O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 07, 2013

OLIMPISMO EN BOS AIRES? NON...PULPO, MÚSICA AO VIVO E BILLARDA EN CASTROFEITO SI!!

                                   

Bos Aires convértese ista fin de semana na estercoleiro mundial do entramado mafioso do deporte olimpico , dalí sairá a cidade que acolla os fachos 2020 un ano aínda lonxano mais para o que deporte nacional aspira a estar aínda mais forte e rexo para roubar a chama olimpica e con ela queimar as pantasmas da exclusion sitemática dos nosos deportistas das competicions nas que participan.
















E para aboar o camiño cara o 2020 nada mellor que música ao vivo e pulpo a feixes como iste domingo apartires das 17 h. vai acontecer no Campo da Festa da Madalena de Castrofeito donde os activistas da Conferencia Centro arrincarán unha nova edicion da súa tempada regular cun infalíbel coctel de festa e billarda nista Aberto da Pastora...Estornela Sempre!!