador dista xornada foi agasallado cunha espectacular botella de Cruzaito directamente chegado da destileiría LNB.




















E se ó Toxo-Verde o licor chegou aínda na embotellado ó campo de futbol gaélico chegou xa inxerido
e misturado coa sangue vermella dos palanadores e palanadoras coma as camistas da LNB que algúns xogadores utilizaron para participar no entre Ambílokwoi Futebol Gaélico e
Suevia Futebol Gaelico  partido da Auténtica Liga de Futbol Gaélico do País que é a Mixta e billardeira!!

domingo, março 30, 2014

....E DÍXOLLE O PALÁN Á MAU>> ÁTAME!!

















"Billardo" é verba que en Arxina significa cigarro , en Lugo no Aberto do Polbo exemplificouse de novo ise conexion brutal entre o desporto da billarda e o verbo xido , e outra das cousas que se comprobaron foi a necesidade imperiosa de seguir insistindo na necesidade de AMARRAR O PALÁN Á MAU , de novo na pista do EIS Anxel Fole un palán voou polos aires e golpexou a unha palanadora , por sorte non pasou nada pero isto non pode seguir acontecendo, os paláns  por imperativo legal , civismo billardeiro e por respeto ós compañeir@s na pista de xogo teñen que estar coa corda abrazada ó brazo.

















Lugo por sétima vez que se di axiña , acolleu o seu aberto puntuábel que dende iste pasado sábado ate a eternidade pasara a denominarxe do Polbo , en apoio ó cefalópodo e á súa auténtica denominacion galega que concellos coma o do Carballiño queren exterminar, na LNB pomos a chaqueta para berrar alto e claro : Polvo Sim , Pulpo NOM!!

















E simultaneamente ó bruar das billarda en Lugo na Garda estreábase como terra liberada acollendo por primeira vez na história un Aberto da LNB, toda a tribo da Conf. Sur invadíu a vila e o centro social O Fuscalho na posterior gran festa-concerto...



















E tanto en Lugo coma na Garda moitas olladas estaban dirixidas cara o vila de Burela , en Lugo porque cara alí ollaban os BIllardeiro Musicais para que dende alí Markitos dirixise os seus golpexos e de Burela chegaban tamén os The Brosas , a banda aborixe do Xebra que subíu ó esceario do Fuscalho para por a guinda final ó Aberto da Conf. Sur.























Espectacular imaxe a de Pirucha na Garda , fai uns días o podiamolo ver camiñando sobre unha corda agardamos que ó igual que fixeron outros artistas do seu calibre el non decida na vez de camiñar sobre ela atala ó pescozo , ista imaxe ó igual que as impactantes fotos das galerias guindadas polos palanadores dan mostra da magnitude da traxedia no histórico estreo da LNB na Garda.

















E despois de toda unha tempada tentándoo Daniel , de seguro impulsado tamén pola forza de Markitos logrou un pleno  nas 5 carreiras desputadas no Anxel Fole que o combertíu no campión absoluto e dono do espectacular Polbo-LNB do MadiaLeva.

















Un Aberto o de Lugo ó que os Billardeiros Musicais chegaron dende Ribadeo dispostos a mollarse de verdade , e así o fixeron acadando o I GRAN PREMIO POKEMON >> chourizos , galicola, viño do país e un espectacular polbo foron os agasallos para unha equipa que sinxelamente arrasou niste Aberto da cidade das Murallas...Polbo Somos , Adiante co Varal

sexta-feira, março 28, 2014

COLLE O CALCETIN BRANCO . AS BROSAS E OS PALÁNS E ISTE SÁBADO TIRA CARA A GUARDA E LUGO CON PASAPORTE LNB!!



















