O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 07, 2005

EQUILIBRIOS NA CORDA FROUXA

Ismael "O Zidane da billarda" aprenséntase como o home a batir no "II Torneo do Palán de Ouro" xa que el é quen sustenta o trofeo da primeira edición. Fai agora un ano, San Xurxo catapultou a iste palanador de Celeiro de Mariñaos como a máxima estrela do deporte da billarda, despois dunha andaina un tanto irregular , San Pedro de Benquerencia pode ser de novo a súa consagración. Sabedor de que todas as olladas van ir dirixidas a el, Ismael coméntanos en exclusiva como se prepara para ista cita clave para o seu futuro coma palanador .

5 Comments:

  • At 9:11 AM, Blogger FEDERICO said…

    Verémonos en San Pedro de Benquerencia. Agardo contar coa presenza dos Petapouco de Barreiros, os Caimaneros de Ribadeo, os Fungueiros de Lourenzá e moitos máis palanadores dos non adscriptos. Máis a sorpresa no Torneo pode chegar si se confirma a participación de Mollados polo Miño, equipa que lidera Josinho de Meira.

     
  • At 10:07 AM, Blogger VIDAL said…

    Desearía participar en este Torneo. ¿Es preciso que lo confirme antes del día señalado?. ¿Necesito llevar algún material para poder jugar? ¿Cómo puedo hacer para organizar un equipo astur-gallego que compita en la Liga de la Billarda?.

     
  • At 1:14 PM, Blogger outro deporte é posíbel!! said…

    contacto co varal: ovaral@hotmail.com ou nos teléfonos 699.730313 / 619.570976.
    se podes confirmar a túa presencia e a do teu equipo antes do torneo moito mellor así xa contaríamos con vos no partido á hora de preparar os grupos clasificatorios.esperamos contactar contigo xa que está moi próxima a celebración do primeiro partido internacional de billarda entre Galicia e Asturias, para a semana temos pensado un especial sobre os palanadores da seleccion Astur, Atentos á xogada `porque outro deporte é posíbel!!.Animamos ós Mollados polo Miño de Meira que se acheguen a San Pedro e demostren os seus xeitos de galacticos das marxes!! Vémonos na gran procesión de palanadores de Benquerencia!!

     
  • At 7:43 PM, Blogger JOSINHO said…

    ENCANTARIAME PARTICIPAR NISTE TORNEO PERO EU E MAIS "MOLLADOS POLO MIÑO" TEMOS UNHA LIGA DE BOLOS TODO O MES DE ABRIL E MAILO DE MAIO EN BAIONA E ESE DOMINGO É DOMINGO DE LIGA PARA NOS, ASIQUE INTENTAREMOS ASISTIR O SEGUINTE SE PODES INFORMACIÓN DEL

    GRACIAS POLO INTERESE DO VARAL E DO SEU COLABORADOR FEDERICO

     
  • At 1:08 PM, Blogger Turzi said…

    A data ficou marcada. Tentaremos facer o esforzo de participar o día 24 no Torneo do Palán de Ouro.
    Sabiades que para o día 28 de maio as Forzas Armadas Españolas organizaron un desfile militar na Coruña. Como moitas persoas deste país somos pacíficas e estamos totalmente en contra da violencia e dos exércitos, convidámosvos a participar o vindeiro día 23 de abril, día de Sant Jordi e véspera do torneo, nun desfile pacífico e antimilitarista polas rúas da Coruña para amosar o noso rexeitamento.
    Saúde e até o 23!

     

Postar um comentário

<< Home