O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 28, 2014

COLLE O CALCETIN BRANCO . AS BROSAS E OS PALÁNS E ISTE SÁBADO TIRA CARA A GUARDA E LUGO CON PASAPORTE LNB!!



















A estrafalaria e alucinóxena vision que para alguns ten a LNB da sinistra e disfuncional realidade socio-deportiva á que as institucions impunemente nos condean terán iste sábado unha firme e sonora resposta....bágoas no mar non fan pozas mais brosas e cachiças na Guarda convertiran a noite no Fiuscalho nun infermo moito peor ca os supervivinte do desastre aereo nos andes Chilenos VIVEN foi o nome do filme que tentou amosar a magnitude da traxedia e VIVEN é o nome do grupo aborixe que pechará a festa billardeiro-canibal diste novo e impredecíbel aberto puntuábel na Conf. Sur da LNB.
















E se a Guarda é un territorio no que iste sábado a LNB estrea emprazamento , na cidade das Murallas é xa a 7º edicion do seu Aberto puntuábel para a indomábel Conf. Mae. Unha continuidade a dos MadiaLeva que fixo que o lume se espallara polas terras da terra chá donde iste Aberto é un dos máis agardados e segundo os ruxes ruxes afirman os Carabullo desexan confirmar a súa supremacía na competicion por equipas levandose para Muimenta o Gran Trofeo Pokemon para chantarlles unha estaca no peito a isa outra gran franquicia dos Billardeiros Muisicais á que dende Meira teñen no ollo de mira . Colle pois o calcetin branco , as brosas e paláns e iste sábado cara a Guarda e Lugo- Polbo e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!