O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 05, 2005

O CÓNCLAVE DA LNB

Dende o varal dixital queremos deixar claro que a praza de San Pedro de Roma nada ten que ver coa pista de cemento de San Pedro de Benquerencia , lugar iste no que se vai desenrolar o “II Torneo do Palán de Ouro”, saimos así ó paso ós milleiros de chamadas telefónicas e correos recibidos na nosa pequena centraliña que nos pedían aclaracións sobre o tema.
Como sabedes a LNB é aconfesional, polo que calquer palanador ou palanadora sexa da relixón ou da crenza que sexa ten as portas abertas para participar nos nosos campionatos de billarda.Tanto musulmáns coma católicos , ateos ou agnósticos , protestantes , seguidores da teolóxía da liberación ou budistas , todas as relixóns monotistas ou de varios Deuses teñen sitio na gran templo da LNB . Igual ca en Roma en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 24 de abril os palanadores e palanadoras da LNB imos celebrar un cónclave para dilucidar quen vai ser o o gañador do II Palán de Ouro. Peregrina ata San Pedro de Benquerencia, ti podes ser o elexido!!