O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 05, 2013

78-69 O PANDOLO DÁ UN BRUTAL IMPULSO NO EUROBASKET Á PRO-OFICIALIDADE DAS NACIÓNS AÍNDA SEN ESTADO!!

















Para un xogador da seleccion española é simplemente un partido da primeira fase , mais o severo correctivo da selección irmá de slovenija ó combinado anti-natural dirixido polo ex-pivote Orenga supón un gran palán de oxíxeno ás aspiracion de paises coma a Galiza que desexan o lexítimo recoñecemos oficial para poder competir internacionalmente como o fai servia , croacia ou macedonia niste apoixoante eurobasket á cal a nosa seleccion ten o paso betado.

















Para os centos de seguidores na galiza mediante o seu activo espazo facebook da actualidade do desporto irmán do Pandolo , non é nengunha novidade que ó carón das fotos dos partidos aparezan as espectaculares imaxes dos seus manxares.carnelao co que os palanadores e palanadoras do Prekmurski Pandolasi acompañan cadanseu Aberto,


















Sen lugar a dúbuda o Pandolo e a Billarda están condeados a entenderse e estalos tan potentes como o acontecido ist xoves no Eurobasket achegan aínda maís istes nosos infranquábeis  lazos de unión . Nun contexto coma o actual no que o país arde polos catro costados e ó goberno lle importa un carallo é natural non agardar nengunha axuda institucional nen do pozo de zurro da xunta nen da podredume das deputacións  polo que unha vez máis a autoxestión guiará os nosos pasos coa mesma firmeza que o mítico Maljkovic guía á seleccion slovena...Pandolo Sempre, Adiante co Varal!!