O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 06, 2014

MATES , TRIPLAS , ABERTO LESTE -OESTE , FESTIVAL LNB ....COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O EXPLOSIVO BILLARDA ALL STARS-PICHORRO 2014 EN CARBALLO!!
















Nova Orlenas foi a sede fai unhas semanas do all stars weekend no que as estrelas da NBA de deron cita para abrazaren o espectáculo co que deixar coa boca aberta ós millóns de espectadores que no mundo enteiro siguen iste gran circo do desporto da canaste norteamericano , mais como acontece dende fai xa unha boa presada de anos na Galiza iste evento ten a súa brutal contracapa . Froito do ensamblaxe e para engraxar as bielas do gran engranaxe LNB @s activistas do palán xúntase nun punto do país para dun xeito ou outro ver as estrelas e desfrutar dunha xornada de irmandade e espectáculo billardeiro no que os mates e triplas se entrecruzan coas cachucas  , rabos e orellas de porco para crear un universo único...  















Un universo estreleiro con cheiro a mazorcas á grella por mor do deus Pichorro que dende a parroquia de Cances nos eviará a forza necesaria para que iste vindero sábado 15 de Marzo por toda a Conferencia Bergantinhos bruen as billarda coa forza dun xabarín ferido ....Irmáns , Irmáns Indíxenas galegos dende Ortegal a Carballo o palán e a folla do fouciño fagamos rebrilar!!