O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 25, 2007

A GRAN TEA DE ARAÑA DA LNB....

Nen os máis optimistas podían prever que cando Ismael , O Zidane da billarda , concedeu a súa primeira entrevista para o fanzine O Varal na súa sección de A Cantina da LNB poderia chegar ó sitio no que estamos hoxe, pasando o ecuador da segunda edición da SUPERLIGA de billarda e un amplo número mans e ollos ó redor de todo o mundo pendentes de todo o que pasa nas pistas de xogo da LNB. Cosolidámonos e todo grazas a todos vós, ós representantes da LNB na Coruña que fan posíbel que iste ano outra vez se vaia celebrar o Billarda all stars entre o leste e o oeste, ós amigos de Betanzos que de seguro van estar no campús da Zapateira seguindo o espectacular acontecemento para apoiar ós galácticos e galácticas herculinos capitaneados por David, ós representantes da LNL (Liga Nacional del Lirio) de Asturies que fixeron posíbel o xa historico debú internacional da dúas potencias europeas, a todos os amigos de Xil , no concello pontevedrés de Meaño que fixeron rumbar por primeira vez os motores da Guagua e a donde de seguro voltaremos para golpexar a billarda coa capela das Angustias coma único testigo mudo, a todos os medios de comunicación escritos e audiovisuais que dende As Quimbambas , Aberto por Reformas ou Máis Berberechos da RG á humilde pero poderosa conexión despois de cada torneo con Hora Krono en Radio Valadouro, e como non a todos os nosos pequenos patrocinadores que fan posíbel alimentar a serpe multicor na que a LNB xa se converteu , e todo isto non fixo máis que empezar .....novas franquicias amiazan con saltar as murallas de Lugo e incorporarse á competición e dende Vigo , os Palanganas capitaneados por ise ente internacional chamado Aitor de seguro que moi pronto van brilar con luz propia nos escaparates da mellor liga do mundo...... quedan moitos nomes no tinteiro pero todos sabemos que ate aquí nadie se achega para figurar , non te quedes á marxe e axuda ó arácnido máis perigoso a continuar tecendo a súa gran tea de araña [ovaral@hotmail.com ] o correo dos militantes da ilusión.

terça-feira, janeiro 23, 2007

PARTE DE LESIÓNS [preme]

Unha vez cruzado o ecuador da competición algúns palanadores resinten o esforzo e as grandes esixencias da alta competición, hai unha franquicia, precisamente os Cornería-Team , o equipo no que milita Ismael ,O Zidane da billarda , que se está a resentir con dúas importantísimas baixas froito claro está do traballo gregario dos seus palanadores para a figura do seu lider de filas, estamos a falar de Uxío, o gran palanador de Alfoz estivo xa ausente en Ribadeo e non se puido recuperarse da forte gripe para a desputa do 7º asalto en San Pedro, e foi alí no cemento pulido da pista barreirense durante a desputa do paso do ecuador cando en exclusiva para o micro-carabullo da primeira micro-televisión deportiva galega o grande palanador e comentarísta multidisciplinar dista canle que racha parabólicas nos enteiramos que chegaba ó torneo mancado nun brazo e que segundo o equipo médico dos Cornería –Team era dúbida para a desputa o 11 de febreiro do gran torneo do lacón a celebrar na pista de Vilaronte no concello de Foz. Bafos de eucalito e fregas con ortigas para istas dúas auténticas estrelas do deporte da billarda e se ti estás lesionado, a LNB distribúe en exclusiva os supositorios LNB , próbaos e olvídate das malditas lesións e catarros!!

sexta-feira, janeiro 19, 2007

BISBAL ARRASA NA LASTRA DE SAN PEDRO!! TELE-VARAL [preme]

