O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 02, 2015

ISTA FIND. CORRERÁ A SANGUE A REGOS DENDE OUTEIRO E CULLEREDO A SAN XENXO!!






















Os irmáns do Fervedoiro e moitos máis colectivos galegos a pasada find. se mergullaron nas bravas augas do país para limpar os nosos ríos facendo unha función que as institicion deberían ter feitas...clarexando pois unhas augas que ista find. como ilustra o espectacular estalo do gran Muriego , que unha vez máis troca o palán polo pincel para ilustrar o de seguro sanguendo inico da actividade regular na conferencia mae , unha cor a vermella-sangue que se vai espallar por todas as zoas de conflicto billardeiro ista find...






















Aramios de espiños electrificados serán os que a tribo da Conf. Norleste esnaquice con cadanseu golpexo no torneo apertura que dende as 15 h diste sábado tinxirá de vermello o espectacular verde do campo da festa de Outeiro ( Muimenta ) . Mais non só o bruar das billardas desafiarán o exterminio galego , na foliada posterior no lokal social dos Carabullo armarase tamén unha boa...






















E coa forza e o impulso acadado en Ponteceso a tribo da Noroeste afronta iste sábado en sesion de mañá o seu desafío billardeiro no complexo deportivo de Acea de Ama ,  alerta vermelle en Culleredo ....a LNB chega iste domingo pola mañá cedo!!



















E coa vila cada vez máis limpa de turistas a LNB afronta iste sábado en San Xenxo unha nova enganchada regular que de seguro axudará a purificar aínda máis se cabe o ar cos xostregazos dende as 16:30 h. na praza do Mar...Colle o Palán e adiante co Varal!!