O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 27, 2010

ISTA FIND ....VENRES E SÁBADO CACHIZA EN BUEU E O DOMINGO BRAVURA NO INCIO!!


Arrinca ista find amizando face a face á montaxe capitalista da Fórmula 1 donde incluso queren adormamecer á populación retransmitindo os adestramentos, é por elo que o Bernie Ecclestone do Morrazo , é dicer , Manuel Otero , decide por en marcha iste sábado ás 17 h o II Aberto do Mexillón pero plantexando ademáis unha xornada previa de adestramentos para o venres de 18 a 20 h que marca un perigosísimo precedente para vindeiras enganchadas. Atención porque ademàis en Bueu estará Anxo , o subcomandande dos comandos itinerantes Ibéricos da LNB que acaba de chegar de Italia donde mantivo reunións con parsoal afin á folosofía de ataque da LNB para realizar accións conxuntas. É por elo que é recomendábel que todos os palanadores e palanadoras manteñan as bonecas quentes polo que poida pasar ante o excitante futuro que nos agarda , é por elo que naide pode perder ista explosiva e referencial dóbel xornada de cachiza nas instalacións provisorias do campo de futbol (na estacada). O gañador e gañadora levarán un saco de mexillón da ría e tamén haberá agasallo para segundos e terceiros. Coincide coa festa do polvo, algo aino Atu, así que invitámosvos a participar e pasalo ben. Adiante a República Cachiza no Morrazo!! , contacto directo >>manolo@concellodebueu.org

-DOMINGO BRAVURA NO INCIO!!


Mais se che queda alento depois do venres e sábado con tanta intensidade mexilloeiro-billardeira o domingo tes un postre de auténtico luxo nas terras indomábeis do Incio, chega unha nova edición do Festival Terra Brava que se celebra un ano máis na localidade de O Incio (Lugo). Será o vindeiro domingo 29 de Agosto, Pan de capazo, A Tuna Rastafari e Medomedá estáran repartinso tralla e dende a organización xa se nos informa que pese a non poder incluílo iste ano o Aberto da Bravura está entre aspas para poder executalo na vindeira edición ou realizar unha acción conxunta en vindeiras datas cunha irrupción billardeira nos poderosoas terras do Incio. Contacto directo: 639 754 236 Roi