O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 19, 2010

BILHARDAS PELO MUNDO>>DESCOBRE O EXPLOSIVO LONDON CALLING BILHARDEIRO DE IOLANDA OTERO!!


Impresionate, se aínda non te repuxeche do impacto da primeira reportaxe do concurso Bilhardas pelo mundo , donde Sak nos amosaba Malta a vista de cachiza agora Iolanda Otero , a palanadora da Conf. Sur , recolle o testigo do palanador dos Ancares con ista explosiva intervención billardeira na cidade de Londres >> Envíovos unhas fotos da bilharda feita por Tiago para o aberto de Ponte-areias, gañadora da cunca xibara nas suas merecidas ferias.


Buckingham Palace vista pola bilharda solidaria de Santi , un fito histórico de consecuencias impredecíbeis para o futuo da coroa inglesa e española e un feito que xa se palpa ca do un pasa por Picadilly Circus , Londres xa arrecende por todos os recunchos a bilhardas e fish and chips.....


Mais non só as bilhardas de Iolanda se detiveron amaizantes ante a estancia da raiña de Inglaterra senón que tamén lle deron unha patada na porta para colarse no British Museum e inmortalizar a obra de Santi da Asemblea Aberta xunto cos gravados exipcios que acompañan á mítica Pedra Rosetta. Non esquenzas pois as túas bilhardas cando lisques de férias ou teñas que fuxir por uns días do teu zulo para particiapar no concurso máis internacionan xamais posto en marcha por unha entidade desportiva galaica, continúa en marcha o explosivo BILHARDAS PELO MUNDO no que ti tes particiapr enviando como fixo Sak e Iolanda enviando os teus estalos fotográficos ensinandonos a cidade que visitas >> ovaral@hotmail.com. / Mais non vai a ser o único concurso en marcha atención porque moi pronto poderedes particiar no aterrador QUEN É QUEN , palanadores e palanadoras que nos envían as súas fotos de comunión , bautizo ....e que vós teredes que adiviñar de quen se trata, chapiñas da LNB e explosivos agasallos sorpresa agardan por vós!!