O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 21, 2013

SURFEANDO ENTRE AS PENAS ...BLUES, TOUCIÑO , PATACAS, BATUKO SANITARIO E BILLARDA SEMPRE!!























A ridícula imaxe dun político sobre unha táboa de surf puidose ver a moi poucos metros da Praza do Mar de San Xenxo donde iste sábadoPraza do Mar  21 de setembro se vai celebrar unha nova enganchada regular  e multitudinaria na Conferencia RíasBaixas. Falamos do infame colaxe de sal , podredume e leopreno que protagonizou Rafael Lourán , presidente da deputacion de Pontevedra , facendo o paripé na inaguracion do programa Surf Rías Baixas Pro Lanzada que ista mesma fin de semana, previa inxección de 69.000 euros convide e reprime á practica da billarda ó carón das areas. E se unha vez rematado o Aberto necesitas solás e blues , un dos palanadores da Conferencia trocará o palán pola guitarra para no pub Cabanel de Domaio ( Moraña ) acompañar ó pianista e cantante de blues londinense Charlie Lankester na súa xira galega.

















E no contexto da axenda alimentacia de alto rendementos para palanadores e palanadoras que os irmáns de Carnelao puntualmente nos ofrecen temos necesarioamente que destacar a espectacular festa da pataca que dende o venres xa inunda o porto e os bandullos Burela . Ainda que coñecida polo seu Bonito a  vila bañada polo cantábrico tradicionalmente ten a pataca coma o seu ADN identificativo en todo o contexo da mariña de lugo donde ós seus aborixes se lles coñece coma Pataqueir@s . POLA TÚA SAUDE , PASA POR BURELA E GAÑA O TEU PESO EN PATACAS!!

















Unha festa da pataca que iste sábado vai ter un compango espectacular no C.S Xebra donde un feixe de grupazos ismáns da LNB van executar dende as 17 h. un espectacular concerto en Defensa da Sanidade Pública .Cortisona , berros e guitarras afiadas a prol dos nosos dereitos coma dentes permanentes- E atencion porque o único xeito que hai de acabar coa perigosa  enfermidade que todos portamos cando o noso palán é matando o can que levamos dentro e ise sairá iste sábado e sairá de novo o vindeiro sábado no arrinque de tempada na Norleste no peirao de Burela e na festa posterior no Xebra donde Ex-tension Agraria e o Komandante recollerán as vacinas infectadas de paixón iste sábado no antiga figueira.

















Dende o venres a actividade e ramificacions billardeiras exténdense ate o mesmo domingo xa que será no xa referencial espazo da Taberna-Cruceiro da Pastoriza donde xa está instalada a Caravana dos irmáns dos Gaita-Fims de Meira que van apresentar a súa nova creacion audiovisual DHOGS cun fin de festa a cárgo dos PANZ donde milita o gran palanador de Ex-tension Billarda Adrian.













Unha caravana a da músico londinense Charlie lankester , que segun nos conta Albino , palanador de Lua de Forza e membro da súa banda de acompañamento na xira galega , utilizou a billarda coma xeito de aclimatacion ó país e coma ós PANZ no Cruceiro iste domingo aparcará fronte ó Pub Ache de Seixo de Marín para pechar a semana cunha nova descarga de blues salvaxe acompañando polo seu cracy horse galaiko e persoal formado por activistas LNB...Blues , Touciño , Pacatas e Billarda Sempre!!

3 Comments:

Postar um comentário

<< Home