O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 12, 2010

NON QUERES TAZA , POIS TOMA TRES CUNCAS E MEIDA: FENE, LARDEIROS E LORES ( MEANHO)!!

O BNG de Fene, xunto con Galiza Nova e a emerxente Conferencia Bezouqueira da LNB organizan este venres día 13 de agosto, o primeiro gran Aberto de Billarda no Concello de Fene.Desde o BNG e Galiza Nova animámosvos a que vos pasedes pola Rúa do Concello as 19.00 h. para disfrutar dunha xornada de ocio no noso Concello, nestas datas nas que non apetece traballar.Veciños, veciñas, rapaces e rapazas. Non importa a túa idade.Se che apetece participar nesta xornada, e facer un pouco de deporte, non o dudes e pásate pola Rúa do Concello e divírtete con nós!! Contacto dircto: 660.285643 / xmps@hotmail.com

E iste mesmo venres en Celeiro de Mariñaos ( Barreiros) celébrase unha nova edición da festa da tortilla , venres pola noite Os Tres Trebóns porán a tixola ó lume para o sábado ó mediodía realizar o explosivo concurso de tortillas, San Caetano sempre, alí ademáis estarán os membros da franquia LNB da Irmandade coordianando o tema e membros históricos da LNB compartindo nas casetas da festa, se te identificas coa palanador ou palanadoras tes o pase garantizado!!

-SÁBADO 14 DE AGOSTO>> FOUCIÑOS E PÁLÁNS NO PIÑO!!


E o sábado 14 todos aqueles que queiran participar no xa mítico 2º Aberto do Fouciño de Ouro ás 16:00 na carballeira de Vimieiro é a cita, ás 17:00 a malla e ás 19:00 comezarán os concertos nos que actuaran : CEOS DO SIL, ZURRUMALLA, A REQUINTA DE XIAN, TNT TANTO NOS TEN. Para os que queira vir pola maña haberá polbo, viño e empanadas e a LNB prantexa un pequeno xantar de irmandade ás 14 h no Restaurante o Cruceiro do Pino donde se perfilarán estratexias de acción . Contacto e reserva de pratos >> acdfurabolos@hotmail.com / 660.268654

-DOMINGO 15 DE AGOSTO>> ABERTO DE LORES (MEANHO)!!


Domingo 15, 17h, Lores (Meanho)
O viño inxerido no xerro do salnés fermenta en Lores e amiaza estourar invadindo todo o salnés de billardas.... e tanto que ameaza, que pode que haxa un no dia 22 na aldea veciña de Simes. Contacto directo e inscripción: xmeataxex@hotmail.com
Mais a LNB non pode mirar cara a outro lado cando un palanador ou palaadora está en apuros , dende Bueu e cun extremecedor documento emitido no telexornal da Galega puidemos ver a un Manuel Otero , palanador da Conf. Sur, desconcertado e confuso pola acción debastadora da ceiva dunha manada de bestas que el mesmo custodiaba apreixada para evitar os danos nas terras del e dos veciños , a LNB plantéxalle ó gran palanador de Bueu toda a súa desposición e axuda para realizar un gran marathon de billarda co que escorrentar pacificamente e sen danos ós cabalos que invaden e destrozan as leiras dos veciños da zona....