O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 30, 2014

....E DÍXOLLE O PALÁN Á MAU>> ÁTAME!!

















"Billardo" é verba que en Arxina significa cigarro , en Lugo no Aberto do Polbo exemplificouse de novo ise conexion brutal entre o desporto da billarda e o verbo xido , e outra das cousas que se comprobaron foi a necesidade imperiosa de seguir insistindo na necesidade de AMARRAR O PALÁN Á MAU , de novo na pista do EIS Anxel Fole un palán voou polos aires e golpexou a unha palanadora , por sorte non pasou nada pero isto non pode seguir acontecendo, os paláns  por imperativo legal , civismo billardeiro e por respeto ós compañeir@s na pista de xogo teñen que estar coa corda abrazada ó brazo.

















Lugo por sétima vez que se di axiña , acolleu o seu aberto puntuábel que dende iste pasado sábado ate a eternidade pasara a denominarxe do Polbo , en apoio ó cefalópodo e á súa auténtica denominacion galega que concellos coma o do Carballiño queren exterminar, na LNB pomos a chaqueta para berrar alto e claro : Polvo Sim , Pulpo NOM!!

















E simultaneamente ó bruar das billarda en Lugo na Garda estreábase como terra liberada acollendo por primeira vez na história un Aberto da LNB, toda a tribo da Conf. Sur invadíu a vila e o centro social O Fuscalho na posterior gran festa-concerto...



















E tanto en Lugo coma na Garda moitas olladas estaban dirixidas cara o vila de Burela , en Lugo porque cara alí ollaban os BIllardeiro Musicais para que dende alí Markitos dirixise os seus golpexos e de Burela chegaban tamén os The Brosas , a banda aborixe do Xebra que subíu ó esceario do Fuscalho para por a guinda final ó Aberto da Conf. Sur.























Espectacular imaxe a de Pirucha na Garda , fai uns días o podiamolo ver camiñando sobre unha corda agardamos que ó igual que fixeron outros artistas do seu calibre el non decida na vez de camiñar sobre ela atala ó pescozo , ista imaxe ó igual que as impactantes fotos das galerias guindadas polos palanadores dan mostra da magnitude da traxedia no histórico estreo da LNB na Garda.

















E despois de toda unha tempada tentándoo Daniel , de seguro impulsado tamén pola forza de Markitos logrou un pleno  nas 5 carreiras desputadas no Anxel Fole que o combertíu no campión absoluto e dono do espectacular Polbo-LNB do MadiaLeva.

















Un Aberto o de Lugo ó que os Billardeiros Musicais chegaron dende Ribadeo dispostos a mollarse de verdade , e así o fixeron acadando o I GRAN PREMIO POKEMON >> chourizos , galicola, viño do país e un espectacular polbo foron os agasallos para unha equipa que sinxelamente arrasou niste Aberto da cidade das Murallas...Polbo Somos , Adiante co Varal