A estrafalaria e alucinóxena vision que para alguns ten a LNB da sinistra e disfuncional realidade socio-deportiva á que as institucions impunemente nos condean terán iste sábado unha firme e sonora resposta....bágoas no mar non fan pozas mais brosas e cachiças na Guarda convertiran a noite no Fiuscalho nun infermo moito peor ca os supervivinte do desastre aereo nos andes Chilenos VIVEN foi o nome do filme que tentou amosar a magnitude da traxedia e VIVEN é o nome do grupo aborixe que pechará a festa billardeiro-canibal diste novo e impredecíbel aberto puntuábel na Conf. Sur da LNB.
















E se a Guarda é un territorio no que iste sábado a LNB estrea emprazamento , na cidade das Murallas é xa a 7º edicion do seu Aberto puntuábel para a indomábel Conf. Mae. Unha continuidade a dos MadiaLeva que fixo que o lume se espallara polas terras da terra chá donde iste Aberto é un dos máis agardados e segundo os ruxes ruxes afirman os Carabullo desexan confirmar a súa supremacía na competicion por equipas levandose para Muimenta o Gran Trofeo Pokemon para chantarlles unha estaca no peito a isa outra gran franquicia dos Billardeiros Muisicais á que dende Meira teñen no ollo de mira . Colle pois o calcetin branco , as brosas e paláns e iste sábado cara a Guarda e Lugo- Polbo e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

quarta-feira, março 26, 2014

MADIA-LEVA EN LUGO E O FUSCALHO NA GUARDA ....BILLARDA , POLBO E CACHIZA SEMPRE!!















Un dos logos mais impactantes e cruamente máis realistas que podes porte no peito é iste que situa ó noso país mais preto dunha irracional ración ca dun futuro estado europeo naturalmente fóra dista europa que masacra a nosa cultura , ecomomía e realidade social. Tres elementos básicos nos que se estructura a realidade nataural galega que emerxen das pistas de xogo de cada Aberto de billarda coa mesma forza que cada petisco de polbo vóa do prato de madeira pinchado na punta dun pauciño na procura da boca e do dente do comensal famento.  
















Iste sábado de billarda e loita a LNB escenifica a súa fortísma pegada en alianza cos centros social Madia-Leva de Lugo e O Fuscalho da Guarda. Co precendente do mítico Aberto do Polbo da pedra que a LNB celebraba no Concello de Xove , a Conferencia Norleste de LNB e os MadiaLeva recuperan pois a exaltación do cefalópodo para reivindicar o seu sabor e denominación natural galega ultimamente atacada e aldraxada de xeito intolerábel dende o mesmísimo concello do Carballiño. E  por se non fora pouco iste sábado é o elexido tamén pola Conferencia Sur para estrear en colaboracion do Centro Social o Fuscalho a irrupcion billardeira na vila de Guarda e para que a Cachiza rexurxa coa forza dun xabrin ferido despois do Aberto puntuábel explosiva festa concerto cos bureleses The Brosas e o aborixes Viven ...Polbo e Cachiza Sempre!! 

terça-feira, março 25, 2014

NAS RÚAS, NOS XORNAIS , NA RADIO , NA T.V , NA MÚSICA , NA ARTE , NA LITERATURA, NOS WEBS , NAS REDES SOCIAIS....A LNB POLA VISIBILIZACION DA CULTURA GALEGA E DO CONFLICTO BILLARDEIRO!!

















“Corren novos tempos, e debemos adaptarnos a traballar con outras metodoloxías para garantir a visibilización da nosa cultura” Son as verbas do ate o de agora xerente da mìtica livraría Torga de Ourense que istes días bota o peche e que nunha esclaredora entrevista no SermosGaliza analiza o estado de declive actual do universo editorial nos diversos frontes e sectores . Unha nova dimension do negocio ou factoria das letras que afecta como é ben sabido ó edicion en palpel dos diferentes xornais que curiosamente istes días tento o Faro de Vigo coma o Diario de Pontevedra reflexan nas súas páxinas o conficto billardeiro que latexante sacode implacábel cada recuncho do país na procura de dignidade para nós e os nosos antergos aldraxados por un sistema que procura o holocausto billardeiro.



