O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 10, 2008

ISTE DOMINGO VAI HABER QUE MOLLARSE PARA PESCAR ALGO NO ÚLTIMO ASALTO DA CONF. NORLESTE!!

E se polo Sur e polo NorOeste foi o find pasado , iste domingo é a primaria Conferencia NorLeste, con epicentro na mariña de Lugo, a que tira da corrente, e que corrente!! . A espectacular tromba de auga que está a bañar istas terras fan bo o dito de chuvia de marzo , nin o mexo dun rato xa que en abril billardas e aguas mil. Chuzos de puntas caen nistes intres de tensa espera ante o último asalto da liga regular na gaiola do Valadouro donde se vai decidir a equipa vencedora da conferencia , a vencedora feminina , o campión de Varados e as 8 prazas de cada grupo A e B para loitar posteriormete no campo de Obe polo pasaporte para a gran final de Compostela.

Todo listo pois , armados con mangueiras , paraugas e katiuscas para iste domingo ás 16:30 comezar a desputa a cara de can por un posto na final , e como, auga da corrente non mata á xente , a LNB desafía a chuvia unha vez máis nunha pista a ceo aberto polo que se roga ó público e participanates vestir cos chuvasqueiros polo que poida caer, auga de tronada , nun sitios moita e noutros nada....que ista semana os de arriba abriron os grifos e poida que o domingo aínda non se acorden de pechalos. En definitiva , que para coller robadallo hai que mollar o carallo e coas bragas enxoitas non se collen troitas.....
Iste domingo 13 a partires das 16:30 na pista do Valadouro hai que mollarse para tentar pescar algunha peza no gran rego revolto da Conferencia NorLeste.