Pero o paso de ecuador da SUPERLIGA non foi un desembarco unicamente de palanadores e palandoras o que se producíu no mar de cemento pulido da pista central de San Pedro , xunto cos galácticos da billarda pisaban lastra tamén as grandes estrelas do deporte dos bolos, presentábase a SUPERBOL GALIZA 2007 que situaba fronte a fronte dous xeitos de entender iste deporte o oriental encabezados por Américo, e o sector occidental capitaneados por ise gurú diste deporte de forza e precisión chamado Mario , que en absoluta exclusiva fala para os micros de TELE-VARAL tratando de guiar a toda a nosa internacional audiencia no maravilloso labirinto dos bolos e as lastras, chegaban os astros da liga de xove dispostos como non podia ser doutro xeito a loitar contra a forza emerxente dos Milio ou Lois do sector oriental e foi un dos seus lanzadores o xa popularmente coñecido coma Bisbal o que conquistou iste torneo de presentación da SUPERBOL , pese a que Cándido tentaba coller as rendas e dirixir ós lanzadores do sector oriental con epicentro en Remourelle, eran os galácticos da liga de xove cun inspiradísimo Bisbal quen sentenciou na definitiva tanda de lanzamentos ó canteiro iste iniciático campionato de presentación da SUPERBOL.

quinta-feira, janeiro 18, 2007

CAFÉ , PARVA E TÁBOAS DA SUPERLIGA !!

COINCIDINDO CO PASO DE ECUADOR DA SUPERLIGA DE BILLARDA 2006-07 A LNB CONSEGUÍU QUE O DIARIO EL PROGRESO DE LUGO PARA CELEBRAR ISTE ACONTECEMENTO INTRODUXERA NAS SÚAS PÁXINAS NUNHA SECCIÓN DENOMINADA EN JUEGO, UNHA TÁBOA COS 10 PRIMEIROS CLASIFICADOS E A TÁBOA DE CLASIFICACIÓN DAS FRANQUICIAS. CADA MARTES POSTERIOR Á CELEBRACIÓN DUN ASALTO , PODEREDES ALMORZAR OU TOMAR A PARVA COMENTANDO E DISCUTINDO AS CLASIFICACIÓN DA SUPERLIGA DE BILLARDA....O COMENTARIO MAIORITARIO DISTES DÍAS É SE ISMAEL , O ZIDANE DA BILLARDA PODERÁ AGUANTAR NO MÁIS ALTO DA CLASIFICACIÓN ATE FINAL DE TEMPARA OU SE POLA CONTRA A PARTIR DE AGORA INICIARÁ O SEU PARTICULAR VIAXE VERTICAL. COMA SEMPRE NO ESPACIO PATROCINADO POLA TENDA -LNB TEDES AS CLASIFICACIÓNS COMPLETAS. BOTA UN OLLO E PREPÁRATE PARA LANZAR AS APOSTAS!!

terça-feira, janeiro 16, 2007

ESCOITA DE NOVO A MESAXE Á NACIÓN DO ZIDANE DA BILLARDA [preme]

Qué facías ti na tarde 15-X? Ista pode ser unha das preguntas coas que dentro duns anos se recorde o día no que a grande estrela do deporte da billarda se dirixíu a toda a nación . Pero se por algún motivo ti non puideches estar pegado ó transistor para sentir o alento na caluga do Zidane da billarda, Radio Varal ofréceche isa sempre necesaria segunda oportunidade para voltar a sentir as verbas de Ismael en franca connivencia coas madriñas da LNB , habitantes no diál da Radio Galega dise espectacular mundo ó revés chamado As Quimbambas. Todos veñen por mir afirmou Ismael nun desesperado berro que dexa ás claras que a partir de agora el é o hoem a batir na competición que racha moldes. Beckham sucumbíu ante hollywood pero o Zidane da billarda continúa resistindo na súa casa de Celeiro de Mariñaos ás multitudinarias ofertas que cada día lle choven ó seu representante. Outros galácticos xa son posibles!!

segunda-feira, janeiro 15, 2007

ISMAEL , O ZIDANE DA BILLARDA VAI DIRIXIRSE Á NAZÓN!!