Un holocoausto billardeiro , económico e social contra ó que iste pasado sábado milleiros de galegos e galegas quixeron berrar stop formando parte nas ateigadas rúas de Madrid na multitudinaria marcha pola dignidade  , a coñecida xa internacionalmente coma a Columna Galega protagoniza o espectacular documento dos videoactivistas de GzContrainfo que utilizan coma perfecta banda sonora o temazo Kasny Bor de The Brosas que iste vindeiro sábado na Guardia estarán tamén azoutando ó persoal no Fuscalho na explosiva festa-concerto posterior ó gran Aberto puntuábel da Conf. Sur - Pola dignidade , Brosas e Billarda Sempre!!

sábado, março 22, 2014

DOMINGO NA NOROESTE DE BILLARDA E SESION VERMÚ EN CULLEREDO!!















Espectacular patada a seguir da referencial Conferencia NorOeste que como comentan no seu blogue oficial despois da dúbida inicial por mor da coincidencia do partido do depor co horario clásico de desputa dos Abertos nista beira atlántica deciden seguir adiante e desputar apartires das 11 h. da mañá iste domingo na pista de Castrolaxe-Culleredo ista nova enganchada puntuábel . Un puntazo que indica a forza e implicacion d@s activistas dista conferencia histórica e que con ista varado de autoafirmacion lanzan a billarda de toda a LNB cara a posíbeis patrocinadores para axudarnos mutuamente na potenciacion e difusion da Billarda en horario de Vermú. Ahí queda pois a billarda fervendo no tellado de Nordesía , nome do primeiro vermú galego para tentar expandir a potencia brutal dos domingos de Billarda e Sesión Vermú , vendo o exitazo de Nordesía e da potencia que as sesións vermú alternativas autoxestinadas polos bares e taskas do país con música rock ou folk ao vivo   para recitalizar ise intre fantástico que é o do aperitivo.

TELE-RAPALCUATRO INFORMA DENDE O EO-NAVIA DOS DISTURBIOS EN COTOBADE POLO INICIO DA PRIMAVERA BILLARDEIRA



Se estás ate o carallo da manipulación e intoxicacion mediátiva nos medios audiovisuais standar non troques o canal , arrebola o televisor pola fiestra e sintiniza coa Television de Rapalcuatro , dende un zulo do EoNavia emite ista emisora pirata en lingua autóctona e en exclusiva mundial a chegada da estacion no que os toxos florecen e os sabañons aparecen....
















E para abrir fenda billardeira niste irredente arrinque de primavera a tribo da Conf. RíasBaixas invadirá iste sábado 22 de marzo o campo de futbol de Extremasás para apartires das 16:15 encher a vila de  Cotobade como ben escenifica o espectacular cartaz anunciador do evento LNB de toxos en flor e billardas punzantes...Primavera Arabe´? Nom, Primavera Billardeira Sim!!


quinta-feira, março 20, 2014

BROSAS E BILLARrDAS ... BENVID@S Á FÁBRICA DE PESADELOS!!



















Non pode haber mellor compañeiros de viaxe, se na xungla os machetes abren camiño no medio da foresta as brosas son isa ferramena necesaria que afían cada unha das nosas billardas para facer camiño con cada dos nosos Varados. Durante toda ista tempa a Conferencia Sur amosou de novo os dentes e iste vindeiro Aberto puntuábel que se celebrará o vindeiro 28 de marzo estreando emprazamento na Guardia continuará coa fenda xa experimentada cun exito brutal no Billarda ALL Stars de Carballo da accion billardeira cunha explosiva traca final en forma de festivalinho no centro social O Fuscalho.



