O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 03, 2010

O POLBAZO D´ADINA CONXELOU A RESPIRACIÓN DE TODA A SERPE MULTICOR DA LNB!!


Na éxtase absoluta continúa toda a LNB despois do histórico polbazo de Adina , os compañeiros da revista de Adina envíanos con pelos e sinais os intres máis intensos diste apoixano encontro que xuntou na pista da parroquia de Portonovo ás grandes e consolidadas estrelas diste desporto que racha moldes coas emerxentes figuras dunha disciplina a nosa que xungue festa , loita e suores conxelados coma o estado do polbiño Pauliño que así de teso chegou á gran orxía billardeira. Mergúllate de xeito inmediato no espectacular crónico da tribo da Conf. Centro que acudiron en masa quentando motores para o tan agardado e desexado II Aberto do Fouciño de Ouro que xa está a caer.....polbos e varados en valados liberados!!