NOVAS DE ÚLTIMA HORA:A GRANDE ESTRELA DO DEPORTE DA BILLARDADA E FLAMANTE CAMPIÓN DE INVERNO DA SUPERLIGA ISMAEL , O ZIDANE DA BILLARDA, É O CONVIDADO DE EXCEPCIÓN ISTA TARDE DE LUNS NO PROGRAMA DA RADIO GALEGA AS QUIMBAMBAS , A PARTIRES DAS 17 H. DA TARDE DE HOXE,GALIZA E O MUNDO VAI CONTER A RESPIRACIÓN PARA SENTIR POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA AS VERBAS DISTE AUTENTICO GALÁCTICO DAS MARXES QUE QUERE AGRADECER O CONTÍNUO APOIO DA SÚA MULTITUDINARIA LEXIÓNS DE FANS. BECKHAM SUCUMBÍU ANTE HOLLYWOOD PERO O O ZIDANE DA BILLARDA CONTINÚA RESITINDO ÁS MULTITUDIONARIAS OFERTAS NA SÚA CASA DE CELEIRO DE MARIÑAOS, PREPARA O TRANSISTOR PARA SENTIR O ALENTO E A VOZ DO MELLOR XOGADOR DE BILLARDA DE TÓDOLOS TEMPOS!! OUTROS GALÁCTICOS SON POSIBLES!!

O ZIDANE DA BILLARDA PROCLAMOUSE EN SAN PEDRO CAMPIÓN DE INVERNO!! [preme]

ISMAEL, O ZIDANE DA BILLARDA, PROCLAMOUSE NA TARDE DO DOMINGO 14 DE XANEIRO CAMPIÓN DE INVERNO DA SUPERLIGA DE BILLARDA 2006-07, CUN XOGO TEMPERAMENTAL E COMEDIDO SOUBO APLICAR AS EMBESTIDAS DO SEU INMEDIATO PERSEGUIDOS J.MANUEL CO QUE SE BATEU EN DUELO NA PISTA CENTRAL DE SAN PEDRO QUEDANDO O APLIQUE EN TÁBOAS E PROPICIANDO QUE ISMAEL CONSEGUIRA O PRIMEIRO TÍTULO OFICIOSO DA TEMPADA.O ZIDANE DA BILLARDA ASALTOU O LIDERATO NUNHA HISTÓRICA TARDE EN REMOURELLE E CONSEGUÍU MANTELO ATE SAN PEDRO CRUZANDO O ECUADOR DA TEMPADA COMA LIDER, PODERÁ ISMAEL MANTER O LIDERATO ISTES 7 ASALTOS QUE RESTAN E PROCLAMARSE CAMPIÓN ABSOLUTO O 27 DE MAIO NO TORNEO CLAUSURA A CELEBRAR NO COLISEUM DE CELEIRO DE MARIÑAOS? A RESPOSTA ESTÁ NO AR...... COMEZA XA A CONTA ATRÁS!!

quarta-feira, janeiro 10, 2007

1º TÍTULO DA SUPERLIGA EN XOGO!!

A LNB rompe a súa tregua de Nadal deslizando a serpe multicor pola Devesa dirección á pista multiusos de San Pedro de Benquerencia, a gran incógnica que se presentra niste agardadísimo 7º asalto pola afección é saber como afectaron os excesos distas pasadas festas ós galáctios e galácticas da billarda, polo momento sabemos que Ismael O zidane da billarda puido comer o turrón liderando a clasificación , pero iste domingo 14 de Xaneiro Ismael terá que manter a sangue fría coma unha lagartixa adoecida se quere facerse co tan desexado título de campión de inverno , primeiro título en xogo dista SUPERLIGA 2006-07 , que a partires diste 7º asalto comeza a estreitarse. Conseguirá Ismael manter o seu cinturón de lider no ring de San Pedro, prepárte para vivir unha velada histótica de billarda , suor e bagoas!!

terça-feira, janeiro 09, 2007

ARRINCA A SUPERBOL GALIZA-2007!!