Os The Brosas chegarán á Guardia mergullados na xira de apresentacion do seu aclamado pola crítica internacional ultimo album homónimo editado polos mítico selo compostelá Lixo Urbano,  dende o seu zulo de Burela donde xa levan un tempo adestrando cos paláns no Centro Social Xebra que xunto con outros aborixes mariñans xestionan maxistralmente apoiando á cultura autoxestionada nise esquencido recuncho do país . Máis antes que trema o chan e teito do Fuscalho co trash-punk de The Brosas a tribo do hemisferio sur pode ista find. quentar a boneca achegándose ó novo Aberto puntuábel da veciña Conf. Rías Baixas para iste sábado 22 en Cotobade ir entrando en ambinente  cunha inmesion billardeira de moi alto voltaxe... Contra isa laca do Pacifismo , The Brosas e Billarda!!

segunda-feira, março 17, 2014

CARBALLO ALL STARS ... A GRAN FESTA DA BILLARDA E PUÑETAZO RIBA DA MESA DA LNB!!


















Carballo sentíu no seu propio pelexo o impacto brutal da celebracion dun Billarda All Stars , a presion mediática dos nosos paláns deixouse sentir en toda a prensa local Bergantiñá e incluso abríu fenda en lugares a priori tan hostís coma o esceario de Luar.

 

Dende o medio día a vila de Carballo xa sentíu o bafo dos activistas da LNB que premonizaba como así foi unha fantástica xornada de All Stars , os nosos enviados especiais puideron captar ista imaxe dos Billardeiros Musicais no Bar Ginebra , a equipa de Ribadeo reforzada por membros da mítica Ekipa Bítere foron o gran comando chegado dende as terras da conferencia mae dispostos a deixar a pel na pista de xogo de Chelés. No bar Ginebra foron ademáis recibidos por Serxio Caamanho o coordianador da Conf.. Bergantinhos que organizada ista brutal constelacion de estrelas que encamiñou ós tuaregs do NorLeste cara as augas do Restaurante Río Sil para afrontar coas forzas necesarias o desafío dos mates, das triplas e do Aberto das estrelas.

Ambientazo no Chelís, o templo da billarda no universo bergantinhos, recibíu cos brazos abertos e cunha espectacular tarde de sol e xustiza billardeira ós palanadores e palanadoras chegatos de todo o páis para afrontar un novo gran reto como en Crimea autoproclamado e autoxestinado. Arrincaba a tarde co concurse de triplas-varados do que saíu gañador Camiña de Gharabotos.



E continuou a tarde co sempre agardadísim concurso de mates. dende que na Zapateira na prehistória da LNB se dera o gran paso ó fronte o concurse de mates ó igual que no despoto irmáns do basket son un dos intres máis agardados non durante ista xornada senón dende todo o ano. O Xurado coma sempre o tivo dificilísimo ante o espectacular abano de figuras plasmatas fronte ó varal mais nista ocasion foi protagonista por mor dunha decisión que privou da vistoria a unhas das intervencións máis aplaudidas polos enfervorizados siareiros como foi o espectacular mate realizado pola Cochikeira que por se non fora pouco contou coa colaboracion do mítico Xosé Collazo dos Laracha-Spurs que foi quen tivo a honra de rematar o mate acribillando coa súa pegada o varal. 



















E cun evento dista magnitude enriba das costas á Conf. Bergantinhos nunca se lle víu sobrepasada polos acontecementos, coa compliciade e apoio do resto de conferecias Sexio e o resto de activistias da Bergantinhos afrontaron con todas as garantías e consecuencias a xestion do sempre complicado Aberto do All Stars e sobre todo o que agardaba posteriormente fóra da pista de xogo.



















E non só estrelas LNB estiveron no All Stars dende Asturies representando á colonia de exiliados do Liriu en Caraballo se achegou un dos seus representates para tentar nun futuro realizar unha Copa Cantábrica no espectacular marco do paralelo bergantinhos.


















Queda moito que sachar a LNB e a representacion de Siareiras Galegas que tamén estivo participando niste All Stars sábeno ben...e mais niste contexto tan hostil coma o actual polo que imposíbel deixar escapar unha posíbel xestion a altas horas da madrugada para a Auténtica e para a Seleccion Galega de Futbol cando por casualidade un cidadan subsaxiariano se posicionou enfronte , ti como viñeche? preguntou o palanador galego , - e ti cara onde vas?  preguntou o subsaxaraiano...Billarda e Internacionalismo Sempre porque quedan moitos autobuses , gasolineiras e caixeiros que atracar!!



















