O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 17, 2010

PALÁNS E SACHOS , O PODER IRMANDÍNHO INVADE TOTALMENTE O FLUXO SANGUINEO DA LNB!!

Sen lugaró acougo vimos dunha canfurnada e xa nos metemos noutra, atención porque informamos para que collades as galletas de catro ou tres dentes , os gadaños e os paláns e vos preparedes para botarvos á Ruta:

- Sábado 21 : Aberto da Billa Solidaria en Lavandeira . Contacto e inscripcións >> 636.280513 / xmps@hotmail.com

- Domingo 22 ás 18 h : novo asalto na trepidante área Salnés co Aberto de Simes no Pavillón de desportos dista poderosa parroquia do concello de Meaño. Contacto e inscripcións>> 649.325103 / xmeataxex@hotmail.com

Mais o gran reto que nos depara o destino é lograr estructurar e sacar adiante con tan pouco tempo de preparación o I Aberto Irmandinho no incomparábel marco do Festival de Moeche , un reto lanzado por Jairo , un dos coordinadores do festival , que xa non pode soportar máis a non presenza da indomáis billardas Irmandinhas da LNB para unirse ós sachos e gadañas no espectacular asalto ó Castelo. Alerta guerrillas porque para iste sábado 21 xa temos reservada aunha espectacular pista de terra batida fronte ó Castelo de Moeche polo que de nós depende que as billardas bruen canda as gorxas niste referencial festival galaico , coordinación de comandos LNB >> ovaral@hotmail.com / 619.570976

.....Saliron das Rias Baixas, de Lugo e Coruña; pasaron terras do Tambre, do Sil, do Ulla; beberon nas augas santas do rio Miño . Camiñan cara de Ponferrada, os irmandiños, os irmandiños. Galicia polo seu paso volve a ser ceibe dos montes brancos do Bierzo vaise xa a neve . Os irmandiños avanzan polos camiños tran para Galiza paz e xusticia, os irmandiños, os irmandiños. Cabalo lévame xunto ó Conde de Lemos. O sangue deste tirano que verter temos, “Dádeme un bolo de pan e un pouco de viño" Así falaban cando pasabanos irmandiños, os irmandiños......
Terra liverada ademáis é a que pisan os irmandinh@s da LNB xa que no espectacular fouciño de ouro celebrado o pasado sábado estreamos unha nova e superficie na que nunca un deporte colonial podería ter acougo , terra brava de Vimies e sobre ela as poderosas estornelas surfeando entre as pallas da malla , un sentimento de plenitude invadíu ós máis de medio cento de palanadores e palanadoras que loitaron polo fouciño de ouro e que terá o seu reflexo iste vindeiro sábado en Moeche se ó final logramos por en marcha un Aberto que vai ter un explosivo e inequívoco sinal de identidade xa que xente toda ..... iste sábado a Moeche a polo Sacho Irmandinho da LNB!!