O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 07, 2013

ERGUE O PALÁN ...E CON EL SEMPRE A MÍTICA BANDEIRA-LNB DA LIBERACIÓN NACIONAL E DESPORTIVA!!



Sen lugar a dúbidas Begonte foi un dos puntos clave diste incendiario verán billardeiro e A Bandeira da LNB un dos elementos mais importantes co que os activista fixeron visíbel riba dos escearios o brutal conflicto billardeiro que estoura baixo cada pedra e en cada regueiro.A actriz Isabel Risco abraza a nosa bandeira e a nosa loita na súa espectacular  locucion de apresetacion dos padrinhos Zënzar...



Unha bandeira que subíu ó esceario e alí se quedeou presidindo o mesmo durante toda a máxica e histórica noita como se pode ver no video oficial do festival que amosa a actuación dos Guezos. A semana pasada nun outro festival un membro da LNb estableceu contacto cos activista audiovisuais de IrmandadeTV , ogallá que froito da colaboracion IrmandadeTV-LNB surxa un feixe de bandeiras coma ista que inunda o esceario de Begonte para que en todos os Abertos e Festivais se faiga patente e visíbel a pegada da serpe multicor da LNB abrazando o palán e ceibando o seu veleno.























Un veleno que iste sábado poderán soborear tod@s os afortunados que apartires das 16:30 h esteñan na Praza Maior do Corgo no Grove para a desputa do denominado gran Campionato Mundiial de Billarda.., que a forza e o palán nos acompañe..Billarda Bravú, Billarda Contra o Mundo Sempre!!