O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, agosto 21, 2010

A GUERRA MEDIÁTICA ENTRE A SER E A COPE TRANSLÁDADE A TELE-VARAL E INTERECONOMÍA!!



Co lume amiazando a selva Boliviana moi preto de donde Xan Rodiño está artellando as bases da colaboración entre os Aymara a a LNB outro lume arde pero nas vosas pantallas cando premades ó play diste espectacular video-estalo producido na xungla galaica do Salnés. Como sabedes a loita nas canles de radio e televión xeralistas está a trocar periodistas dunha a outra cadea mais nunca podiamos imaxinar que isa amiaza se cinxira sobre as nosas estrelas mediáticas xa que Rubén Otero , o reporteiro de guerra de Tele-Varal que conduce ista magnífica entrevista no pó de Belbís despois do Aberto Zoqueiro da patria, ten riba da mesa un cheque en branco para unirse a Intereconomía Televisión, isa caverna mediática sobre a que Rubén esgarra niste estalo está movendo os fíos para traer ó rego a iste grande armadanzas da Conf. Sur , poderá Rubén Otero resistirse ós viños gratis cos que agasallan no Gato al Agua , ás cervexas frescas e de balde riba do mostrador de Dando Caña, ós chupitos despois do Café con Hielo ou ós Cubalibres de Más se perdió en Cuba??? A resposta moi pronto nas pantallas de Tele-Varal ou de Intereconomía!!