Quentando a boneca e a gorxa sobre a pista de xogo de Choris estaba tamén Carlinhos, o alter-ego de Xenderal non podía subir ó esceario da Reserva sen antes defender a paus o orgullo da Cochikeira e vaia se o fixo participando activamente no deseño e relizacion do espectacular mate que se ben non gañou xa pasou a formar parte do subconscinte colectivo coma unha das grandes recreacións visuais e expresions corporais da gran revolucion billardeira. 


















Unha revolucion que xa conta tamén coa implicacion dos Vacalouras , o grupo de rock aparcou por uns intres a desbrozadora a pé de pista e coas billardas e o atrezzo da posterior  actuacion participaron tamén no conscurse de mates deixando no ar a brutal raiola verbal " imaos sacarlle os ollos a alguén " como posíbel título para un futuro estalo billardeiro para o xa tan desexado República Billarda-2


















Rematado o Aberto mais nen moito menos rematou a muiñada do All Stars 2014 , a festa transladouse ó bar xusto enfronte da pista, O Xuventude acolleu a toda a tribo da LNB que invadíu a rúa e  terraza para realizar a xa clásica asemblea Aberta dos All Strars coa que engraxar a maquinaria coa o gran reto dos Play Off  Nacionai de Marrozos ( Compostela ).


















No Bar Xuventude unha vez finalizada a Asemblea  procedeuse á entrega dos espectaculares premios ós campións de cada disciplina, Camiña de Gharaboto en Triplas-Varados, Albino de Lúa de Forza en Mates e Basilio de Trouleiro levou a para o Pino a mítica Cachucha do All Stars que o acredita coma campión absoluta do Aberto das Estrelas.

















Unha festa que despois da Foliada billardeira posteiror á entrega de premios tivo a súa guinda brutal na sala A Reserva de Carballo donde se celebrou o explosivo Festival-LNB con 15 Labirinto , Xenderal e Os Vacalouras riba do esceario arrebolando ó público as súas enveleadas billardas sonoras...Billarda Sempre , e adiante o All Stars porque ista revolucion nunca poderá ser desarticulada!!

sexta-feira, março 14, 2014

ALL STARS CARBALLO 2014>> PORQUE EN CADA BILLARDA HAI UNHA BOMBA POR ESTOURAR!!



Os activistas TeleVaralers unha vez máis poñen a funda e co coitelo na boca lánzanse ó abismo salvaxe que supón unha edición máis do Billarda All Stars que ista vez convertiran a vila de Carballo nun gran ceo de estrelas  avermelladas pola carraxe e a paixón billardeira, e nada mellor para saber o que se nos ben enriba no hemisferio Bergantinhos que saborear ista explosiva reconstruccion de petiscos ...





















A faena comezá apartires das 15:30 H. co espectacular concurso de tripas-habilidades , mates para posteriormente os superviventes do sicesso desputaron o xa mítico Aberto do All Stars.


















Finalizado o tsunami desportivo na pista xogo as estrelas quentarán motores cunha cervexas e viño e na man nunha folidada das estrelas posterior ó Aberto antesala brutal do explosivo Festival LNB do Billarda All Stars que continúa a xeira de activismo-sonoro iniciado fai uns anos no All Stars Bezouquero , retomado o ano pasado do All Stars celebrado en Muimenta e que se consolida ista edicion co gran fin de festa dun All Stars Bergantinhan na mítica Sala A Reserva de Carballo coas bandas Os vacalouras , Xenderal e 12 Labirinto...

















