O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 09, 2010

UROGALO SOM SYSTEMA!!


Alex , o Palanador aborixe e dj residente no clube-Palloza de Cervantes recibíu á serpe multicor cunha mangueirada de auga e beats para refrescar unha tarde con tanta calor ou máis ca que sufriron os finalistas da espectacular final mundial de Saunas celebrada tamén ista find en Finlandia.

Dende a Mariña partía unha expedición cara á montaña dos Ancares, parada a xantar no fantástico e económico Restaurante Neireo do Cádavo...

Unha relación LNB e a do restaurante Neireo que pode consolidarse no tempo xa que a responsábel do local interesouse polos dereitos de imaxe da gran estrela Eric para ver de convertilo en imaxe mundial da súa espectacular Tarta xeada da Casa Neireo , un manxar que naide pode deixar de porbar se pasa polo concello de Baleira.


E se o transito dende Meira ate O Cádavo é case idílico respirando ar puro galaico , o inferno que o ministerio de fomento nos tiña preparado foi dos que deixan pegada, estradas derruidas e sen asfaltar mentras o Pepiño estaba apoiando as touradas na praza de pontevedra e alfombrándolle o camiño ós asasinos de luces , lanzaba area ós ollos ós palanadores e palanadoras para impedirlles a súa chegada ó Aberto do Urogalo..... Pepiño a LNB non son os controladores!!


Efectivamente, sen controladores aéreos nen terrestres xa que á serpe multicor da LNB naide lle marca as direccións a seguir , a temido reptil chegou ó pavillón de Cervantes donde se ía desputar a terceira edición do mítico Aberto do Urogalo.


Un Aberto a centos de metros de altitude presión á que se adoptou perfectamente e gran palanadora dos Outros que se convertíu na gran estrela da xornada.

Un protagonismo compartido con outro palanador aborixe de San Román , atención á espectacular entrevista concedida por iste xa gran referente da LNB na montaña luguesa que pode levar a Matías a formar parte do exclusivo clube presidido por Calvete.

Eliminatorias a unha única carreira que fixo que cara quenda fora unha loita a morte, Daniel e José Luis , tamén coñecido coma o pateiro nómade de Portonovo , foi un exemplo disa loita pola supervivencia na pista.

Final a tres e a tres carreiras que motivou que a expericia do gran Daniel fora un handicap insalvábel para Alex que quedou terceiro e para Lola que quedou segunda pero que indiscutibelmente foi a vencedora moral do Urogalo nunha final que de resolverse a unha carreira sería para a palanadora dos Outros.

Terceiro tempo en forma de espectacular Tour guiado por Isaac pola palloza-museo de Cervantes e pola história dunha terras míticas e complexas que gardan tantos segredos coma complexidades da poderosa identidade galaica .


Issac pae , un sherpa de luxo que nos fixo enfundar as zocas de neve para conducirnos polos marabillosos carreiros nevados dunha história e dun sentir que nengún decreto poderá arrebatarnos , con Isaac pae fomos por uns minutos ceives en plenitude coma ises tres días da autoproclamada república independente de Donis á que as súas verbas e o ar puro e sinceiro de Cervantes nos tranportou, beizóns!!


E coa mente a bulir a mil por hora pola intensidade dos intres compartidos por toda a tribo , coma se foramos lobos famentos de palabras aceitamos moito máis ca gostosos a invitación da LNB Cervantes para compartir o magnífico menú de alimentos e pensamentos....a nave de buxo dibuxa o mañán!!