O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 11, 2014

ISTE SÁBADO BRETOÑA E O TORREIRO...UN PEQUENO PASO PARA O PALANADOR@ MAIS UN GRAN CHIMPO PARA A CIVILIZACION BILLARDEIRA!!


















Espectacular interconexion entre a conf. mae e a Sur que iste sábado de xeito natural retornan ó seu punto de partida , Bretoña e o Torreiro no Porriño foron ise chan luar donde os palanadores dun e outro hemisferio deron ise pequeno paso para o home pero un gran chimpo para a humanidade .E serán as Freces , ise brutal e indíxena manxar doce que polo que os palanadores e planadoras da norlete lotarán no pavillón da parrokia Pastoricense loitarán no pavillón municipal e iste vez segundo por primeira  vez na história as freces pola teima indomábel dos Ex-Tension Billarda chegarán á pista de xogo para ledicia dos campións e de tod@s os participantes que por fin poderán degustar iste indíxena manxar . E por se non fora pouco inmersión na deconstruccions local a LNB para mergullarse aínda máis no ADN de Bretoña chega disposta a berrar máis Cepos NOM nas pernas das bestas nen nos paláns dos palanadores e palanadoras da LNB..

















Imperdíbel igualmente o Aberto que simultanemente a Bretoña se desenrolará no Torreiro do Porriño sobre todo se antes te sumerxes nas augassantas do web-blog oficial da conf. sur donde se recorda ise intre histórico da prehistória billardeira no que uns palanadores e palanadoras no 2008 refregaron uns paláns contra unhas pinchas para que surxira ise lume salvaxe que dende aquela alumea a toda a civilizacion billardeira...Iste sábado organiza o teu comando porque en Bretoña e no Torreiro tes unha cita coa história .Pincha Sempre , Adiante co Varal!!