O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 17, 2014

CARBALLO ALL STARS ... A GRAN FESTA DA BILLARDA E PUÑETAZO RIBA DA MESA DA LNB!!


















Carballo sentíu no seu propio pelexo o impacto brutal da celebracion dun Billarda All Stars , a presion mediática dos nosos paláns deixouse sentir en toda a prensa local Bergantiñá e incluso abríu fenda en lugares a priori tan hostís coma o esceario de Luar.

 

Dende o medio día a vila de Carballo xa sentíu o bafo dos activistas da LNB que premonizaba como así foi unha fantástica xornada de All Stars , os nosos enviados especiais puideron captar ista imaxe dos Billardeiros Musicais no Bar Ginebra , a equipa de Ribadeo reforzada por membros da mítica Ekipa Bítere foron o gran comando chegado dende as terras da conferencia mae dispostos a deixar a pel na pista de xogo de Chelés. No bar Ginebra foron ademáis recibidos por Serxio Caamanho o coordianador da Conf.. Bergantinhos que organizada ista brutal constelacion de estrelas que encamiñou ós tuaregs do NorLeste cara as augas do Restaurante Río Sil para afrontar coas forzas necesarias o desafío dos mates, das triplas e do Aberto das estrelas.

Ambientazo no Chelís, o templo da billarda no universo bergantinhos, recibíu cos brazos abertos e cunha espectacular tarde de sol e xustiza billardeira ós palanadores e palanadoras chegatos de todo o páis para afrontar un novo gran reto como en Crimea autoproclamado e autoxestinado. Arrincaba a tarde co concurse de triplas-varados do que saíu gañador Camiña de Gharabotos.



E continuou a tarde co sempre agardadísim concurso de mates. dende que na Zapateira na prehistória da LNB se dera o gran paso ó fronte o concurse de mates ó igual que no despoto irmáns do basket son un dos intres máis agardados non durante ista xornada senón dende todo o ano. O Xurado coma sempre o tivo dificilísimo ante o espectacular abano de figuras plasmatas fronte ó varal mais nista ocasion foi protagonista por mor dunha decisión que privou da vistoria a unhas das intervencións máis aplaudidas polos enfervorizados siareiros como foi o espectacular mate realizado pola Cochikeira que por se non fora pouco contou coa colaboracion do mítico Xosé Collazo dos Laracha-Spurs que foi quen tivo a honra de rematar o mate acribillando coa súa pegada o varal. 



















E cun evento dista magnitude enriba das costas á Conf. Bergantinhos nunca se lle víu sobrepasada polos acontecementos, coa compliciade e apoio do resto de conferecias Sexio e o resto de activistias da Bergantinhos afrontaron con todas as garantías e consecuencias a xestion do sempre complicado Aberto do All Stars e sobre todo o que agardaba posteriormente fóra da pista de xogo.



















E non só estrelas LNB estiveron no All Stars dende Asturies representando á colonia de exiliados do Liriu en Caraballo se achegou un dos seus representates para tentar nun futuro realizar unha Copa Cantábrica no espectacular marco do paralelo bergantinhos.


















Queda moito que sachar a LNB e a representacion de Siareiras Galegas que tamén estivo participando niste All Stars sábeno ben...e mais niste contexto tan hostil coma o actual polo que imposíbel deixar escapar unha posíbel xestion a altas horas da madrugada para a Auténtica e para a Seleccion Galega de Futbol cando por casualidade un cidadan subsaxiariano se posicionou enfronte , ti como viñeche? preguntou o palanador galego , - e ti cara onde vas?  preguntou o subsaxaraiano...Billarda e Internacionalismo Sempre porque quedan moitos autobuses , gasolineiras e caixeiros que atracar!!



















Quentando a boneca e a gorxa sobre a pista de xogo de Choris estaba tamén Carlinhos, o alter-ego de Xenderal non podía subir ó esceario da Reserva sen antes defender a paus o orgullo da Cochikeira e vaia se o fixo participando activamente no deseño e relizacion do espectacular mate que se ben non gañou xa pasou a formar parte do subconscinte colectivo coma unha das grandes recreacións visuais e expresions corporais da gran revolucion billardeira. 


















Unha revolucion que xa conta tamén coa implicacion dos Vacalouras , o grupo de rock aparcou por uns intres a desbrozadora a pé de pista e coas billardas e o atrezzo da posterior  actuacion participaron tamén no conscurse de mates deixando no ar a brutal raiola verbal " imaos sacarlle os ollos a alguén " como posíbel título para un futuro estalo billardeiro para o xa tan desexado República Billarda-2


















Rematado o Aberto mais nen moito menos rematou a muiñada do All Stars 2014 , a festa transladouse ó bar xusto enfronte da pista, O Xuventude acolleu a toda a tribo da LNB que invadíu a rúa e  terraza para realizar a xa clásica asemblea Aberta dos All Strars coa que engraxar a maquinaria coa o gran reto dos Play Off  Nacionai de Marrozos ( Compostela ).


















No Bar Xuventude unha vez finalizada a Asemblea  procedeuse á entrega dos espectaculares premios ós campións de cada disciplina, Camiña de Gharaboto en Triplas-Varados, Albino de Lúa de Forza en Mates e Basilio de Trouleiro levou a para o Pino a mítica Cachucha do All Stars que o acredita coma campión absoluta do Aberto das Estrelas.

















Unha festa que despois da Foliada billardeira posteiror á entrega de premios tivo a súa guinda brutal na sala A Reserva de Carballo donde se celebrou o explosivo Festival-LNB con 15 Labirinto , Xenderal e Os Vacalouras riba do esceario arrebolando ó público as súas enveleadas billardas sonoras...Billarda Sempre , e adiante o All Stars porque ista revolucion nunca poderá ser desarticulada!!