O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 06, 2010

TURKÍA CAPITAL ANKARA...BILLARDA CAPITAL ANCARES!!


Urogalo_10 Ultima Hora: dende Cervantes pásannos a info e impactante cartaz que con tanta intensidade só pedemos ofrecer nunha resolución nano para non danar os teu ollos aínda cololizados>> Aquí tendes o mapa para chegar ao polideportivo: http://maps.google.pt/maps/ms?ie=UTF8&hl=pt-PT&msa=0&msid=112633509936144366725.000470802aef66d00cbde&ll=42.86829,-7.062836&spn=0.005292,0.013937&t=h&z=17
E a ruta para chegar por estrada: http://www.guiarepsol.com/MapasRutas/Ruta/mapa.aspx#X=-7.401857429712463&Y=42.94906347919528&z=10&0|Txt=|Lugo-LUGO|&0|X=-7.557185125489569&0|Y=43.01173365860965&0|Loc=Lugo&1|Txt=|Cervantes-LUGO|&1|X=-7.060075413563508&1|Y=42.86983930329017&1|Loc=Cervantes / Ainda que realmente é facil: Para chegar a San Román de Cervantes hai que coller a A6 e sair na saida 451 (Ancares), despois simplemente seguir os letreiros que poñan San Román ou Cervantes. Contacto directo LNB Ancares>> 659.628892

Simplemente desbordados, a intensidade é tal co anuncio da chegada ós Ancares da serpe multicor que incluso a sangue fría do anfibio billardeiro comeza a ferver, atención porque se o domingo en Cervantes os pulmón se nos encherán de ar ceive para afrontar novo en intensos retos, o sábado a cousa ferve polo país enteiro , dende os irmáns do Petouto de Moraña xa nos informan que a bule bule do seu Aberto xa fixo espertar a diaño billardeiro en varios equipos na localidade e dos redores porque ate Moraña achegaranse palanadores e palanadoras de Cuntis dispostos a empurrar o palán agora que é mais necesario ca nunca andar a paus , se anadas ou transitas pola zona non dubides en acudir á enganchada pincheira na Carballeira de Santa Xusta porque ademais do Aberto haberá abradoiro impartido por palanadores hitóricos da zona que analizarán a evoñución diste noso deporte dende principios de sáculo ate hoxe e fin de festa con merenda-cea coa que repor forzas. Máis Moraña non só se altera , dende Laracha o irmán Xosé Collazo co cal contactamos no Set-LNB na Alameda de Compostela o día da patria envíanos un paquete repreto de xoias con doucmentos escritos por el sobre o xeitos de xogar na súa zona xunto xcon demáis escritos sobre a história do noso deporte que algún día desclasificaremos. Mais non foi a única emisión brutal recibida , dende Castela un palanador no exilio e mestre nun colexio disas terras pide auxilio á LNB para perpetar unha acción que pode ter dimensións estratosféricas xa que a LNB xa conta con campo base akupada polo garañon do dab galego en Cuenca que o mundo coñece coma Montouto Sound Machine. E despois diste xiro voltamos á boca do volcán de donde saíu a laba que o invade todo xa que o sábado en Ribadeo distorsión e billarda voltarán a ir do pé e da man para perpertar diante da torre dos morenos o I Aberto do Musikeo , atención porque ademáis do festival haberá espectaculares actividades de rúa entre as que destacán o Aberto de Billarda a partires das 17 h e a interveción teatreira dos irmáns de Roiston Os Escarranchados....

Nota Importante: Confírmanmos dende a LNB Ancares que ademáis que despois da enganchada billardeira haberá ruta polas pallozas galaicas de San Román de Cervantes, nas que tamén se poderá ver o novo hórreo en construcción. Avante Urogalo!!



Contacto: evalaxe@gmail.com / 699.289351



Contacto: 619.570976

AXENDA ALTER-NATIVA DA REPÚBLICA BILLARDA:

-Iste venres 6 en Bretoña festa celta do Lugnasad con grupos Saltanocribo, Os Cempés e amigos, Pan de Capazo e Cuchufellos. E de acordo coa tradición deste festival, entre a música que irá animando a festa e o conxuro da queimada que serve de colofón, haberá tempo para o ritual das vodas celtas.

-Iste Venres tamén na Chousa de San Pedro de Bembibre [Taboada - Lugo], organizado pola Asociación Madialeva, celébrase a Festa da Mocidade 2010.A partir das 23:00hs. estarán no escenário:
A Tuna Rastafari.
Os Tres Trebóns.Antes haberá um pasarruas e umha foliada com Os d'eiquí e umha Cea por 12€ [camiseta + cea + Bebida].

- Sábado 7 á noitiña Ruxe-Ruxe nas festas da parroquia de San Xusto ( Barreiros ) , o histórico grupo de folk-rock galaico invade un campo da festa tradicionalmente okupado por orquestras de escaparate de repertorio totalmente colonial , un 10 para komiçom!!

-O Sábado 7 de Agosto e Domingo 8, en Pardiñas (Guitiriz), celébrase a XXXI ediçom dum dos mais antigos festivais da Galiza, o Festival de Pardiñas.O Sábado estarán:
GalegoZ
Canteca de Macao
Bellón Maceiras Quinteto
Äl JawalaE o Domingo:
Cé Orquestra Pantasma
Pelepau
Pablo Seoane
Xosé Manuel Budiño
Alalé
Güintervan

-Depois do Día da Involución [Venres 6], no día grande da Festa da Prehiostoria [Sábado 7] que se celebra em Mos, teremos actividades desde a manhá, com obradoiros, exposicións, títeres e gastronomía.À tarde comeza com um ataque na cova e os xogos prehistóricos e o levantamento dum menhir para rematar à noite com o ritual de invocazom ós espiritus da mámoa de Penacova com o concerto de:
Pesdelán
O Sonoro Maxín
Falperrys