BILLARDAS ARDENDO DO TORROSO Á ZAPATEIRA NUNHA FIND QUE FIXO HISTORIA!!
Espectacular engranaxe de toda a maquinaria da LNB, dende o Sur según se conta na ráfaga sms dispara aínda en quente dende o torreiro do Torroso que Josué, unha xoven promesa da Conferencia Sur impúxose no multitudionario I Aberto de Mos facendo bó o dito de que na LNB hai unha especie de misión divina con nomes coma Moisés, Isaac , David e agora Josué protagonizando ista revolución que invade o país de punta a punta , iste foi o estalo: Exito n aberto d mos,12 eqipos e 48palanadrs.gañou lacon josue e qeixos cn marmelo pa eqipo a tropa. Adiante conferencia sur!E se isto se cocía no Sur diante dos históricos Palanganas que nada puideron facer para frear o brutal impulso de xogo das novas xeracións, no NorOeste , VI asalto da Liga regular na Zapateira na que se confirma a excelente forma dos electrónicos amiazando xa o liderato Xaruto e cos A Treu e os Taravelas confirmándose xa coma grandes pilares dista Conferencia que mira amiazante para o seu carón. Iste foi o estalo sms disparado en quente ó VARALMORSE : Emocionante xornada na q os electronicos revasan aos filloas de sangue,seguindo os xarutos n cabeza. Grande actuacion dos atreu! e taravelas.
Atención nista Conferencia NorOeste porque xa se confirmou o seu caracter nómada , polo que o vindeiro asalto marcado para o 20 de marzo vaise producir en Ledoira , no concello de Ordes.
A acción polo tanto pasa agora á Conferecia Norleste , dode se quentan motores para iste domingo 13 afrontar no Valadouro o último asalto da quenda regular.
Pegade os fuciños ós webs oficiais de cada Conferencia para coñecer o pulso das clasificacións , e atentos a TELE-VARAL porque van saltar charamenas!!

0 Comments:
Postar um comentário
<< Home