O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 18, 2013

O FERVEDOIRO EN CUNTIS , BURIL E XEBRA EN BURELA, IRMANDADETV EN COMPOSTELA.... ADIANTE AS ALIANZAS POLO FLUXO EXPANSIVO DA BILLARDA!!

























Son moitos os colectivos irmáns que apoian e acompañan á LNB no seu intenso bruar polo páis adiante para consolidar o gran proxecto de normalizacion billardeira e soberanía deportiva , e un dos máis activos que puntualmente acoden á forza do palán para revolucionar Cuntis son os activistas do fervedoiro...
























E será iste vindeiro sábado día 5 de outubro cando se celebre o 3º Aberto de Billarda , un acontecemento que revoluciona toda a vila e redores xa que no fervedoiro como na resto dos colectivos afins á LNB non se entende a billarda sen a festa rachada e as actividades paralelas que fan que o noso deporte nacional sexa unha auténtica bomba de reloxeiría . Xa podes ir apoiando a acción incribindote no Aberto e establecendo contacto directo  >> ofervedoiro@hotmail.com



















E outro do colectivos irmáns que están xa ultimando a súa accion billardeira polo horario natural galego son os Buril de Burela , alí o vindeiro sábado 28 de setembro botará a andar a serpe multicor da Norleste, a Conferencia Mae  quere celebrar por todo o alto o arrinque de tempada que supón a desputa do Aberto do Bonito cunha expolosiva festa indíxena posterior ó torneo no Centro Social Xebra coas actuacion de Ex-Tension Agraria e do anti-bluesman Komandante que apresentará en vivo o seu incendiario tema Billarda Express . O Komandante xa estivo quentando motores nunha espectacular intervencion sonora nun estudio de Tatuaxes de Foz e os Ex-tension Agraia arrincarán a súa actuacion cunha video-instalacion-billardeira de Burela a Cabo-Verde "O GRAN ESTALO" .....Billarda e Batuko Sempre!!