E para o que teña gañas de seguir a festa de seguro que no Toxo Verde de Cádiz os irmáns da Conferencia Andaluza estarán encantados de recibir a todos aqueles que se atrevan a coller o AVE imposíbel de Carballo-Cadiz para apartires das 12 h. diste domingo coller o palán e desafiar o Varal. Será casualidade ou será que dende o Sul Peninsular envían unha mensaxe ó noso ceo estrelado para un vindeiro ano acoller o Billarda All Stars?? ti por se a caso prepara o palán porque ne cada billarda hai unha bomba por estourar!!

quinta-feira, março 13, 2014

"TELE-VARAL EXPERIENCE" NA MOSTRA DE CURTAS DE MUIMENTA E O SORRISO INSUBORNÁVEL NO XEBRA DE BURELA!!


















Prevenid@s....iste venres no indomábel unerso LNB acéndense as luzes e ACCIÖN!! . No espectacular marco da igrexa laica de Muimenta okupada polos activistas de Carabullo apartires das 22 h nunha imprevisíbel sesion salvaxe e golfa arrincará a explova Mostra de Curtas , os organizadores prometen barra libre para  xuramentos e no canto do palomitas estando en Muimenta terán a tixola ó lume , o leite e os ovos preparados para facer unha exquistas filloas ti o único que tes que facer é levar a fariña necesaria para remoer os dentes e abrir os ollos toda a noite. E naturalmente ir preparado para o brutal Varado audiovisiual que na mostra ten reservado a LNB .

Sinopse do TELE-VARAL EXPERIENCE
Lucía López dos " Remourelle-Bulls " realizará a apresentacion das Curtas
O GRAN GOLPE: UN raposo disecado guía os pasos da tribo de orgullosos deportistas galegos e galegas herdeiros da furia e da carraxe duns antepasados esnaquizados pola história...
19:11 Non espertes o can durmido...e menos se o animal dorme abrazado a un palán debaixo das sabas - Punk , Dogma , Indixenismo e Billarda!!
Lipdup-Billarda Como se xoga? con pau e sen bola , dálle co palán á billarda no chao .... a gran botella de Licor Kafé da LNB inxerida a toda ostia nunha única toma e dun só grolo - Billarda Sempre, Adiante co Varal!!



















E na beira mariñá da Conferencia NorLeste os irmáns de Xebra en Burela iste venres apresentan o documental adicado a un dos referentes vitais da filosofía de acción da LNB , O Sorriso Insubornával dun guerrilheiro galego estréarase apartires das 21 e alí estará como non podía ser doutro xeito representacion da Conferencia Mae da LNB para sentir o alento e palabra do irmán Martinho ....porque a morte dun camarada non se chora cóllese o seu palán e o seu fusil e séguese na loita!!

terça-feira, março 11, 2014

NOVO ALDRAXE Ó POBO GALEGO CO BRUTAL CERCO POLICIAL EN COMPOSTELA ÓS MARIÑEIROS DO CERCO!!


















Mariñeiros galegos atrapados nun barco a 30 metros de profundiade no Cabo Peñas de Asturies , a tan só uns centos de km. nas rúas de Compostela os seus compañeiros do cerco que aínda limpaban as bágoas de dor polos os falecidos e desaparecidos no cantábrico asturiano  unha vez máis foron aldraxad@s e alpurrados polos poderes públicos que se atrincheirados coma miserábeis no parlamentiño galego enviaron ós seus sarnosos cans de presa atizar ó pobo galego representado polos puños e gorxas distes mariñeiros que nos dan a todos unha maxistral lección de coraxe e valentía . Sobran palabras e patéticas martires  que por intre deixan de xogar co telefone no seu escano e dan unha volta pola uci , Billarda Sempre , adiante coa loita por un reparto xusto nas cotas do Cerco!!

)

E como ben captaron as imaxes distes dous cadelos falando despois de marcaren coma bestas ós mariñeiros galegos nista xonrada de disturbios en Compostela , moitos dos efectivos antidisturbios chagados dende a " peninsula" seguirán no país cando menos ate iste vindeiro sábado 15 de marxo que será cando Carballo sexa invadido polas estrelas da LNB e polo que parece tamén por unha canceira ambulante . Para eles e para protexer a toda a tribo billardeira temos as billardas ben afiadas e os paláns preparados e dende logo que contaremos cos reforzos armamentísticos da Desbrazadora dos Vacalouras que pecharán xunto a 15 Labirinto e Xenderal na sala A Reserva unha explosiva nova edicion do Billarda All Stars 2014....
Aproveita  que xa a tes encendida e córtalle a pirola ó carallo de feijóo!!  

