O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 30, 2013

UN TABEIRÓN COMA PREMIO NA LNB ?? NON...UN ESPECTACULAR BONITO DE MÁIS DE 12 KG PARA RICHAR DE TROPA LIXEIRA NO ESTREO DA CONFERENCIA MAE EN BURELA!!



















Din que o xonralismo actual non se pode entender sen a redes sociais , pero menos se entende ainda a Billarda contemporaneoa sen o uso do Twitter , nista impactante imaxe podemos ver ó gran palanador de Tropa Lixeira Ricar comunicandose pola rede dos 140 caracteres co espectacular bonito sostido polo Al-Pachino da LNB , o actor e piloto profesional Kaskarilhas.


















Un aberto o que Burela co que se rachaba a botella de licor Café contra o batuxo da LNB NorLeste e que servía tamén de bautismo de sangue billardeiro para  anova franquicia LNB da Vila , Os  Xebr@s , a serpe multicor recibíu cos brazos Abertos ós xa considerdos coma os Anti-Cristos da LNB!!



















Aínda que era no peirao de Burela donde se ía realizar o Aberto os chuzos de punta e a maxistral xestion dos irmans de Buril e da LNB conduciron os nosos varados ó Pavillón do Colexio dos Castros.


















Unhas instalacions fenomenais que posibilidaban incluso que os palanadores e palanadoras como fixeron os  Xebr@s , puideran exercitarse nunha pista de adestramentos antes de entrar en competeición. Histórica imaxe duns dos palanadores de Xebra probando un golpexo con efecto greencore apoiado poloa máxia dixitadora e a intuición salvaxe do Komanadante.



















A pista da LNB en Burela converteuse nun auténtico palleiro de inquedanzas contra-culturais , impresionante imaxe distes dous creadores cuxo río Eo une e afoga os seus paláns e billardas da LNB nunha mesma loita contra unha Banda Escrita e Deseñada Establecida.



















A tension acumulada íase acumulando en cada golpexo , a tarde prometía con polémicas e impulsos contidos converteron o Pavillón dos Castros nun dos espazos xa referencias das estancias LNB da Conferencia NorLeste.



















E de Costa a Costa xa que a pé de pista un dos palanadaores de Gharabotos xestionaba a distancia a posíbel utilizacion do palán ó día seguinte nas inmediacions de Balaídos para conter ós embites feixistas dos siareiros de Elxe. Cremos moi axeitado por parte do irmáns Celtarras a utilizacion de material LNB coma arma de ataque mais igual os paláns os teñen que utilizar para racharlle de novo o tabique nasal a ise asturiano e toda a súa troupe de mercenarios que teñen sentados en sillóns de ouro lixando o banquiño celtiña.



















Un aberto multitudinario que dexou ás claras como as gasta a conferencia norleste , estreas por todo o alto coma a do palandor de Carabullo Santi , que xunto con Juan de Billardeiros Musicais ocuparon o terceiro e segundo posto respectivamente...

















nun pódium presidido polo gran palandor e twitteiro Richar dos Tropa Lixeira de Meira, brutal entrega de premios realizada polo noso selecionador nacional Flores que tivo que mover o ceo e a terra para que Richar abrazara o impresionante exemplar de máis de 12 kg de Bonito xestinado polos irmans de Buril . ö final o gran campión rematou con escamas pola cabeza e levando o peixe para a casa nunha bolsa doada polo planador da Ekipa Bítere Mondoñedo que estivo a piques de colarse na finalísima polo peixe mais a mala sorte foi a súa aliada nas dúas ultimas carreiras.











E se da alinzas en Burela se ten que falar a de Xebra , Buril e a LNB desembocou nun explosivo concerto de Punk Rock Indíxena no lusco e fusco dun día histórico . Sobre o esceario da sala Xebra Ex-Tension Agraria e o Komandante e no interor dos vasos o máxico Grogue, ron cabo verdián, doado polas irmáns de Tabuko Rebentola...Billarda e Indixenismo no Castañazo , Adiante co Varal!!