O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 25, 2014

NAS RÚAS, NOS XORNAIS , NA RADIO , NA T.V , NA MÚSICA , NA ARTE , NA LITERATURA, NOS WEBS , NAS REDES SOCIAIS....A LNB POLA VISIBILIZACION DA CULTURA GALEGA E DO CONFLICTO BILLARDEIRO!!

















“Corren novos tempos, e debemos adaptarnos a traballar con outras metodoloxías para garantir a visibilización da nosa cultura” Son as verbas do ate o de agora xerente da mìtica livraría Torga de Ourense que istes días bota o peche e que nunha esclaredora entrevista no SermosGaliza analiza o estado de declive actual do universo editorial nos diversos frontes e sectores . Unha nova dimension do negocio ou factoria das letras que afecta como é ben sabido ó edicion en palpel dos diferentes xornais que curiosamente istes días tento o Faro de Vigo coma o Diario de Pontevedra reflexan nas súas páxinas o conficto billardeiro que latexante sacode implacábel cada recuncho do país na procura de dignidade para nós e os nosos antergos aldraxados por un sistema que procura o holocausto billardeiro.



Un holocoausto billardeiro , económico e social contra ó que iste pasado sábado milleiros de galegos e galegas quixeron berrar stop formando parte nas ateigadas rúas de Madrid na multitudinaria marcha pola dignidade  , a coñecida xa internacionalmente coma a Columna Galega protagoniza o espectacular documento dos videoactivistas de GzContrainfo que utilizan coma perfecta banda sonora o temazo Kasny Bor de The Brosas que iste vindeiro sábado na Guardia estarán tamén azoutando ó persoal no Fuscalho na explosiva festa-concerto posterior ó gran Aberto puntuábel da Conf. Sur - Pola dignidade , Brosas e Billarda Sempre!!