
Os chuzos de punta bautizaron
á tribu billardeira do NorOeste na súa primeira experiencia nómade, Ledoira parroquia do condello de Frades acolleu mollada e disposta a feixarse fecundar pola serpe multicor que xa prepara o seu próximo destino para o derradeiro asalto regular da conferencia en terras tamén fóra da Zapateira. E depois da guerra parada no Bar da veciña Gafoi para disparar a metralla sms ó VARALMORSE
Espectacular xornada nomada q deixa as 3 franqicias mais potents nun puño d 4 puntos ants da derradeira xornada. Atreu resultado spctacular e bnvida a fndpaus. Moi atentos ó seu web oficial por que as táboas botan lume cara á última xornada, Xarutos 104 puntos, electrónicos 102 e filloas de sangue 100 puntos, cal será o que se enfronte ós todo poderosos BILLARDIEROS MUSICAIS na alameda compostelá? . Pero o serpe multicor non ten descanso polo que se prepara xa o espectacular continxente billardeiro para iste domingo
seguindo o rastro de Tom o domigo 27 desputar a
I COPA SALNÉS que enfrontará por primeira vez na historia ó norte e sur billardeiro na mítica pista das Angustias de Xil no Concello de Meaño . Os nativos de Xil xa poden ir collendo forzas na
TABERNA DA CANCELA , organizadora xunto coa LNB diste gran vento deportivo que vai rachar moldes e barricas .
Preparade os paus e mochilas!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home