A LNB dá un novo paso ó fronte e coincidindo co transcendental 7º asalto da SUPERLIGA de billarda donde se vai proclamar o campión de inverno dista especatacular competición vai porse en marcha co único amparo do A.D.C do Varal denominada SUPERBOL – GALIZA 07 , a primeira competición estábel de bolos sen desquite vai ter o seu arranque na pista multiusos de San Pedro de Benquerencia , permanecen abertos os prazos de inscripción nista competición que vai por patas arriba o mundo do deporte tradicional galego , racha coas cadeas únete á SUPERBOL GALIZA 07 . Podes inscribirte na pista de xogo a apartires das 15:30 do domingo 14 ou ben enviando unha nota polo pichón da LNB [ovaral@hotmail.com]. A LNB non dá nin un paso atrás , nin para coller impulso!!

segunda-feira, janeiro 08, 2007

ARDERÁ O CAMPIÓN DE INVERNO?


ISTE DOMINGO 14 DE XANEIRO A SUPERLIGA ACADA O SEU ECUADOR, PODERÁ ISMAEL O ZIDANE DA BILLARDA PROCLAMERSE CAMPIÓN DE INVERNO? A RESPOSTA A PARTIRES DAS 15:30 NA PISTA MULTIUSOS DE SAN PEDRO DE BENQUERENCIA NO CONCELLO LUGUÉS DE BARREIROS, E POR SE FORA POUCO AS BANCADAS DO MULTIUSOS VAN VIBRAR DE EMOCIÓN COA PRESENTACIÓN DA SUPERBOL , A LNB DÁ UN NOVO PASO PONDO EN MARCHA ISTA COMPETICIÓN DONDE OS LANZADORES DE BOLOS VAN MEDIRSE NISTA COMPETICIÓN QUE DE SEGURO VAI RACHAR MOLDES E DONDE CÁNDOIO, O MAXISTRAL LANZADOR DE REMOURELLE PARTE A PRIORI COMO O HOME A BATIR . ARRINCA O GRAN ESPECTÁCULO DO DEPORTE DA BILLARDA NO 2007 CO AGARDADO 7º ASALTO DA SUPERLIGA DONDE SE VAI COROAR O CAMPIÓN DE INVERNO, PREPARADE OS MECHEIROS!!!

quinta-feira, janeiro 04, 2007

DE ALINDAR AS VACAS AO DEBÚ DA SELECCIÓN...

OS REIS MAGOS NON DEBERÍAN DEIXAR NINGÚN FOGAR GALEGO SEN UN EXEMPLAR DA ESPECTACULAR NOVA EDICIÓN DOS CADERNOS DE A NOSA TERRA, UN MAGNÍFICO TRABALLO DIRIXIDO POR AFONSO EIRÉ E COORDINADO POR CÉSAR LORENZO GIL QUE VEN A DESCUBIR UN INTENSO UNIVERSO DE DISCIPLINAS DEPORTIVAS ATE O DE AGORA DESCOÑECIDAS PARA O GRAN PÚBLICO COMO A LOITA GALEGA E AS CARREIRAS DE CABALOS. DE ALINDAR AS VACAS AO DEBÚ DA SELECCIÓN É O TÍTULO CO QUE A LNB AMOSA AS SÚAS CREDENCIAIS, DEIXADE HERBA NOS KIOSKES PARA QUE MENTRAS QUE OS CAMELOS A COMEN , OS MAGOS POIDAN ENCHER AS ALFORXAS........ UN CADERNO REFERENCIAL QUE DE SEGURO FARÁ HISTORIA!!

terça-feira, janeiro 02, 2007

TELE-VARAL REVOLUCIÓN NAS COLONIAS!! [preme]


O caiuco imposible de TELE-VARAL desprazouse cara ó atlántico piscina na búsqueda de rivais africanos para enfrontarse á Auténtica, na súa deriva atlántica, Funchal a capital da Illa de Madeira xa estaba a ultimar os preparativos para recibir á abalancha de turistas que se achegan ate a colonia portuguesa para festexar o aninovo 2007, foi o marco axeitado para que o reporteiro da primeira microcanle dixital galega ,fronte ó famoso Mercado de Lavradores botara o berro pedindo a revolución nas colonias para rachar co xugo imposto polas metrópoles española e portuguesa, moi atentos á tribo que acompaña a locución do noso enviado especial á ilha africana, bohemios tambaleándose coa botella de viño na man ate músicos de rúa chegados dende a mítina Santana poñen colorido especatacular ó berro anticolonial nas rúas ardentes da capital Madeirense!!