COLLE O PALÁN E ESCUPE NA ALFOMBRA , CINEMA E BILLARDA INDEPENDENTE SEMPRE!!


















69 participantes no gran Aberto puntuábel de Figueirido e 25 anos da terríbel matanza de Paulino na aldea de Surribas  en Chantada , contradicions macabro-sexuais que achegaron inconcinetemente ista fin de semana máis ca nunca o sur galego co sur da salvaxe provinzia de Lugo.

















Estreando as primeiras raiolas de sol do 2014 , os palanadores e palanadoras das Rías Baixas desfrutaron coma lagartixas a ceo aberto dunha tardiña de festa e billarda coma xa se botaban de falta, Xavi de Gharabotos no máis alto do podium custodiado por Xan de Lúa de Forza no segundo posto e Felipe de Zume de Vimbio  no terceiro andar pecharon ista gran xornada previa ó agardísimo Billarda All Stars 2014 de Caraballo.
















E cara ista fin de semana no horizonte ó caron das estrelas da LNB que se darán cita en Caraballo xa brilan tamén no horizonte as explosivas citas audiovisuais que servirán de previo de luxo antes de que o Varal sinta os arrepíos ante  o bruar dos mates dos palanadores. Sundance NON , iste venres festival de Curtas de Muimenta organizado pol@s indomábeis Carabullo vai extendar unha alfombra de toxo e lama para recibir a explosiva nómina de anti-estrelas que alumearan a noite chairega , e naturalmente entre as fitas haberá un espazo para o univero contra-cultural billardeiro con tres brutais estalos agrupados nun marco denominado TELE-VARAL Experiance. Mais non será o única puñetazo audio-visual dista find, ise mesmo venres 14 no Xebra de Burela proxectarase o documental O Sorriso Insubornábel no que se narra a vida e obra do activista galego Martinho amigo e referente absoluto para toda a tribo LNB. E por se non fora pouco noutro punto da xeografía billardeira aínda que en secano dende fai unhas tempadas, arrincará iste sábado o Festival de Cinema de Alfoz. Colle o palán e escupe na alfombra, billarda e conema independente sempre!!

sexta-feira, março 07, 2014

O CERCO , AS PALANADORAS E A BILLARDA...PROTAGONISTAS ABSOLUTOS NO ABERTO PUNTUÁBEL EN VILABOA DA CONF. RÍAS BAIXAS!!



















Se tocan a un mariñeiro galego, tócannos a tod@s , a LNB e Carnelao na defensa do traballo na Galiza e contra o cerco policial e institucional que oprime e desgarra o cerco galego. O Xoves foi Vigo no porto pesqueiro do Berbes donde se produciros os actos de represion brutal ás accions dos mariñeiros que remataron cun mozo de Cambados por suposto dlito de atentado contra un axente da autoridade.























Moi preto da vila natal do activista do cerco en Vilaboa detido no mesmo corazón da Conferencia RíasBaixas apartires das 16h no Chan de Vilar en Figueirido celebrarase un novo Aberto puntuábel diste referencial conferencia que estará especialmente dirixido a realizar unha apoloxía billardeira das nosas palanadoras disa e todas o resto das conferencias dio país no día como ben se afirma no cartaz anunciador do evento da muller traballadora e billardeira.




