COLLE O PALÁN E ESCUPE NA ALFOMBRA , CINEMA E BILLARDA INDEPENDENTE SEMPRE!!
69 participantes no gran Aberto puntuábel de Figueirido e 25 anos da terríbel matanza de Paulino na aldea de Surribas en Chantada , contradicions macabro-sexuais que achegaron inconcinetemente ista fin de semana máis ca nunca o sur galego co sur da salvaxe provinzia de Lugo.
Estreando as primeiras raiolas de sol do 2014 , os palanadores e palanadoras das Rías Baixas desfrutaron coma lagartixas a ceo aberto dunha tardiña de festa e billarda coma xa se botaban de falta, Xavi de Gharabotos no máis alto do podium custodiado por Xan de Lúa de Forza no segundo posto e Felipe de Zume de Vimbio no terceiro andar pecharon ista gran xornada previa ó agardísimo Billarda All Stars 2014 de Caraballo.
E cara ista fin de semana no horizonte ó caron das estrelas da LNB que se darán cita en Caraballo xa brilan tamén no horizonte as explosivas citas audiovisuais que servirán de previo de luxo antes de que o Varal sinta os arrepíos ante o bruar dos mates dos palanadores. Sundance NON , iste venres festival de Curtas de Muimenta organizado pol@s indomábeis Carabullo vai extendar unha alfombra de toxo e lama para recibir a explosiva nómina de anti-estrelas que alumearan a noite chairega , e naturalmente entre as fitas haberá un espazo para o univero contra-cultural billardeiro con tres brutais estalos agrupados nun marco denominado TELE-VARAL Experiance. Mais non será o única puñetazo audio-visual dista find, ise mesmo venres 14 no Xebra de Burela proxectarase o documental O Sorriso Insubornábel no que se narra a vida e obra do activista galego Martinho amigo e referente absoluto para toda a tribo LNB. E por se non fora pouco noutro punto da xeografía billardeira aínda que en secano dende fai unhas tempadas, arrincará iste sábado o Festival de Cinema de Alfoz. Colle o palán e escupe na alfombra, billarda e conema independente sempre!!
2 Comments:
At 7:55 AM,
520abc said…
0622jejedsquared2
red bottom shoes
canada goose jackets
air jordan uk
coach outlet
tods outlet
adidas nmd
christian louboutin shoes
pandora jewelry
ralph lauren outlet
canada goose jackets
At 9:26 AM,
5689 said…
zzzzz2018.10.17
canada goose jacket
christian louboutin
new balance shoes
louboutin shoes
kate spade outlet
coach outlet
tory burch outlet
christmas presents
air max 90
lacoste polo
Postar um comentário
<< Home