O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 16, 2013

O MEMORIAL CALVETE CATAPULTA A MURIEGO COMA O GRAN PROFETA DO "SAQUE DE CORNER" NA LNB!!



















De Taberna a Taberna e tiro porque me peta...isa poderías ser o sutaque da gran cadea billardeira que uníu unha vez máis Xil con Remourelle , arrincaba a find. cos estalos de Naked Covers na beira atlántica e remataba cun espectacular e ruidoso brinde no pódium na brava parroquia ribadende de cuncas xíbaras ó carón do espectacular Xerro de Calvete - Daniel levou o Xerro e as cuncas xíbaras foron para Geni polo segundo posto e Muriego polo terceiro.


















Talladas de credivilidade e grolos de paixón foron os petiscos que saborearon os palanadores e palanadoras que iste domingo se deron cita na Taberna de Lola , ó redor dos pratos cheos coa forza do mítico Año da LNB para en Remourelle para homenaxear uha vez máis ó gran referente da LNB "Calvete" e de paso apretar os xugos dunha nova tempada na Conf. Norleste que xa está a  piques de estourar..



















E despois do xantar de irmandade e sobremesa-coloquio bañada por unha gran sesion de chistes secesionistas de Flores e polo amarelo licor vegano-carnelao , a tribo foise para a pista de xogo disposta facer bruar os paláns. Celebrouse un espectacular Aberto de tod@s contra tod@s que contou co deus Sol coma aliado para apadriñar unha das evolucións regulamentarias que están chamadas da revolucionar o mundo da billarda que niste Memorial Calvete xa se experimentou con notabilísimo éxito , trátase do Saque de CORNER ,  unha proposta chegada dende as terras do Eo-Navia da man do gran palanador , ilustrador e filósofo dos R. Bulls Muriego que deixou perplexos e excitados a todos cantos palanadores e palanadoras participaron dista xa histórica tarde en Remourelle.




















Cada carreira converteuse nun emocionante paso no vacío que podía conducirte de saíres coa túa billarda pola liña de fondo do Varal ó fatídico e fraticida punto de Saque de Corner. UN paso adiante sen dúbida que non puido atopar mellor esceario que o Memorial Calvete para arrincar o súa fase Beta e de estudo que de nun futuro de atopar o cosenso necesario poderase establecer como un dos elementos máis no regulamento LNB . Calvete e Muriego os protetas do Saque de Corner!!



















Un memorial que como se pode sentir tivo unha intensidade brutal dende o minuto cero dende que o primeiro xeo golpexou o vaso de vermú ate o infindo que surcan os avións do Clube de Aereomodelismo Nordés. unha activade a dos avións teledirixidos que uns palanadores da LNB teñen tamén coma paixón e que durante ista gran Memorial Calvete se establecer uns ofrtísimo lazos de unión para tentar que avións e billardas esteñan xuntas nunha mesma pista e nun mesmo ar. Fai usn días durante a cade humana da Vía Catalana puidemos ver un avion de fletado pola cande do TDT  Interecomía cunha faixa ó ar mais nunca pensarion os que iso realizaron que a Tele-Varal en colaboracion coa Clube de Aereomodelismo Nordés ía estar en disposicion de respostar a mensaxe , Burela pode ser o sitio e o Aberto do Bonito a pista de lanzamento e aterraxe dos Cazas Billardeiros.. Calvete Sempre, Adiante co Varal!!