  • E se os mariñeir@s de Vigo aparcaron o barco no peirao o xoves para saír á rúa , os seus compañeiros da Coruña o fixeon o venres tamén nunha espectacular acción de protesta contra a persecución ó cerco galego , nengunha cámara da galega e dúcias de antidisturbios adoecendo por apretar o gatillo coma se A Coruña fora o mar de Ceuta e os mariñeiros inmigrantes fuxitivos da miseria, naturalmente alí estiveron os irmáns de GzVideos para informar e desenmascarar o novo aldraxe ó mar galego nas rúas da Conferencia NorOeste...Cerco Sempre , adiante co Varal!!

quinta-feira, março 06, 2014

MATES , TRIPLAS , ABERTO LESTE -OESTE , FESTIVAL LNB ....COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O EXPLOSIVO BILLARDA ALL STARS-PICHORRO 2014 EN CARBALLO!!
















Nova Orlenas foi a sede fai unhas semanas do all stars weekend no que as estrelas da NBA de deron cita para abrazaren o espectáculo co que deixar coa boca aberta ós millóns de espectadores que no mundo enteiro siguen iste gran circo do desporto da canaste norteamericano , mais como acontece dende fai xa unha boa presada de anos na Galiza iste evento ten a súa brutal contracapa . Froito do ensamblaxe e para engraxar as bielas do gran engranaxe LNB @s activistas do palán xúntase nun punto do país para dun xeito ou outro ver as estrelas e desfrutar dunha xornada de irmandade e espectáculo billardeiro no que os mates e triplas se entrecruzan coas cachucas  , rabos e orellas de porco para crear un universo único...  















Un universo estreleiro con cheiro a mazorcas á grella por mor do deus Pichorro que dende a parroquia de Cances nos eviará a forza necesaria para que iste vindero sábado 15 de Marzo por toda a Conferencia Bergantinhos bruen as billarda coa forza dun xabarín ferido ....Irmáns , Irmáns Indíxenas galegos dende Ortegal a Carballo o palán e a folla do fouciño fagamos rebrilar!!

domingo, março 02, 2014

A GASOFA DE EL JARDIN DE RIBADEO, O PODEROSO COMBUSTÍBEL DAS VICTORIAS DE COEDO EN MONDOÑEDO E NO ABERTINHO DO SAN ROSENDO!!


















Encantados están os patrocinadores dos Billadeiros Musicais , El Jardin , a gasolineira de ribadeo que apostou firmemente pola mítica equipa ribadense non podía ter mellor escaparate coma promocion de marca que as costas das espectaculares chaquetas azuis de inverno dos seus palanador@s , así uniformado recolleu Coeado a tarta de mondoñedo no máis alto do pódium e iste primeiro día que inaugura, segundo o Almanake-LNB , o mes de 'Santificarás os días de Aberto'  foi taén o uniforme que lucíu Coedo coma campión do gran Abertinho do San Rosendo

















Unha tarde de cans que non impedíu que os activistas da LNB se votaran á pista para desputar o Abertinho do San Rosendo...

















Un Abertinho que sumou á causa billardeira un novo aliado , o presidente da comisión de festas de San Rosendo , O Peque non dubidou un intre en coller o palán e baixo o barruzo mollarse coma un pito pola autodeterminacion dista nosa Grimea Billardeira...

sábado, março 01, 2014

"Cando Breznev taba palmando / un rock and roll taba soando / e preguntoulle a Andreiev / se Flores era de Kiev ou de San Miguel" .



















Fai uns anos foi Kosovo e istes días os lóstregos que golpexan Ucránia alumean un moi posíbel horizonte da peninsula de Crimea ceibe e naturalmente autoproclanado estado independente libre do xugo europeista de Kiev. A autoxestion e o apoio histórico da LNB ós movementos sociais e contraculturais do país como demostra a accion que iste sábado apartires das 16h. no marco das festas do San Rosendo se vai levar adiante en San Miguel abren a fiestra para que a LNB máis aló do tedioso proceso do dereito a decidir lidere o combio galaico polos camiños de ferro da história cara unha autoproclamacion unilateral coma Kosovo e Crimea dun estado ceibe e independente...Iste sábado en San Miguel , Billarda, Poceiro , palán Stereo!!